The Washington Post
The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro. O Post distinguiuse polas súas reportaxes sobre a Casa Branca, o Congreso, e outros aspectos do goberno estadounidense.
Por outra banda, a diferenza doTimes e o Journal, o Post vese a si mesmo como un xornal estritamente rexional, e non imprime unha edición nacional para distribución máis aló da Costa leste dos Estados Unidos. A maior parte dos seus lectores son do Distrito de Columbia, xunto cos suburbios adiñeirados de Maryland e Virxinia.
A súa circulación diaria media, segundo datos de marzo de 2013, era de 474 767 e de 838 014 os domingos,[1] o que o coloca no oitavo lugar dos xornais estadounidenses, detrás do Wall Street Journal, New York Times, USA Today, Los Angeles Times, San Jose Mercury News, Daily News e New York Post. Mentres que a súa circulación (como a de todos os diarios) foi en caída lenta, ten unha das taxas de penetración de mercado máis altas de todos os diarios metropolitanos.
Notas
editar- ↑ Circulación total de los periódicos estadounidenses, Alliance for Audited Media, 31.03.2013; acceso 06.08.2013