Antonio Ramilo

empresario e político
(Redirixido desde "Antonio Ramilo Fernández-Areal")

Antonio Bernardino Ramilo Fernández-Areal, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 24 de maio de 1928 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2006, foi un empresario e político, alcalde de Vigo.

Antonio Ramilo
Nacemento24 de maio de 1928
 Buenos Aires
Falecemento25 de xaneiro de 2006
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballou en Madrid e estudou leis, especializándose en Dereito Marítimo, nas universidades Complutense e de Deusto. En 1955 instalouse en Vigo. Ocupou o posto de conselleiro delegado na empresa familiar, Ramilo S.A., adicada á extracción de granito.

En 1970 foi nomeado alcalde, cargo que compatibilizou co de Procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra e co de presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Durante a súa alcaldía aprobouse o primeiro PXOU de Vigo, e promoveu a urbanización dos barrios da Travesía de Vigo e de Coia. Amais, celebrouse a primeira edición da World Fishing Exhibition e iniciouse o proxecto do Zoo da Madroa promovido por Rafael Portanet.[1]

En setembro de 1974 foi substituído na alcaldía por Joaquín García Picher, e volveu ó asociacionismo empresarial, sendo presidente do Consello Provincial de Empresarios ata 1976. Ese ano participou na fundación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e no 77 da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Membro da Confederación de Empresarios de Galicia dende 1981 presidiuna dende 1991, deixando o cargo no 2000 tras descubrirse irregularidades contables na entidade.

Foi dirixente de Acción Democrática Española. De 1986 a 1989 foi senador por Alianza Popular.

Vida persoalEditar

Estaba casado e tivo sete fillos, entre eles o empresario e político Antonio Ramilo Rodríguez de Robles[2].


Predecesor:
Rafael Portanet
  
Alcalde de Vigo
 
1970-1974
Sucesor:
Joaquín García Picher
Predecesor:
José Pablo Rodríguez-Martiñán
 
Presidente da CEG
 
1991 - 2000
Sucesor:
Antonio Fontenla

NotasEditar

  1. Vigozoo na páxina do concello.
  2. "Antonio Ramilo Rodríguez encabeza la lista de Vox por Pontevedra para el 5-A". Diario de Pontevedra. 27 de febreiro de 2020. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar