Universidade de Deusto
Coordenadas: 43°16′15″N 2°56′15″O / 43.27083, -2.93750
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2013.) |
A Universidade de Deusto (en éuscaro: Deustuko Unibertsitatea), é unha Universidade da Igrexa católica situada no barrio de Deusto da cidade de Bilbao (País Vasco). Tamén ten un campus de menor tamaño en Donostia.
Universidad de Deusto Deustuko Unibertsitatea Universidad de Deusto | |
---|---|
![]() Universidade de Deusto | |
Datos xerais | |
Localización | ![]() |
Datos actuais | |
Reitor | José María Guibert Ucín, SJ |
Alumnos | 10.000 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avenida de las Universidades, 24 |
Páxina web | http://www.deusto.es/ |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
Fundada en 1886 pola Compañía de Xesús (coloquialmente coñecida como Xesuítas), contribuíu, no ámbito educativo, ao desenvolvemento industrial da rexión do Gran Bilbao, sendo desde as súas orixes unha universidade con prestixio en toda España.
Actualmente o seu reitor é José María Guibert Ucín, SJ [1]
Edificios representativosEditar
O Campus de Bilbao componse de varios edificios, entre eles:
- O edificio de A Literaria, o máis antigo, onde se imparten os estudos de Dereito, con título propio de Especialidade Económica.
- O edificio da Universidade Comercial (A Comercial), fundada pola Fundación Vizcáina Aguirre, que alberga os estudos de Administración e Dirección de empresas.
- O edificio do Centenario ou FICE (anexo á Literaria), onde se imparten estudos de Ciencias da Educación, como a carreira de Educación Social, con grandes profesores como o Dr. Luís Pantoja Vargas (director do Instituto de Drogodependencias de Deusto).
- e para rematar, O edificio de ESIDE (Estudos Superiores de Enxeñería de Deusto), dedicado a alumnos de estudos de Novas Tecnoloxías, como Enxeñería en Informática, Telecomunicacións, Automática e Electrónica, e Organización Industrial.
Grupos de investigaciónEditar
Entre os grupos de investigación desta universidade destacan:
- Instituto de Estudos Vascos.
- Dereitos Humanos.
- Estudos de Lecer.
- Drogodependencias.
- DELi.
- Seminario Afonso Irigoien.
- Fonetiker.
- Laboratorio de Psicoloxía da Aprendizaxe, entre outros.
Na páxina web da fundación pódese acceder ao Catálogo de Oferta Científica da Universidade, onde se atopan todos os equipos de investigación actualizados.
Profesorado e alumnosEditar
Nela impartiron clases Javier Elzo, Andrés Ortíz-Osés, Alberto Dou Mas de Xaxàs, José María Lidón, Xabier Arzalluz e Carlos Sobera.
Entre os alumnos que pasaron por esta universidade nas súas máis de 100 anos de historia atópanse coñecidos personaxes da vida española e vasca como Ana Blanco, Gerardo Diego, Manuel de Irujo, Agustín Rodríguez Sahagún, Sabino Fernández Campo, José Félix de Lequerica, Joaquín Almunia, Antonio Garrigues Walker, Carlos Garaikoetxea, José Antonio Ardanza, Fernando Buesa, José María Oriol y Urquijo, Joseba Sarrionandia, Federico Paternina, Emilio Botín, Emilio Ybarra Churruca, José Ángel Sánchez Asiain, Espido Freire, Álex de la Iglesia, Mario Conde, Pedro Luis Uriarte, Iratxe Ibarra, Lorea Bilbao, Igone Etxebarria, José Ortega y Gasset, Asier Aranbarri, José Eiguiguren, Pedro Morenés, José Manuel García-Margallo e outros.
NotasEditar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 03 de maio de 2013.