Universidade Johns Hopkins

universidade privada norteamericana

A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos.

Universidade Johns Hopkins


Tipouniversidade, institución educativa privada sen ánimo de lucro, editor de acceso aberto e instituto de investigación Editar o valor en Wikidata
EpónimoJohns Hopkins (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaNonstock Corporation Editar o valor en Wikidata
SedeBaltimore Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 39°19′44″N 76°37′14″O / 39.3289, -76.6206
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoMaryland
Cidade independenteBaltimore Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1876 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aDaniel Coit Gilman Editar o valor en Wikidata
Presidente/aRonald J. Daniels, William Ralph Brody (en) Traducir, Daniel Nathans, William C. Richardson (en) Traducir, Steven Muller (pt) Traducir, Milton S. Eisenhower (pt) Traducir, Lincoln Gordon, Milton S. Eisenhower (pt) Traducir, Lowell Reed (pt) Traducir, Detlev Bronk (pt) Traducir, Isaiah Bowman, Joseph Sweetman Ames (pt) Traducir, Frank Johnson Goodnow (pt) Traducir, Ira Remsen e Daniel Coit Gilman Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal19.469 Editar o valor en Wikidata
Número estudiantes25.151 e 21.186 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Composto por
Contacto
Páxina WEBjhu.edu Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: johnshopkinsuniversity Twitter: JohnsHopkins Instagram: johnshopkinsu LinkedIn: johns-hopkins-university Youtube: UCeohrwR6-fO1EMk8FkJrlzw BNE: XX123578 Dialnet: 2982748 Discogs: 3981467 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore. Ademais, a universidade ten campus, entre outro lugares, en Rockville (capital do condado de Montgomery), Washington, D.C., Boloña (Italia) e Nanjing (China).

A Johns Hopkins está considerada como unha das institucións académicas e de investigación máis importantes do mundo e está entre as universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos.

Johns Hopkins, quen dá nome á universidade, foi un empresario, abolicionista e filántropo estadounidense que naceu en 1795.[1] Johns, o seu nome de pía, ten un "s" ao final porque se tratabase do apelido de solteira da súa nai. Foi un home de negocios, presidente de banco e magnate dos ferrocarrís, e está considerado como un dos máis grandes financeiros de Baltimore no século XIX. Ao morrer solteiro, en 1873, estableceu no seu testamento a creación dunha universidade dedicada ao estudo e á investigación científica, e tamén dun hospital que brindara a mellor atención médica. Creáronse así o Hospital Johns Hopkins e a primeira universidade dos Estados Unidos dedicada especificamente á investigación científica e aos estudos de posgrao. Grazas a esta doazón de 7 millóns de dólares da época, quedaban por primeira vez directamente vinculados un hospital e unha universidade nos Estados Unidos.[1] Posteriormente establecéronse na universidade tamén estudos de grao.

Campus e centros docentes

editar

Campus de Homewood

editar
 
Biblioteca Milton S. Eisenhower.
 
Gilman Hall.
  • Escola de Artes e Ciencias Zanvyl Krieger. É a escola central da universidade e oferta programas de grao e posgrao.[2] con máis de 40 especialidades de licenciatura e máis de 40 programas de posgrao.
  • Escola de Enxeñaría Whiting. Oferta programas de grao e posgrao.
  • Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins. Chamada escola Carey, foi fundada en 1909 como Escola de Estudos Profesionais en Negocios e Educación. O 1 de xaneiro de 2007, separouse en dúas escolas, a Escola de Negocios Carey e a Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins.[3]

Campus de Institucións Médicas do Leste de Baltimore

editar
  • Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins. Esta esocola está situada canda o Hospital Johns Hopkins. A Escola de Medicina está amplamente recoñecida como unha das mellores facultades de medicina e centro de investigacións biomédicas do mundo.
  • Escola de Enfermaría da Universidade Johns Hopkins. A Escola de Enfermaría está ligada ao Hospital Johns Hopkins e á Escola de Medicina.
  • Escola Bloomberg de Saúde Pública. A Escola Bloomberg foi fundada en 1916 por William H. Welch e John D. Rockefeller e denominada Bloomberg debido ás xenerosas doazóns do político Michael Bloomberg, estimadas en 107 millóns de dólares.[4] É a primeira e máis grande escola de saúd pública do mundo, con 530 profesores a tempo completo, 620 a tempo parcial e 2.030 estudantes de 84 países.[5]

Campus de Harbor East

editar
  • Escola de Negocios Carey.

Campus de Mount Vernon

editar
  • Instituto Peabody. É a Escola de Música e Conservatorio da universidade.

Campus de Washington, D.C.

editar
  • Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze. A Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze (SAIS) está localizada en Washington, D.C., cerca de Dupont Circle. A escola está dicada aos estudos internacionais, particularmente relacións internacionais, diplomacia e economía. A SAIS ten campus en Boloña (Italia) e Nanjing (China). Fundada en 1943, a Escola uniuse á universidade en 1950.

Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade

editar
  1. 1,0 1,1 "There is only one Johns Hopkins"[Ligazón morta] (Só hai un Johns Hopkins), na web da Universidade.
  2. "Krieger School of Arts & Sciences". Johns Hopkins University. 2006. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  3. "Johns Hopkins Launches New Schools of Business, Education". Johns Hopkins University Office of News and Information. 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2016. 
  4. "Hopkins Names Public Health School for Michael Bloomberg". 
  5. "Association of Schools of Public Health (ASPH) Profile" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar