26 de febreiro
data
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 26 de febreiro é o 57º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 308 días para finalizar o ano, 309 nos anos bisestos.
Acontecementos
editar- 747 a.C. - Comezo do reinado de Nabonassar, rei de Babilonia baixo a tutela asiria.
- 364 - Valentiniano I proclamado emperador romano.
- 1143 - Afonso o Magnánimo conquista o Reino de Nápoles.
- 1266 - Batalla de Benevento entre Carlos de Anjou e Manfredo de Hohenstaufen.
- 1498 - Fundación da Universidade Complutense en Alcalá de Henares polo Cardeal Cisneros.
- 1658 - Sinatura do Tratado de Roskilde entre Dinamarca-Noruega e Suecia.
- 1797 - O Banco de Inglaterra emite o primeiro billete dunha libra.
- 1815 - Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba e reorganiza o seu exército; iniciase o chamado Período dos Cen Días, ata a súa derrota definitiva na batalla de Waterloo.
- 1844 - Independencia da República Dominicana de Haití.
- 1848 - Proclamación da Segunda república francesa.
- 1848 - Aparición do Manifesto comunista de Karl Marx.
- 1869 - Abolida a escravitude nas colonias portuguesas.
- 1870 - Inauguración do primeiro metro pneumático en Nova York.
- 1871 - Fírmanse os primeiros tratados de paz entre Francia e o novo Imperio Alemán, tras a guerra franco-prusiana.
- 1885 - Finaliza a Conferencia de Berlín na que as potencias occidentais reparten África.
- 1901 - España en estado de guerra en varias provincias a causa das revoltas populares.
- 1901 - Dimite o Goberno de Marcelo Azcárraga, tras sanguentos choques entre forzas armadas e o pobo madrileño con motivo do enterro do poeta Ramón de Campoamor.
- 1904 - O Congreso español aproba o proxecto de lei sobre servizo militar obrigatorio.
- 1908 - Inauguración en Barcelona do Palau da Música Catalá.
- 1909 - As Cortes aproban un proxecto de lei para a creación dun Teatro Nacional coa subvención do Estado.
- 1909 - Austria-Hungría e Turquía chegan a un acordo sobre Bosnia e Hercegovina.
- 1932 - Entrada en vigor da lei do divorcio en España.
- 1935 - O físico Robert Watson-Watt fai a primeira demostración pública do radar.
- 1936 - Golpe de Estado no Xapón, son asasinados o xefe do Goberno e varios ministros.
- 1936 - O chanceler Hitler inaugura a fábrica de Volkswagen, dedicada a producir coches de consumo popular.
- 1940 - segunda guerra mundial: O destrutor británico "Cossak" aborda o buque tanque alemán "Altmark" e ceiba os 300 prisioneiros ingleses que transportaba.
- 1945 - Forzas soviéticas atacan por Pomerania e chegan ao mar Báltico.
- 1946 - Juan Domingo Perón é elixido presidente da Arxentina.
- 1948 - Constitúese en España o Consello do Reino, estabelecido pola lei de Sucesión á Xefatura do Estado.
- 1952 - O primeiro ministro Winston Churchill anuncia a obtención da primeira bomba atómica do Reino Unido.
- 1955 - Accidente de tráfico en Cans, no que morren 31 dos 44 pasaxeiros dun autobús que ía do Porriño a Ponteareas.
- 1961 - O príncipe herdeiro Muley Hassan é nomeado rei de Marrocos ao finar seu pai, Mohamed V, toma o nome de Hassan II.
- 1961 O Rei de Marrocos, Hassan II fai votar por referendo unha Constitución de amplas prerrogativas reais.
- 1963 - Servizos especiais franceses raptan en Múnic o ex coronel Argoud, dirixente da OAS.
- 1976 - Retirada española do Sáhara.
- 1978 - Eleccións lexislativas libres no Senegal, sobe ao poder o presidente Leopoldo Sedar Senghor.
- 1981 - Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo toma posesión coma presidente do Goberno español, o seu mandato durou vinte meses.
- 1984 - Eleccións autonómicas no País Vasco. Triunfo do PNV (41,69 % dos votos) fronte aos socialistas (23,22 % de votos).
- 1985 - Acordo sobre a redución dos excedentes de viño e sobre as cotas do leite.
- 1986 - Corazón Aquino convértese na presidenta de Filipinas despois de que Ferdinand Marcos fose exiliado.
- 1987 - José Antonio Ardanza, reelixido lehendakari do Goberno vasco por maioría absoluta na primeira votación do Parlamento.
- 1988 - Liberación do americano Rubin Carter, prendido por asasinato durante 22 anos sendo inocente.
- 1989 - O británico Colin Jackson, récord mundial dos 60 metros valos, cun crono de 7" 41, en Sindelfingen (RFA).
- 1990 - Os sandinistas son derrotados nas eleccións en Nicaragua.
- 1990 - Violeta Chamorro é elixida presidenta de Nicaragua nas primeiras eleccións libres.
- 1991 - Tim Berners-Lee presenta a World Wide Web.
- 1991 - O ditador iraqí Saddam Hussein anuncia a retirada das tropas de Kuwait.
- 1991 - Forzas estadounidenses e kuwaitís entran en Kuwait City, abandonada polas invasoras tropas iraquís.
- 1991 - O Partido Nacionalista de Bangladesh gaña as primeiras eleccións libres tras 14 anos de goberno militar.
- 1993 - Primeiro atentado contra o World Trade Center de Nova York, con cinco vítimas mortais.
- 1995 - O G-7 acorda en Bruxelas os principios comúns da "sociedade da información" na escala mundial.
- 1998 - O Tribunal Supremo español condena a Mario Conde a 4 anos e 6 meses de prisión por un delito de apropiación indebida.
- 1998 - A Audiencia Nacional de España condena o ex director da Garda Civil, Luis Roldán, a 28 anos de cárcere por malversación de diñeiro público, estafa, suborno de funcionario e cinco delitos contra a Facenda Pública, e outros 29 de inhabilitación, multa de 1.600 millóns e indemnización ao Estado de 578 millóns por malversación de fondos públicos.
- 2001 - Destrución dos budas xigantes de Bamiyan en Afganistán.
- 2002 - ACNUR e a ONG "Save the Children" delatan que uns sesenta cooperantes abusaron sexualmente de menores mentres desenvolvían presuntos labores humanitarios en Liberia, Guinea e Serra Leoa.
- 2002 - Firma do Tratado de Niza polos 15 países membros da Unión Europea.
Nacementos
editar- 1361 - Venceslau, emperador romano-xermánico, rei de Bohemia (m. 1419).
- 1416 - Cristovo III, rei de Dinamarca, Suecia e Noruega.
- 1530 - David Chytraeus, teólogo luterano alemán.
- 1564 - Christopher Marlowe, dramaturgo inglés.
- 1587 - Stefano Landi, compositor italiano.
- 1802 - Victor Hugo, escritor francés (m. 1885).
- 1829 - Levi Strauss, inventor dos pantalóns vaqueiros (m. 1902).
- 1846 - William Frederick Cody (Buffalo Bill), aventureiro americano (m. 1917).
- 1861 - Fernando I de Bulgaria (m. 1948).
- 1868 - Venceslau Braz, presidente brasileiro (m. 1966).
- 1885 - José de la Riva-Agüero y Osma, escritor e político, expresidente do Perú (mandato do 1923-1927) (m. 1944).
- 1893 - Guillermo Fernández Shaw, libretista madrileño de zarzuelas.
- 1898 - Roberto González Pastoriza, avogado e político galego.
- 1900 - Jean Negulesco, director cinematográfico estadounidense de orixe romanesa.
- 1903 - Agustín de Foxá, escritor.
- 1908 - Tex Avery, realizador de películas de animación.
- 1909 - Talal de Xordania (m. 1972).
- 1910 - Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira antifranquista galega.
- 1912 - Alexander Vasilievich Bazov, político ruso (m. 1988).
- 1915 - Juan García Durán, coñecido co pseudónimo de Luís Costa García, guerrilleiro antifranquista e militante anarquista (m. 1986).
- 1916 - Jackie Gleason, actor estadounidense e director de orquestra (m. 1987).
- 1918 - Theodore Sturgeon, escritor norteamericano (m. 1985).
- 1921 - Eulalio Ferrer, escritor e publicista mexicano nado en España.
- 1927 - Manuel Conde Pumpido, maxistrado español.
- 1928 - Ariel Sharon, primeiro ministro israelí.
- 1928 - Fats Domino, cantor e músico estadounidense
- 1932 - Johnny Cash, cantante norteamericano.
- 1937 - Eduardo Arroyo, pintor e escultor español.
- 1942 - Tina Sainz, actriz española.
- 1943 - Enrique Marfany, político galego.
- 1950 - Helen Clark, primeira ministra de Nova Zelandia.
- 1955 - Francisco Candeira, historiador e político galego.
- 1954 - Michael Bolton, cantante.
- 1985 - Mariana Expósito, actriz galega.
- 1986 - Leila Lopes, modelo angolana.
Mortes
editar- 277 - Manes, reformador relixioso.
- 1154 - Roxerio II, primeiro rei de Sicilia.
- 1266 - Manfredo de Sicilia.
- 1525 - Cuauhtémoc, emperador azteca.
- 1556 - Frederico II do Palatinado, duque alemán.
- 1561 - Jorge de Montemayor, autor de "Diana", primeira novela pastoril escrita en castelán.
- 1770 - Giuseppe Tartini, compositor, violinista e pedagogo italiano.
- 1866 - Manuela Rey, actriz de teatro galego-portuguesa.
- 1878 - Juan María Gutiérrez, escritor e político arxentino.
- 1883 - Alexandros Kumunduros, político grego, varias veces primeiro ministro.
- 1889 - Santa Paula Montal, fundadora.
- 1928 - Juan Vázquez de Mella, político e escritor español
- 1930 - Rafael Merry do Val, cardeal español.
- 1931 - Otto Wallach, químico alemán galardoado co Premio Nobel.
- 1946 - José Sanjurjo Rodríguez, sindicalista e anarquista galego (n. 1866).
- 1949 - Juan Tellería, compositor vasco (n. 1895).
- 1961 - Mohammed V, rei de Marrocos (n. 1909).
- 1966 - Gino Severini, pintor italiano.
- 1969 - Karl Jaspers, filósofo e psiquiatra alemán.
- 1971 - Fernandel, cómico, cantante cómico francés (n. 1903).
- 1982 - Paco Martínez Soria, actor cómico español.
- 1985 - Manuel Bergueiro, mestre e escritor galego.
- 1991 - Xesús Campos Álvarez, humorista gráfico e xornalista galego (n. 1951).
- 1994 - Juan Beneyto Pérez, profesor de Ciencias da Comunicación.
- 1998 - Theodore Schultz, economista estadounidense (n. 1902).
- 1999 - Cristóbal Zaragoza, escritor español.
- 2000 - Xoana de Savoia ("a Raíña Xoana"), nai do rei Simeón II de Bulgaria.
- 2001 - Arturo Uslar Pietri, escritor e político venezolano.
- 2004 - Boris Trajkovski, presidente de Macedonia nun accidente de avión (n. 1956).
- 2005 - Jef Raskin, creador do ordenador Apple Macintosh (n. 1943).
- 2010 - Rafaela Hervada Carnerero, avogada e directora de radio galega (n.1917).
- 2013 - Stéphane Hessel, diplomático e embaixador alemán nacionalizado francés (n. 1917).
- 2014 - Paco de Lucía, guitarrista flamenco andaluz (n. 1947).
- 2016 - David Mackenzie, galicianista e medievalista inglés (m. 1943).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Néstor (s. III); Alexandre, Porfirio, André, Flavino, Faustino, Auspicio e Denís (Bispos); Fiz, Fortunato, Diodoro, Clodio, Papías e Claudiano (Mártires); Agrícola, Arnoldo e Víctor (Confesores); Santa Paula Montal (Fundadora).