Ana Blanco

Presentadora e pedagoga española

Ana Blanco López, nada en Bilbao en 1961, é unha pedagoga e xornalista vasca, coñecida por presentar os informativos de TVE desde comezos da década de 1990.

Ana Blanco
Ana Blanco (2011).jpg
Nome completoAna Isabel Blanco López
Nacemento5 de novembro de 1961
Lugar de nacementoBilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto
Ocupaciónpresentadora de televisión
PremiosPremio Ondas, Lan Onari, Antena de Oro e Premios Micrófono de Oro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Pedagoxía na Universidade de Deusto, e comezou a súa relación cos medios de comunicación en 1980 mediante colaboracións no programa de radio Los 40 Principales da Cadena SER en Bilbao, que compaxinaba cos estudos.

Entre 1989 e 1990 compaxinou o seu traballo en Radio 16 coa presentación do programa cultural de Telemadrid chamado Zip-Zap. La guía, xunto a Agustín Bravo. En 1990 incorporouse a TVE.

Na tempada 1991/1992 pasou a presentar en La 2, Noticias de La 2, na súa edición de tarde.

Desde o 21 de setembro de 1992 ó 24 de setembro de 1993 presentou o Telediario 2 con Matías Prats. A edición estivo dirixida por Miguel Adrover. Desde o 27 de setembro de 1993 ó 31 de agosto de 1996, presentou Telediario 1, con Matías Prats.

Desde o 8 de setembro de 1996 ó 28 de abril de 1998, volveu presentar Telediario Fin de Semana con Pedro Sánchez Quintana, estando acompañados desde o 5 de setembro de 1997 por Sergio Sauca nos deportes.

Desde o 29 de abril de 1998 ó 31 de xullo de 1998 presentou o Telediario 2 con María Escario nos deportes, relevando a Ernesto Sáenz de Buruaga.

Desde o 31 de agosto de 1998 ó 30 de xullo de 2013, presentou o Telediario 1, relevando a Matías Prats e Almudena Ariza.

Desde o 2 de setembro de 2013 ó 31 de agosto de 2018 presentou o Telediario 2, primeiro con Marcos López até o 1 de xullo de 2014 e en solitario, desde o 8 de setembro de 2014 ó 31 de agosto de 2018; con Jesús Álvarez, nos deportes e Mónica López no tempo. Na edición: María Eizaguirre.[1]

Desde o 3 de setembro de 2018, volve presentar Telediario 1, 5 anos despois, relevando a Pilar García Muñiz.

En todólos seus anos nos servizos informativos de TVE pasou por practicamente tódalas edicións dos Telediarios, ademais de moitos especiais informativos, como os dous dedicados ó primeiro aniversario da morte de Lady Di; o do nacemento do primeiro fillo da Infanta Elena ou a inauguración da Expo de Lisboa 98.

O 13 de xuño de 2016, moderou, xunto a Pedro Piqueras e Vicente Vallés, o debate electoral a 4 da Academia de Televisión -o único da campaña- entre Mariano Rajoy, Albert Rivera, Pedro Sánchez e Pablo Iglesias.[2]

PremiosEditar

  • Premio Antena de Oro, en 1999.
  • Insignia de Caballero de la Orden Nacional del Mérito, en 2005, pola Embaixada de Francia en España.
  • Micrófono de Oro do ano 2005 que concede a Federación de Asociacións de Radio e Televisión.
  • Premio ATV (Academia de Televisión de España) á Mellor comunicadora de informativos en 2000, 2004, 2005, 2010 e 2012,[3] galardón para o que tamén foi nomeada en 1998, 1999, 2002, 2003, 2006, 2007 e 2008.
  • Premio ATV Mellor Comunicadora 10 de informativos, na edición de 2007 a ATV concede os premios ós mellores profesionais da televisión dos últimos 10 anos, e na categoría de mellor comunicador/a de informativos dos últimos 10 anos a premiada foi Ana Blanco.
  • Premio da Asociación Profesional Española de Informadores de Prensa, Radio y Televisión.
  • Premio TP de Oro 2007 e 2008 á mellor presentadora de informativos.
  • Premio Manuel Alonso Vicedo do 2008 polo seu estilo imparcial e sobrio.
  • Premio Nacional de Periodismo Pedro Antonio de Alarcón 2011 concedido polo concello de Guadix e a Asociación da Prensa de Granada.
  • Distinción Lan Onari outorgada o 25 de outubro de 2011 polo Goberno vasco en recoñecemento á súa traxectoria profesional.
  • Premio Ondas Nacional de Televisión á Mellor presentadora entregado o 24 de novembro de 2015.[4]
  • Premio á Traxectoria Jesús Hermida 2018, concedido pola Academia das Ciencias e as Artes de Televisión.[5]

NotasEditar

  1. "Elecciones sin Ana Blanco". El Periódico. 15 de maio de 2015. Consultado o 27 de maio de 2016. 
  2. "Ana Blanco, moderadora del Debate a 4 de la Academia de la Televisión". La Vanguardia. Consultado o 13 de xuño de 2016. 
  3. FormulaTV, ed. (25 de abril de 2013). "Premios Iris 2013 de la Academia TV en directo" (en castelán). 
  4. Blanca Cía y Natalia Marcos (28 de outubro de 2015). El País, ed. "Los Premios Ondas con más pretendientes de la historia". Consultado o 29 de outubro de 2015. 
  5. ELMUNDO (ed.). "Ana Blanco, Premio a la Trayectoria Jesús Hermida de la Academia de Televisión" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar