Enma González Bermello
Enma Rosa González Bermello, nada en Ourense o 21 de setembro de 1931 e finada en Vigo o 14 de xaneiro de 2014,[1] foi unha política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Emma González Bermello 21 de setembro de 1931 Ourense, España |
Morte | 14 de xaneiro de 2014 (82 anos) Vigo, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
1981 – 1989 | |
Alcaldesa de Vigo | |
1978 – 1979 ← Joaquín García Picher – Manoel Soto Ferreiro → | |
Alcaldesa de Vigo | |
15 de xaneiro de 1976 – 26 de xaneiro de 1976 ← Joaquín García Picher – Joaquín García Picher → | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarPertencente a unha familia de pequenos empresarios e comerciantes do sector dos electrodomésticos, Enma González Bermello trasladouse a vivir a Vigo aos 3 anos. Nos últimos anos do franquismo escollérona concelleira nesa cidade polo terzo familiar, onde se ocupou de parques e xardíns. En xaneiro de 1976, e como consecuencia do cambio de réxime, prodúcese unha renovación das alcaldías: os alcaldes designados polo gobernador civil dimitían e uns días despois volvían ser elixidos polo conxunto da corporación. Nesa situación, Enma González Bermello foi a primeira alcaldesa dunha cidade de Galicia, en substitución de Joaquín García Picher, aínda que fose unicamente durante dúas semanas, do 15 ao 25 de xaneiro de 1976[2].
En 1978, trala dimisión de Joaquín García Picher, e antes das primeiras eleccións municipais democráticas, foi elixida alcaldesa entre os demais concelleiros. Volveu de novo a ocupar o asento de alcaldesa, poucos meses antes do que o fixese Berta Tapia na Coruña. Durante ese tempo a crispación política no concello de Vigo fora moi importante: sete concelleiros (un terzo da corporación), e viviuse unha folga de funcionarios municipais[2]. González Bermello mantívose no cargo até as eleccións de 1979.
Nas primeiras eleccións galegas, Enma González concorreu na lista da UCD pola provincia de Pontevedra, e saíu elixida deputada. Foi unha das tres primeiras parlamentarias galegas canda Carmen Lovelle e Flora Veiga, e xurou o seu cargo vestida de traxe tradicional[3]. Na segunda lexislatura foi reelixida, neste caso nas listas de Alianza Popular, mais en 1987 múdase a Coalición Galega. En 1989 abandonaría a vida política.
Predecesor: Joaquín García Picher |
alcaldesa de Vigo xaneiro de 1976 |
Sucesor: Joaquín García Picher |
Predecesor: Joaquín García Picher |
alcaldesa de Vigo 1978-1979 |
Sucesor: Manoel Soto Ferreiro |
Vida persoal
editarApartada da vida política, padeceu de alzheimer, morreu en 2014 aos 82 anos.[3]
Notas
editar- ↑ Franco, F (15/1/2014). "Fallece Emma González Bermello, primera alcaldesa de Vigo y Galicia". Faro de Vigo (en castelán)..
- ↑ 2,0 2,1 "Emma González, primera alcaldesa nombrada en Galicia tras morir Franco". La Voz de Galicia (en castelán). 12/01/2021. Consultado o 12/01/2021.
- ↑ 3,0 3,1 Vázquez Lorenzo, Alexandre (18/7/2011). "La autonomía, en femenino". El País.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Porteiro, Mª Xosé; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro Parlamento Galego. Vigo: Xerais. pp. 179–183. ISBN 84-7507-044-2.