Madeleine Albright

política e diplomática estadounidense

Madeleine Jana Korbel Albright,[1] nada como Marie Jana Korbelová en Praga o 15 de maio de 1937 e finada en Washington o 23 de marzo de 2022 foi unha política e diplomática estadounidense.[2][3][4] Foi a primeira muller secretaria de estado da historia do país, servindo entre 1997 e 2001 baixo a presidencia de Bill Clinton.[5]

Madeleine Albright
Nome completoMarie Jana Körbelová
Nacemento15 de maio de 1937 e 1937
Lugar de nacementoPraga
Falecemento23 de marzo de 2022
Lugar de falecementoWashington, D.C.
Causacancro
NacionalidadeChecoslovaquia e Estados Unidos de América
EtniaPobo xudeu
RelixiónIgrexa episcopal nos Estados Unidos
Alma máterWellesley College, Universidade de Columbia, Universidade Johns Hopkins, Paul H. Nitze School of Advanced International Studies, Kent Denver School e School of International and Public Affairs, Columbia University
Ocupacióndiplomática, política, escritora, politicóloga, Embaixador, profesora universitaria, xornalista de opinión e ministro
PaiJosef Korbel
NaiAnna Spiegelová
CónxuxeJoseph Medill Patterson Albright
FillosAlice Albright, Anne Korbel Albright e Katie Albright
PremiosGrand cross of the Order of the White Lion, Anna Lindh Memorial Fund, Freedom Award, Democracy Service Medal, National Women's Hall of Fame, Library of Congress Living Legend, Colorado Women's Hall of Fame, Medalla Presidencial da Liberdade, Theodore Roosevelt Award, Elizabeth Blackwell Award, Grand Order of Queen Jelena, Honorary doctorate from Brown University, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Great Gold Medal of Masaryk University, Order of the Cross of Terra Mariana, 1st Class, Grand Cross of the Order of the White Rose of Finland, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, doutor honoris causa, doutor honoris causa pola Universidade Brandeis, doutor honoris causa da Universidade de Gdańsk, Commander with Star of the Order of Merit of Hungary, honorary doctor of the University of Miami, Silver Medal of the Chairman of the Senate, Order of Merit of the Republic of Poland, Ordem da Cruz da Terra Mariana, Ordem do Leão Branco e Great Immigrants
Na rede
IMDB: nm1267543 Allocine: 759439 Rottentomatoes: celebrity/madeleine-albright Allmovie: p287869 TCM: 668158 Metacritic: person/madeleine-albright TV.com: people/madeleine-albright
Facebook: MadeleineKAlbright Twitter: madeleine TED: madeleine_albright Musicbrainz: 841bb207-2c67-4f8b-b15e-2df3511abece Discogs: 5622194 WikiTree: Korbelová-1 Find a Grave: 237890638 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Albright emigrou xunto coa súa familia aos Estados Unidos en 1948 dende Checoslovaquia. O seu pai, o diplomático Josef Korbel, estableceu a familia en Denver, e converteuse en cidadán estadounidense en 1957.[6][7] Albright graduouse no Wellesley College en 1959 e logrou o seu doutoramento na Universidade de Columbia en 1975, escribindo a súa tese sobre a primavera de Praga.[8] Traballou como axudante do senador Edmund Muskie antes de obter un posto con Zbigniew Brzezinski no Consello de Seguridade Nacional. Serviu no posto ata o final da presidencia de Jimmy Carter en 1981.[9]

Tras deixar o Consello de Seguridade Nacional, Albright uniuse ao claustro de profesores da Universidade de Georgetown e foi conselleira dos candidatos do Partido Demócrata en política exterior. Trala vitoria de Clinton en 1992 axudou a crear o Consello de Seguridade Nacional. En 1993, Clinton nomeouna embaixadora ante as Nacións Unidas, e mantívose no cargo ata 1997, cando sucedeu a Warren Christopher como Secretaria de Estado, continuando ata que Clinton deixou o cargo en 2001.

Albright serviu como xefa do Albright Stonebridge Group dende 2009, e é profesora de Diplomacia na Universidade de Georgetown.[10] En maio de 2012, recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade do presidente Barack Obama.[11] Albright tamén foi directora da xunta do Consello de Relacións Exteriores.[12]

Vida persoal Editar

Albright casou con Joseph Medill Patterson Albright en 1959.[13] A parella tivo tres fillos antes de divorciarse en 1982.[14]

Albright foi criada como católica, pero converteuse ao episcopalianismo no tempo do seu matrimonio en 1959. Os seus pais convertéranse ao catolicismo en 1941, durante os primeiros anos de Albright.[15] Cando The Washington Post informou sobre a súa herdanza xudía pouco despois de converterse en secretaria de estado en 1997, Albright considerou a información unha "gran sorpresa".[16] Albright afirmou que non descurbriu ata que tiña 59 anos[17] que os seus pais eran orixinalmente xudeus e unha ducia dos seus familiares xudeus en Checoslovaquia, incluíndo tres dos seus avós, morreran no Holocausto.[18][19][20]

Albright mencionou a súa capacidade física e réxime de exercicios en varias entrevistas. En 2006, afirmou que era capaz de facer leg press con 400 libras.[21][22]

Albright foi listada como unha das cincuenta mulleres de máis de cincuenta anos mellor vestidas por The Guardian en marzo de 2013.[23]

Notas Editar

  1. Sciolino, Elaine (26 de xullo de 1988). "Dukakis's Foreign Policy Adviser: Madeleine Jana Korbel Albright". New York Times. Consultado o 19 de xullo de 2015. 
  2. Cohen, Roger (1999-07-12). "Memory Goes to War". The New Republic. ISSN 0028-6583. Consultado o 2022-03-23. 
  3. "Madeleine Albright, 1st female U.S. secretary of state, dies at 84". PBS NewsHour (en inglés). 2022-03-23. Consultado o 2022-03-23. 
  4. Research, CNN Editorial. "Madeleine Albright Fast Facts". CNN. Consultado o 2022-03-23. 
  5. Dumbrell, John (decembro de 2008). "President Clinton’s Secretaries of State: Warren Christopher and Madeleine Albright". Journal of Transatlantic Studies 6: 217–227 – vía Academic Search Complete. 
  6. Koven, Steven G.; Götzke, Frank (2010-08-09). American Immigration Policy: Confronting the Nation's Challenges (en inglés). Springer Science & Business Media. ISBN 9780387959405. 
  7. Brockes, Emma (30 de outubro de 2003). "Interview: Madeleine Albright". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  8. Williams, Ian (1999-02-25). "Albright's State Deportment" (en inglés). ISSN 0027-8378. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 20 de marzo de 2019-. 
  9. Sciolino, Elaine (22 de setembro de 1996). "Madeleine Albright's Audition". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 20 de marzo de 2019-. 
  10. "Madeleine Albright: Georgetown’s Treasured Professor Active as Ever". www.georgetown.edu (en inglés). Consultado o 2019-03-20. 
  11. Cohen, Tom (29 de maio de 2012). "Albright, Dylan among recipients of Presidential Medal of Freedom". CNN. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  12. "Board of Directors – Council on Foreign Relations". Council on Foreign Relations. 14 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2010. Consultado o 1 de xuño de 2009. 
  13. Albright, 2003, p. 47.
  14. Dobbs, Michael (2 de maio de 1999). "Becoming Madeleine Albright". The Washington Post. Consultado o 14 de agosto de 2008. 
  15. "Madeleine Albright’s War Years". Tablet Magazine. 26 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2013. Consultado o 31 de decembro de 2014. 
  16. Foer, Franklin (16 de febreiro de 1997). "Did She Know?". Slate. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  17. Jaweed Kaleem (27 de abril de 2012). "Madeleine Albright Discusses Her Jewish Background And Her New Book, ‘Prague Winter’". Huffington Post. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  18. Dobbs, Michael (4 de febreiro de 1997). "Albright's Family Tragedy Comes to Light". The Washington Post. 
  19. "Voices on Antisemitism interview with Madeleine K. Albright". United States Holocaust Memorial Museum. 12 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019. 
  20. Lee, MJ (24 de abril de 2012). "Albright memoir: Her secret past". Politico. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  21. Bedard, Paul. "Washington Whispers (4 May, 2006)". U.S. News & World Report. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2013. Consultado o 28 de novembro de 2016. 
  22. "Madeleine Albright Reveals Exercise Regimen For "Kicking Ass"". NPR. 19 de decembro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2009. Consultado o 22 de xuño de 2009. 
  23. Cartner-Morley, Jess; Mirren, Helen; Huffington, Arianna; Amos, Valerie (28 de marzo de 2013). "The 50 best-dressed over 50s". The Guardian (Londres). 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Albright, Madeleine (2003). Madam Secretary: A Memoir. Miramax; 1ST edition. p. 576. ISBN 0-7868-6843-0. 
  • Blood, Thomas, Madam Secretary: A biography of Madeleine Albright (1997)

Ligazóns externas Editar