Saddam Husayn

político e militar iraquí
(Redirección desde «Saddam Hussein»)

Saddam Husayn[1] (صدام حسين عبد المجيد التكريتي, Saddām Hussein ʻAbd al-Majīd al-Tikrīt), nado en Al-Awja o 28 de abril de 1937 e finado en Kadhimiya o 30 de decembro de 2006, foi o presidente de Iraq entre 1979 e o seu derrocamento en 2003 por Estados Unidos como cabeza dunha coalición internacional.

Saddam Husayn
Nacemento28 de abril de 1937
Lugar de nacementoAl-Awja
Falecemento30 de decembro de 2006
Lugar de falecementoKadhimiya
Causaenforcamento
SoterradoAl-Awja
NacionalidadeReino do Iraque, Iraque e Iraque Baathista
RelixiónSunnismo
Alma máterUniversidade do Cairo e Nolan Catholic High School
Ocupaciónpolítico, militar, escritor e novelista
PaiHussein 'Abid al-Majid
CónxuxeSajida Talfah e Samira Shahbandar
FillosUday Hussein, Raghad Hussein, Hala Hussein, Rana Hussein, Qusay Hussein e Ali Hussein
Coñecido porZabibah and the King
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Collar of the Spanish Order of the Civil Merit, Order of Stara Planina, Orde de José Martí, Detroit Key, Order of Mubarak the Great, Orde da Estrela Iugoslava, Order of the Two Rivers, Orde do Mérito Civil, Orde de Isabel a Católica, National Order of Merit, Order of Al-Khalifa, Order of the National Flag, Order of al-Hussein bin Ali, Order of the Grand Conqueror e Friendship Order
Na rede
IMDB: nm0404010 Find a Grave: 17206247 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu nunha familia de pastores da tribo al-Begat, seis meses despois morreu seu pai e el quedou ao coidado dun tío materno, Khairallah Talfah, aos tres anos volveu coa súa nai que volvera casar e aos dez volveu co seu tío.

Membro do Partido Baas, opositor ao goberno de Abdul Karim Qassim, estivo en prisión, como secretario do partido xogou un papel chave durante o golpe de estado de 1968 que levou o seu partido ao poder. Foi vicepresidente durante o goberno do seu tío Ahmed Hassan al-Bakr, Saddam apoiado no seu clan elimina os seus rivais e consegue controlar Bagdad e converte o Baas nun partido ao servizo da súa persoa. Cando al-Bakr renunciou á presidencia, formalmente por motivos de saúde, pero na práctica forzado por Saddam Husayn, que asume a presidencia o 16 de xullo de 1979, poucos días despois 68 altos cargos do partido e do estado foron arrestados e acusados de alta traizón, 22 foron executados na súa presenza.

O 22 de setembro de 1980 Husayn enviou as súas tropas contra Irán co apoio dos Estados Unidos, Francia e a Unión Soviética, guerra que durou ata o 20 de agosto de 1988. O seu réxime masacrou milleiros de kurdos (entre 300.000 e 1.000.000) e milleiros de persoas consideradas de sangue impuro foron deportadas, torturadas ou masacradas.

O 2 de agosto de 1990 Iraq invadiu Kuwait. En 1991 unha coalición internacional dirixida polos Estados Unidos, entón gobernada por George Bush, obrigou a Iraq a retirarse de Quvait. A ONU estableceu sancións económicas contra Iraq. En 2003 George W. Bush atacou Iraq acusándoo de cómplice co terrorismo nos Estados Unidos. Saddam foi expulsado do poder nunha guerra non autorizada polo Consello de Seguranza da ONU. Saddam escondeuse durante varios meses ata que o 13 de decembro de 2003 foi localizado nunha operación conxunta de forzas norteamericanas e kurdas.

O 5 de novembro de 2006 foi condenado pola morte de 148 xiítas na vila de Dujail en 1982, sendo condenado á morte, polo que foi enforcado o 30 de decembro de 2006.

Notas editar

  1. "Husayn, Saddam". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1078.