Serra Leoa

país de África occidental
(Redirección desde «Serra Leona»)

Serra Leoa[1][2][3] (en inglés: Sierra Leone Escoitari/siˌɛrə liˈn(i)/), oficialmente República de Serra Leoa (en inglés: Republic of Sierra Leone), é un país situado na costa suroeste da África Occidental. Comparte fronteira con Liberia ao sueste e Guinea ao nordés. Serra Leoa posúe un clima tropical cunha contorna diversa que abrangue desde a sabana até a selva, unha área total de 71 740 km2 (27 699 sq mi)[4] e unha poboación de 7 092 113 segundo o censo de 2015.[5] A capital, así como a súa cidade máis grande, é Freetown. O país está divido en cinco rexións administrativas subdividas en dezaseis distritos.[6]

Modelo:Xeografía políticaSerra Leoa
Republic of Sierra Leone (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHigh We Exalt Thee, Realm of the Free Editar o valor em Wikidata

Lema«Unity, Freedom, Justice» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aMontanhas do Leão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°30′N 12°06′O / 8.5, -12.1Coordenadas: 8°30′N 12°06′O / 8.5, -12.1
CapitalFreetown Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación7.557.212 (2017) Editar o valor em Wikidata (105,34 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Lingua krio Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie71.740 km² Editar o valor em Wikidata
Auga0,2 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Bintumani (pt) Traducir (1.945 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataJulius Maada Bio (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
• Ministro-chefe (pt) Traducir Editar o valor em WikidataDavid Sengeh (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento da Serra Leoa (pt) Traducir , (Escano: 124) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal4.249.234.574 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaleone Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sl Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+232 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia999 e 019 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísSL Editar o valor em Wikidata

Sitio webstatehouse.gov.sl Editar o valor em Wikidata
Instagram: presidentmaadabio Editar o valor em Wikidata

Serra Leoa conseguiu a súa independencia do Reino Unido o 27 de abril de 1961, converténdose Milton Margai no primeiro dirixente do país. O partido político de Margai era o Partido Popular de Serra Leoa (SLPP), o cal, baixo o liderado de Albert Margai, perdeu as seguintes eleccións en 1967 por unha curta marxe. O novo Primeiro Ministro foi Siaka Stevens do partido do Congreso de Todo o Pobo (APC). Stevens dirixiu o país entre 1967 e 1985, ano no que se retirou da política por motivos de saúde. O 19 de abril de 1971, durante o seu mandato, aboliu o sistema parlamentario do país e declarouno república presidencialista. Entre 1978 e 1885, o partido de Stevens foi o único partido legal de Serra Leoa. Non sería até 1991 cando o presidente Joseph Saidu Momoh, sucesor de Stevens escollido por el mesmo, aprobaría unha nova constitución multipartidista. Xusto nese momento o grupo rebelde Revolutionary United Front de Foday Sankoh iniciou unha brutal guerra civil no país.[7]

O 29 de abril de 1992, un grupo de soldados novos do exercito de Serra Leona, liderados polo capitán Valentine Strasser, derrocou ao presidente Momoh, ficando o país baixo mando militar entre 1992 e 1996. O país volveu ter un goberno elixido democraticamente cando a Xunta militar entregou a presidencia a Ahmad Tezan Kabbah do SLPP despois da súa vitoria nas eleccións de 1996. Con todo, o exército derrocou ao novo presidente nun golpe de estado o 25 de maio de 1997, converténdose o militar Johnny Paul Koroma no xefe de estado. En febreiro de 1998, unha coalición das forzas armadas da Comunidade Económica dos Estados da África Occidental, lideradas por Nixeria, reinstalou ao presidente Kabbah, sendo os líderes do golpe executados despois de que un tribunal militar de Serra Leona os sentenciase á morte. En xaneiro de 2002, o presidente Kabbah anunciou a fin da guerra civil. Así, Serra Leoa ten un goberno democrático ininterrompido desde 1998 até o presente.

Dezaseis grupos étnicos conviven en Serra Leona, cada un co seu propio idioma e costumes. Os dous máis grandes e influentes son os pobos Temne e Mende. Os Temne situánse predominantemente no noroeste e os Mende no sueste. Ao redor do dous por cento da poboación do país son os Krio, descendentes de afroamericanos liberados e escravos das Indias Occidentales. O inglés é o idioma oficial utilizado nas escolas e a administración gobernamental, con todo, o Krio é o idioma máis falado en Serra Leona, xa que o fala o 98% da poboación do país. O idioma Krio une a todos os grupos étnicos do país, especialmente na súa interacción comercial e social. A nivel relixioso, o 77% da poboación é musulmá, cunha influente minoría cristiá do 22%.[8] O país está considerado neste aspecto como un dos máis tolerantes do mundo. Muslamáns e cristiáns colaboran e interactúan pacificamente entre si, sendo a violencia relixiosa moi rara.

A nivel económico, Serra Leoa depende da minería para a súa base económica, especialmente de diamantes. Está tamén entre os maiores produtores do mundo de titanio e bauxita, sendo ademais un dos principais produtores de ouro. Tamén posúe un dos depósitos de rútilo máis grandes do mundo. Serra Leoa tamén alberga o terceiro porto natural máis grande do mundo. A pesar desta riqueza natural, o 70 por cento da súa poboación vivía en 2020 por baixo do limiar de pobreza.[9] Serra Leona é membro de moitas organizacións internacionais, incluídas as Nacións Unidas, a Unión Africana, a Comunidade Económica dos Estados da África Occidental (CEDEAO), a Commonwealth de Nacións, o Banco Africano de Desenvolvemento e a Organización para a Cooperación Islámica.

Etimoloxía editar

O territorio de Serra Leoa foi descuberto para a civilización occidental ao redor do ano 1462 polo explorador portugués Pedro de Sintra, o cal bautizou o lugar co nome de Serra Lyoa.[10] Non está claro, porén, o motivo desta escolla. Algúns suxiren que algunhas rexións costeiras do país parécense aos dentes dun león, mentres que outros suxiren que as tormentas eléctricas sonaban como o ruxido do animal.[11] Con todo, de acordo co profesor C. Magbaily Fyle, é posíbel que existan probas de que Serra Lyoa xa fose mencionada antes dese ano.[12]

Historia editar

Historia temperá editar

Achados arquelóxicos amosan que Serra Leoa leva habitada de forma continua desde hai polo menos 2 000 anos,[13] sendo poboada sucesivamente por sociedades que migraban desde outras partes de África.[14] Os habitantes da zona adoptaron o uso do ferro ao redor do século IX. Cara ao ano 1000, a agricultura era practicada ao longo da costa.[15] As mudanzas no clima e nas fronteiras, afectaron de forma considerábel ás diferentes áreas ecolóxicas do país, afectando ás migracións e ás conquistas.[16] A densa selva e o ambiente pantanoso serraleonés considerábase impenetrábel. A isto xuntábase a existencia da mosca tse-tse, a cal portaba unha enfermidade fatal para os cabalos e o gando cebú utilizado polo pobo mandés. Este facto medioambiental protexeu aos habitantes da zona de conquistas dos mandeses e doutros imperios africanos.[16] Isto tamén reduciu a influencia islámica do Imperio de Malí. Aínda así, o islam foi introducido polos comerciantes sosso, sendo finalmente adoptado de forma xeneralizada ao longo do século XVIII.

Os contactos europeos dentro de Serra Leoa no século XV estiveron entre os primeiros da África occidental. En 1462, o explorador portugués Pedro de Sintra mapeou os outeiros que rodean o que agora é o porto de Freetown, chamando a formación Serra da Leoa. Con todo, de acordo co profesor C. Magbaily Fyle, é posíbel que existan probas de que Serra Leoa xa fose mencionada antes dese ano.[12] Isto implicaría que se descoñece a identidade da persoa que nomeou a Serra Leoa. Pouco despois da expedición de Pedro de Sintra, os comerciantes portugueses chegaron á zona e, cara ao ano 1495, finalizaron a construción dun posto comercial fortificado na costa.[17] O neerlandeses e os franceses tamén estabeleceron comercio na zona, sendo usada como punto intercambio de escravos levados polos comerciantes africanos de áreas interiores baixo guerras tribais e conflitos sobre o territorio.[18] En 1562, os ingleses comezaron o Comercio Triangular cando o almirante John Hawkins da Royal Navy transportou a 300 africanos escravizados, adquiridos "pola espada e en parte por outros medios", á colonia de Santo Domingo na Española, onde os vendeu.[19]

Primeiras colonias editar

A finais do século XVIII, moitos afroamericanos reclamaron a protección da Coroa británica. Miles destas persoas de ascendencia africana uníronse ás forzas militares británicas durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América. Moitos destes leais eran escravos que escaparon para unirse aos británicos, atraídos por promesas de liberdade. A documentación oficial, coñecida como Book of Negroes (do inglés: Libro dos Negros), enumera miles de escravos liberados a quen os británicos evacuaron dos nacentes Estados Unidos e se reasentaron en colonias noutros lugares da Norteamérica británica (no norte o Canadá ou no sur ás Indias Occidentais).

En 1787, a Coroa Británica fundou un asentamento en Serra Leoa no que se chamou Province of Freedom (do inglés: Provincia da Liberdade). A intención era a de reasentar a algúns dos "pobres negros de Londres", algúns dos cales eran afroamericanos liberados polos británicos durante a guerra. Ao redor de 400 negros e 60 brancos chegaron a Serra Leoa o 15 de maio de 1787. O grupo tamén incluía a algúns indios occidentais de ascendencia africana de Londres. Despois de estabelecerse en Granville Town, a maioría do primeiro grupo de colonos morreu, xa fose debido a enfermidades ou por guerras cos pobos indíxenas africanos, o cales resistiron a súa invasión. Os 64 colonos restantes estableceron unha segunda Granville Town.[20]

Despois da Revolución Americana, fóronlles outogadas terras a máis de 3 000 persoas de ascendencia africana na Nova Escocia. Alí Fundaron Birchtown, mais tivéronse que enfrontar a fortes invernos e á discriminación racial da próxima Shelburne. Thomas Peters meteu presión ás autoridades británicas na procura de socorro e máis axuda. Así, xunto co abolicionista británico John Clarkson, fundaron a Sierra Leone Company para trasladar a aqueles que quixesen arriscarse e estabelecerse na África Occidental. En 1792, cerca de 1 200 persoas de Nova Escocia cruzaron o Atlántico para construír a segunda colonia de Serra Leoa, ademais de fundar o 11 de marzo de 1792 o asentamento de Freetown.

Os colonos construíron Freetown da maneira que coñecían das súas vidas no sur dos Estados Unidos, continuando tamén coa moda e os modos estadounidenses. Ademais, moitos deles continuaron practicando o Metodismo en Freetown. Os inmigrantes negros elixiron diferentes niveis de representantes políticos, tithingmen, que representaban cada un a unha ducia de colonos, e hundreders, que representaban cantidades maiores. Este tipo de representación non estaba presente na Nova Escocia. Con todo, o proceso inicial de construción da sociedade en Freetown foi unha dura loita. A Coroa non forneceu as suficientes subministracións e provisións básicas, e os colonos víronse continuamente ameazados polo comercio ilegal de escravos e o risco dunha nova escravitude.[21] Na década de 1790, os colonos, incluídas as mulleres adultas, votaron por primeira vez nas eleccións.[22] A Sierra Leone Company, controlada por investidores de Londres, negouse a permitir que os colonos se apoderasen da terra, o que levou a que en 1799 algúns deles se rebelasen. A Coroa apagou a revolta incorporando nas súas filas máis de 500 quilombolas xamaicanos. Dirixidos polo coronel Montague James, axudaron ás forzas coloniais a sufocar a revolta, de forma que se aseguraron as mellores casas e granxas de Serra Leoa.

O 1 de xaneiro de 1808, Thomas Ludlam, gobernador da Sierra Leone Company e líder abolicionista, entregou os estatutos da compañía, terminado así os seus dezaseis anos de dirección da colonia. A Coroa Británica reorganizou a Compañía Serra Leona como a African Institution (do inglés: Institución Africana) coa intención de mellorar a economía local. Aproximadamente ao mesmo tempo, as tripulacións británicas entregaron a Freetown miles de africanos anteriormente escravizados. Separados das súas diversas terras e tradicións, os africanos liberados víronse obrigados a asimilar os estilos occidentais de colonos e quilombolas. Por exemplo, algúns deles víronse obrigados a mudar o seu nome a un máis occidental. Moitos deles estaban tan descontentos, que arriscaron a posibilidade de ser vendidos de novo como escravos ao abandonar Serra Leona e regresar ás súas aldeas orixinais. Estes africanos que regresaron eran de moitas áreas de África, pero principalmente da costa oeste. Durante o século XIX, estadounidenses afroamericanos liberados, algúns refuxiados liberianos-estadounidenses, e particularmente indios occidentais, tamén se estabeleceron en Freetown. Xuntos, estes pobos crearon unha nova etnia criolla chamada krio, así como unha novo lingua comercial, que se utilizou comunmente entre moitas das etnias do país.

