Coventry
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Coordenadas: 52°24′29″N 1°30′38″O / 52.40806, -1.51056
Coventry é unha cidade do centro de Gran Bretaña, situada a 153 km ao noroeste de Londres e a 30 km ó leste de Birmingham, cunha poboación no 2001 de 303.475 habitantes.
Coventry | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista de Coventry. | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Rexión | Midlands do Oeste | |
Condado | Midlands Occidentais | |
Xeografía | ||
Superficie | 98,64 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 337 428 hab. (2014) | |
Densidade | 3 420,8 hab/km² | |
Outros datos | ||
Código postal | CV | |
Páxina oficial de Conventry |

HistoriaEditar
Bombardeo de CoventryEditar
Coventry foi unha das cidades que tivo que ser "sacrificada" polos ingleses na segunda guerra mundial, debido a que xusto antes do bombardeo a esa cidade descifraran o código enigma dos nazis e interceptaran unha comunicación do Eixe onde se dicía que se ía bombardear a cidade. Logo Churchill tivo que tomar a decisión de evacuar ou non Coventry. Se se evacuaba a cidade os nazis sospeitarían que se descifrara o código enigma, e comprometeríase a vantaxe na guerra.
Finalmente, Coventry foi bombardeada masivamente polos avións da Luftwaffe, (cerca de 500 bombardeiros) o 14 de novembro de 1940. A cidade foi case totalmente destruída. O ministro nazi de Propaganda, Goebbels, chegou a propor un novo termo, "coventrizar", para referirse a eses bombardeos masivos. Só algúns menores foran evacuados, baixo o pretexto de saída de vacacións.
Tamén houbo bombardeos en Liverpool, Plymouth, Bristol e Southampton.
A catedral de Coventry foi deixada como a deixou o bombardeo: non quedan máis que unhas columnas e algo das súas murallas. Xunto aos restos da antiga catedral edificouse unha nova catedral, a cuxa inauguración, que tivo lugar en 1962 e como símbolo de reconciliación, asistiu o chanceler alemán.
Polo seu valor simbólico, nas proximidades da Catedral, plantáronse unha serie de olmos, iniciativa que patrocinou a artista Yoko Ono.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coventry |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |