Boloña
Coordenadas: 44°30′27″N 11°21′5″L / 44.50750, -11.35139
Boloña[1][2] (Bulåggna en emiliano-romañolo, Bologna en italiano) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romaña. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia.
Boloña | |
---|---|
Bologna Bulåggna | |
![]() | |
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Emilia-Romaña |
Provincia | Provincia de Boloña |
Xeografía | |
Altitude | 54 msnm |
Superficie | 140,7 km² |
Demografía | |
Poboación | 384.038 hab. (2012) |
Densidade | 2.700 hab/km² |
Xentilicio | Boloñés/a[1] |
Outros datos | |
Código postal | 40100 |
Alcalde | Virginio Merola (PD) |
Páxina oficial da Boloña |
Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un centro histórico ben conservado (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e as destrucións bélicas.
Boloña é un importante nó de comunicacións de estradas e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentarias. É sede de importantes institucións culturais, económicas e políticas.
Evolución demográficaEditar

HistoriaEditar
A rexión está habitada desde o século IX a.C., os etruscos substituíron os umbros a partir do século VI a.C. dándolle o nome de Velzna, latinizano como Felsina.
Cidades irmásEditar
|
Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Aviñón Bergen Praga Bruxelas Cracovia Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Rotterdam Porto |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para boloñés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.