Época colonial editar

O asentamento de Serra Leona na década de 1800 era o único cuxa poboación estaba composta por africanos desprazados que foran levados á colonia despois da abolición británica do comercio de escravos en 1807. Á súa chegada a Serra Leona, cada escravo liberado recibía un número de rexistro. Ademais, as súas calidades físicas eran rexitradas no Rexistro de Africanos Liberados. Con todo, a miúdo a documentación era moi subxectiva e daba lugar a entradas inexactas, facendo difícil o seu seguimento. De acordo coa Lei Británica para a Abolición da trata de escravos, os recaptivos poderían estar suxeitos a aprendizaxes dirixidas por colonos británicos en Serra Leona. Ademais, os homes eran alistados no Exército ou a Mariña. En moitos casos, os recaptivos que foron asignados a pasantías vendéronse por 20 dólares, dando ao sistema de aprendizaxe calidades semellantes á escravitude.[23] Está documentado que os aprendices non recibían diñeiro e que os colonos aos foron designados tiñan dispositivos que podían usarse para disciplinalos.[23]

Política editar

Artigo principal: Política da Serra Leoa.

Subdivisións editar

Artigo principal: Subdivisións da Serra Leoa.

A república de Serra Leoa está dividida en tres provincias: a Provincia do Norte, Provincia do Sur e a Provincia do Leste e unha rexión chamada a Área Oeste.

 

Provincia do Leste editar

Provincia do Norte editar

Provincia do Sur editar

Distrito Capital Area km² Provincia Poboación (2004 censo)[24] Poboación (2008 estimada)
Distrito Bombali Makeni 7,985 Provincia do Norte 408,390 420,561[25]
Distrito Koinadugu Kabala 12,121 265,758
Distrito Port Loko Port Loko 5,719 453,746 477,978[26]
Distrito Tonkolili Magburaka 7,003 347,197 365,465[27]
Distrito Kambia Kambia 3,108 270,462 295,090[28]
Distrito Kenema Kenema 6,053 Provincia do Leste 497,948 515,461[29]
Distrito Kono Koidu Town 5,641 335,401
Distrito Kailahun Kailahun 3,859 358,190 382,829[30]
Distrito Bo Bo 5,473.6[31] Provincia do Sur 463,668 515,945[32]
Distrito Moyamba Moyamba 6,902 260,910
Distrito Pujehun Gandorhun 4,105 228,392 262,073[33]
Distrito Bonthe Mattru Jong 3,468 129,947
Distrito Urbano Area Oeste Freetown 3,568 Area Oeste 772,873 1,173,873
Distrito Rural Area Oeste Freetown 4,175 174,249

Xeografía editar

Artigo principal: Xeografía da Serra Leoa.
 
Mapa de Serra Leoa

A maior parte da costa de Serra Leoa está formada por mangleiral pantanoso, agás a península onde está Freetown, a capital. O resto de Serra Leoa é unha gran meseta cunha altitude aproximada de 300 msnm, principalmente poboada por bosques. No extremo nordeste do país, con todo, hai montañas, o punto máis alto é o Loma Mansa con 1948 msnm . O clima é de tipo tropical, cunha estación chuviosa que dura desde maio ata decembro.

As maiores cidades son Freetown, Koidu, Bo, Kenema e Makeni.

Ríos editar

En Serra Leoa, o clima é tropical, polo que, a auga é abundante. Os seus principais ríos son: Moa, Rokel, Little Scarcies.

Economía editar

Artigo principal: Economía da Serra Leoa.

Demografía editar

Artigo principal: Demografía da Serra Leoa.

Cultura editar

Artigo principal: Cultura da Serra Leoa.

Notas editar

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2017. 
  3. Outras fontes empregan a forma Serra Leona (Universidade de Vigo Arquivado 01 de xuño de 2014 en Wayback Machine.)
  4. Encarta Encyclopedia. Sierra Leone (country). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  5. "Sierra Leone 2015 Population and Housing Census National Analytical Report" (PDF). Statistics Sierra Leone. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  6. "National Electoral Commission – Press Release" (PDF). 6 September 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de novembro de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  7. Se Young Jang (25 de outubro de 2012). "The Causes of the Sierra Leone Civil War". E-International Relations (en inglés). 
  8. "Sierra Leone 2015 Population and Housing Census" (PDF). Statistics Sierra Leone. 
  9. "Sierra Leone Population below poverty line (%)". Indexmundi.com. 30 de xuño de 2015. 
  10. "Pedro de Sintra". Encyclopædia Britannica. Consultado o 21 de xullo de 2020. 
  11. "Sierra Leone - Background". Visit Sierra Leone. Consultado o 31 March 2018. 
  12. 12,0 12,1 Fyle, C. Magbaily (22 de xuño de 2015). "Pedro da Çintra did not name Sierra Leone: An Exploration into available evidence". Concord Times. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2017. Consultado o 31 March 2018. 
  13. Countries and Their Cultures. "Culture of Sierra Leone" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  14. Encyclopædia Britannica. "Sierra Leone History" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  15. Encyclopedia of the Nations. "Sierra Leone – History" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2020. 
  16. 16,0 16,1 Fyfe, Christopher Fyfe (1994). "Landlords and Strangers: Ecology, Society and Trade in Western Africa". Westview Press (en inglés). 
  17. LeVert, Suzanne (2006). Cultures of the World: Sierra Leone. Marshall Cavendish. ISBN 978-0-7614-2334-8. 
  18. Sibthorpe, A. B. C. (1970). The History of Sierra Leone. Routledge. p. 7. ISBN 978-0-7146-1769-5. 
  19. National Maritime Museum (20 de agosto de 2015). "Sir John Hawkins". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2011. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  20. Pham, John-Peter (2005). Child Soldiers, Adult Interests: The Global Dimensions of the Sierra Leonean Tragedy. Nova Publishers. pp. 4–8. ISBN 978-1-59454-671-6. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  21. Fyfe, Christopher (1992). Our Children Free and Happy: Letters from Black Settlers in Africa in the 1790s. Edinburgh University Press. 
  22. "Sierra Leone's struggle for progress". The Economist. 11 de decembro de 2008. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  23. 23,0 23,1 Schwartz, Suzanne (2012). "Reconstructing the Life Histories of Liberated Africans: Sierra Leone in the Early Nineteenth Century". History in Africa. 
  24. "FINAL RESULTS 2004 POPULATION AND HOUSING CENSUS" (PDF). Statistics Sierra Leone. p. 3. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25 de xuño de 2008. Consultado o 2008-06-09. 
  25. World Gazetteer: Bombali - profile of geographical entity including name variants[Ligazón morta] at www.world-gazetteer.com
  26. http://www.world-gazetteer.com/wg.php?x=&men=gpro&lng=en&des=wg&srt=npan&col=adhoq&msz=1500&geo=-6644[Ligazón morta]
  27. World Gazetteer: Tonkolili - profile of geographical entity including name variants[Ligazón morta] at www.world-gazetteer.com
  28. World Gazetteer: Kambia - profile of geographical entity including name variants[Ligazón morta] at www.world-gazetteer.com
  29. World Gazetteer: Kenema - profile of geographical entity including name variants[Ligazón morta] at www.world-gazetteer.com
  30. World Gazetteer: Kailahun - profile of geographical entity including name variants[Ligazón morta] at www.world-gazetteer.com
  31. "Bo District" (en inglés). Sierra Leone Encyclopedia (UN and Government of Sierra Leone). xullo 2007. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2008. 
  32. World Gazetteer: Bo - profile of geographical entity including name variants[Ligazón morta] at www.world-gazetteer.com
  33. World Gazetteer: Pujehun - profile of geographical entity including name variants Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine. at www.world-gazetteer.com

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.