Muhammad Hosni Said Mubarak (árabe : محمد حسنى سيد مبارك) coñecido como Hosni Mubarak, nado en Kafr-El Meselha (Monufia) o 4 de maio de 1928 e finado o 25 de febreiro de 2020,[1][2] foi un político exipcio. Foi presidente do seu país desde o 14 de outubro de 1981, 8 días despois do asasinato de Anwar el-Sadat,[3] ata o 11 de febreiro de 2011 momento no que se viu obrigado a deixar o poder logo que dende o 25 de xaneiro de 2011 se sucederan protestas populares para esixir un cambio no país do Nilo.[4][5] Mubarak foi internado o 12 de abril tras sufrir unha crise cardíaca durante un interrogatorio.[6] O día 13 de abril de 2011 foi ordenada a súa detención canda a dos seus fillos Alaa e Gamal, co fin de indagar nos posibles delitos que se lles imputan.[7] O día 2 de xuño de 2012 foi condenado a cadea perpetua pola represión das protestas durante a Primavera árabe, na que morreron máis de 800 persoas.[8]

Modelo:BiografíaHosni Mubarak

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) حُسني مُبارك Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de maio de 1928 Editar o valor en Wikidata
Kafr el-Muṣīlḥa منوفيه (Reino de Exipto) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 2020 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
O Cairo, Exipto Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecomplicacións dunha cirurxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHeliópolis Editar o valor en Wikidata
25º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
16 de xullo de 2009 – 11 de febreiro de 2011
← Raúl CastroMohamed Hussein Tantawi →
Presidente da Organización para a Unidade Africana
28 de xuño de 1993 – 13 de xuño de 1994
← Abdou DioufZine el-Abidine Ben Ali →
Presidente da Organización para a Unidade Africana
24 de xullo de 1989 – 9 de xullo de 1990
← Moussa TraoréYoweri Museveni →
Presidente de Exipto
14 de outubro de 1981 – 11 de febreiro de 2011
← Sufi Abu TalebMohamed Hussein Tantawi →
Primeiro ministro do Exipto
7 de outubro de 1981 – 2 de xaneiro de 1982
← Anwar el-SadatAhmad Fuad Mohieddin →
Vicepresidente de Exipto
16 de abril de 1975 – 14 de outubro de 1981
← Hussein el-ShafeiOmar Suleiman → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaO Cairo Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Militar Exipcia - ciencia militar, Aviación (–1949)
Instituto Militar Supremo das Forzas Armadas da República de Kirguizistán
Academia Militar do Estado Maior das Forzas Armadas de Rusia
Academia Militar M.V. Frunze Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, aviador, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacional Democrático
Unión Árabe Socialista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForza Aérea Exipcia Editar o valor en Wikidata
Rango militarmariscal do Aire Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra de Suez
guerra civil do Iemen do Norte
Guerra dos Seis Días
guerra de desgaste
Guerra do Yom Kippur
Guerra libio-exipcia
Guerra do Golfo Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeSuzanne Mubarak (1959–2020), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosAlaa Mubarak, Gamal Mubarak Editar o valor en Wikidata
Condenado porCorrupción
matar Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia (full versions) (en) Traducir
Lentapedia
Dictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0610804 WikiTree: مبارك-1 Editar o valor en Wikidata

Era tamén Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados desde o 16 de xullo de 2009 substituíndo a Raúl Castro.

Traxectoria

editar

Terminados os seus estudos de secundaria, ingresou na Academia Militar Exipcia obtendo o título en Ciencias Militares aos 20 anos de idade. En 1950 ingresou na academia da Forza Aérea, recibindo instrución tamén en Frunze, a actual Bixkek, capital de Kirguizistán, entón república da Unión Soviética, obtendo o título de piloto de combate. Ascendeu rapidamente e en 1964 foi nomeado representante da delegación militar exipcia na Unión Soviética.

En 1967 convértese en Xefe da Forza Aérea Exipcia, sendo responsable dalgúns dos combates que se suceden no permanente conflito con Israel. En 1973 participa activamente nos preparativos e desenvolvemento da Guerra do Yom Kippur.

Gobernou en Exipto durante 30 anos con man férrea baixo un goberno corrupto. Celebrou durante o seu mandato catro procesos electorais, fortemente manipulados. Así mesmo, privou o pobo exipcio de liberdades básicas. Este e outros feitos precipitou o inicio das protestas na súa contra. Foron necesarias máis de 300 mortes violentas nun intento do goberno de Mubarak de conter as revoltas. A saída do poder de Mubarak propiciou que o exército tomase as rendas. En 18 días de protestas pacíficas, salpicadas de violencia por parte das forzas represivas, Mubarak foi derrocado do poder político exipcio.

  1. "Egypt's former president Hosni Mubarak dies at 91". www.aljazeera.com. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  2. "Former Egyptian president Hosni Mubarak dies". BBC News (en inglés). 25 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  3. "Hosni Mubarak". Biografías y Vidas (en español). 2004. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  4. Enric González; Georgina Higueras; Nuria Tesón (11 de febreiro de 2011). "La revolución egipcia fuerza la dimisión de Mubarak" (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  5. El pueblo echa a Mubarak, en El Mundo de España.
  6. "Mubarak hospitalizado tras sufrir una crisis cardiaca durante un interrogatorio". 12 de abril de 2011. Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  7. Agencia/EFE (13 de abril de 2011). http://noticierostelevisa.esmas.com, ed. "Detienen a Hosni Mubarak". Consultado o 19 de novembro de 2012. 
  8. "Mubarak, condenado a cadena perpetua". El País. 3 de xuño de 2012. Consultado o 19 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar