Birmingham

cidade de Inglaterra

Coordenadas: 52°28′59″N 1°53′37″O / 52.48306, -1.89361

Birmingham é unha cidade inglesa situada no condado metropolitano de Midlands do Oeste, pertencente á rexión inglesa homónima, terra ondulada pobre para o cultivo pero rica en xacementos de carbón e ferro, ao sur dos Peninos. Segundo estimacións do 2008 ten 1 016 800 habitantes, que ascenden a 2 284 093 se temos en conta a súa área metropolitana (censo 2001). Tradicionalmente é considerada a segunda cidade de Inglaterra e o Reino Unido en termos de poboación, aínda que Manchester dispútalle ese posto en canto a representatividade.

Birmingham
Banner of arms of the City of Birmingham (1976–).svg
Coat of arms of Birmingham.svg
Birmingham Montage 2012.jpg
Vistas da cidade
Localización
Birmingham en Inglaterra
Birmingham
Birmingham
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónMidlands do Oeste
Condado cerimonialMidlands do Oeste
Xeografía
Altitude140 msnm
Superficie267,77 km²
Demografía
Poboación1 085 400 hab. (2011)
Densidade4102 hab/km²
XentilicioBrummie
Outros datos
Código postalCódigo B
AlcaldeJohn Lines (C)
Páxina oficial de Birminghan

HistoriaEditar

A súa orixe data dos tempos das invasións anglosaxoas cara o ano 700 cando un xefe tribal, o saxón Beorma, asentou a súa xente preto do río Rea (Beorma inga ham, fogar ou aldea do pobo de Beorma).

Mais o verdadeiro nacemento de Birmingham data do 1154, cando o señor feudal do lugar conseguiu a concesión dun mercado xunto o seu soar, nun cruzamento de camiños ao carón dunha capela e futura igrexa de San Martiño, preto do vao do río. Dito mercado, coñecido aos poucos coma o Bull Ring, foi o berce e aínda hoxe, o corazón sentimental da cidade.

De todas as maneiras, Birmingham mantívose coma un centro secundario ata a metade do século dezaoito, cando a coincidencia na súa área dunha serie de persoas excepcionais xunto a factores xeolóxicos (a antedita riqueza mineira no Black Country) deron nacemento a Revolución Industrial. Entre aqueles merecen destacarse James Watt e Matthew Boulton, William Murdoch e Joseph Priestly, enxeñeiros, físicos, industriais e filósofos que coas súas invencións, desenvolvementos mecánicos e nova visión deron pulo a unha nova época. Reuníanse nunha curiosa tertulia que bautizaron coma Sociedade Lunar.

A partir de 1750 a poboación triplicouse ata 1800 e case decuplicouse no século XIX (24.000,74.000,600.000h respect.). As industrias, sobre todo metalúrxicas, empregaban a toda esa masa traballadora e a cidade recibiu alcumes coma "o taller do mundo" ou "a cidade dos mil negocios".

Cidades irmásEditar

Birmingham está irmandada coas seguintes cidades[1]:

NotasEditar

  1. Partner Cities Arquivado 04 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Birmingham.gov.uk

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar

OficialEditar

FotografíasEditar