Radio y Televisión de Andalucía
A Radio y Televisión de Andalucía (RTVA) é un ente público de comunicacións de carácter autonómico de Andalucía. Materializado en 1988 coa posta en marcha de Canal Sur Radio. Un ano despois, o 28 de febreiro de 1989, facéndose coincidir co día de Andalucía, comezan as emisións de Canal Sur e posteriormente Canal 2 Andalucía (actualmente chamado Canal Sur 2). Ademais de Canal Sur Radio posúe outras emisoras radiofónicas como Radio Andalucía Información cunha programación de noticias ininterrompida e Canal Fiesta Radio, orientado cara á mocidade. Conta ademais cun sistema de Teletexto difundido nas súas tres canles de televisión desde febreiro de 1997.
En 1998 crea a Fundación Audiovisual de Andalucía co fin de promover a industria audiovisual da autonomía. É membro da FORTA.
Medios de RTVA
editar- Televisión.
- Canal Sur Televisión (febreiro 1989, 24 horas).
- Canal Sur 2 (xuño 1998).
- Andalucía Televisión (febreiro de 1996, transmisións a Europa e por televisión por cable en España).
- Canal Sur HD, 26 de febreiro de 2010, emisións en probas.
- Canal Sur 24h. inicio emisións en probas: 1 de novembro de 2010.
- Radio.
- Canal Sur Radio (1988).
- Radio Andalucía Información (setembro 1988).
- Canal Fiesta Radio.
- Canal Flamenco Radio (29 de setembro de 2008).