Leipzig

Coordenadas: 51°20′N 12°23′L / 51.333, -12.383

Leipzig (Leipzig.ogg son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².

Leipzig
Flag of Leipzig.svg
Coat of arms of Leipzig.svg
Leipzig Markt Grimmaische Strasse.jpg
Vista da cidade
Localización
Leipzig en Alemaña
Leipzig
Leipzig
PaísAlemaña Alemaña
EstadoSaxonia
DistritoDistrito urbano
Xeografía
Superficie297,60 km²
Demografía
Poboación531.582 hab. (2013)
Densidade1.800 hab/km²
Outros datos
Código postal04001-04357
AlcaldeBurkhard Jung (SPD)
Páxina oficial da Leipzig

Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.

A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.

O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.

Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Fráncfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.

En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.

División da cidadeEditar

Leipzig componse de 10 distritos (Stadtbezirk) con 63 barrios históricos.

Os seguintes distritos limitan coa cidade de Leipzig:

Krostitz Jesewitz
Schkeuditz Rackwitz Taucha
  Borsdorf Brandis
Markranstädt Markkleeberg Naunhof
Kitzen Zwenkau Großpösna

TransportesEditar

A cidade dispón desde 1917 de autobuses e tranvías que conectan todos os barrios da cidade entre si. Ademais, estase a construír un metro para certas liñas do tranvía. Leipzig ten tamén un tren suburbano que a conecta coas cidades e vilas próximas dun xeito rápido e efectivo. En 1915 inaugurouse a estación de ferrocarril da cidade, a cal aínda hoxe está en uso e conecta a Leipzig con todo o país. Os aeroportos máis próximos son:

Persoas destacadasEditar

 
Monumento a Leibniz.

Leipzig é o lugar de nacemento de moitas persoas destacadas, tales como o filósofo e científico Gottfried Wilhelm Leibniz (1646), o compositor Richard Wagner (1813), o historiador da arte Nikolaus Pevsner (1902), o tipógrafo Jan Tschichold (1902), o pintor Max Beckmann o o socialista Karl Liebknecht (1871).

Moitas outras personalidades traballaron durante gran parte da súa vida na cidade, tales como Johann Sebastian Bach, que morreu nella en 1750, e Felix Mendelssohn Bartholdy, o filósofo Friedrich Nietzsche, o premio nobel de física Werner Heisenberg, a política Angela Merkel ou o construtor de automóbiles August Horch.

Die Prinzen é un grupo de música famoso en todo o país, cuxos integrantes estudaron no Conservatorio Superior Felix Mendelssohn-Bartholdy. O grupo comezou a súa carreira musical a finais dos oitenta e foi un dos poucos "produtos" orixinarios da República Democrática Alemá que logrou manter a súa popularidade na Alemaña reunificada. Die Prinzen contan con 14 discos de ouro e 6 de platino (até 2001), entre outros moitos premios.

Till Lindemann, cantante da banda Rammstein, naceu tamén nesta localidade.

Desde outubro de 2010[1] o Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada[2] da Universidade de Leipzig conta cun lectorado de galego [3] e outro de catalán.

NotasEditar

  1. "Galicia Hoxe (20 de outubro de 2010): Abre un novo centro de estudos galegos en Alemaña". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  2. "Departamento de Translatoloxía e Lingüística Aplicada da Universidade de Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2007. Consultado o 16 de outubro de 2011. 
  3. "Blog do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
 
Berlín
 
Hamburgo
 
Múnic
1 Berlín Berlín 3 531 201 11 Leipzig Saxonia 531 809
2 Hamburgo Hamburgo 1 810 698 12 Dresden Saxonia 529 781
3 Múnic Baviera 1 378 176 13 Hannover Baixa Saxonia 525 875
4 Colonia Renania do Norte-Westfalia 1 017 155 14 Nürnberg Baviera 510 602
5 Frankfurt Hessen 691 518 15 Duisburgo Renania do Norte-Westfalia 488 005
6 Stuttgart Baden-Württemberg 613 392 16 Bochum Renania do Norte-Westfalia 373 976
7 Düsseldorf Renania do Norte-Westfalia 592 393 17 Wuppertal Renania do Norte-Westfalia 349 470
8 Dortmund Renania do Norte-Westfalia 580 956 18 Bonn Renania do Norte-Westfalia 327 913
9 Essen Renania do Norte-Westfalia 573 468 19 Bielefeld Renania do Norte-Westfalia 323 395
10 Bremen Bremen 548 319 20 Mannheim Baden-Württemberg 314 931
Datos do censo de 2011

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.