Angela Merkel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
Angela Dorothea Merkel, nada en Hamburgo o 17 de xullo de 1954, é unha política alemá, que ocupou o cargo de chanceleresa de Alemaña entre 2005 e 2021. Dirixiu unha coalición formada polo seu partido, a CDU (Unión Democrática Cristiá), e a CSU (Unión Social Cristiá), xunto co SPD (Partido Socialdemócrata de Alemaña).
Traxectoria
editarInicios
editarAngela naceu en Hamburgo, Alemaña, co nome de Angela Dorothea Kasner. Era filla de Horst Kasner, sacerdote luterano, e da súa muller Herlind, profesora. En 1954, a familia mudou para Templin. Merkel criouse no campo, a apenas oitenta quilómetros de Berlín, dentro de Alemaña Oriental.
Estudou física na Universidade de Leipzig dende 1973 ata 1978. Traballou dende entón ata 1990 no Instituto Central de Física-Química da Academia das Ciencias, graduándose cun doutoramento en física e traballando en química cuántica. Obtivo un sobresaínte pola súa tese titulada [1] Nesa época na RDA formou parte da CDU de Alemaña Oriental.
En 1989, trala caída do Muro de Berlín, formou parte do partido Demokratischer Aufbruch, co que se converteu en deputada voceira. Despois da reunificación alemá, foi elixida parlamentaria. Co goberno de Helmut Kohl foi ministra de Mulleres e Xuventude. En 1994, fíxose ministra de Medio Ambiente, o que supuxo o inicio da súa vistosa carreira política.
Estivo casada dende 1977 ata 1982 con Ulrich Merkel. Divorciaron e casou outra vez en 1998 con Joachim Sauer.[2]
Líder da oposición
editarTrala derrota electoral do goberno de Kohl en 1998, Angela Merkel fíxose secretaria xeral da CDU. Xa en 1999, o seu partido comezou a superar o SPD, pero xurdiron algúns problemas: houbo un escándalo que afectou o propio Kohl e a Wolfgang Schäuble, o líder da CDU. A raíz disto, Angela foi elixida para substituír a Schäuble.
Isto non agradou a moitos sectores do partido: ela era protestante, muller (a primeira en ser escollida) e procedía da Alemaña Oriental. Por iso, nas eleccións de 2002, o verdadeiro candidato do seu partido foi Edmund Stoiber, líder da CSU, que as perdeu contra Gerhard Schröder.
Dende 2002 ata 2005 foi gañando pouco en pouco apoios tanto no seu partido coma na sociedade alemá. Apoiou os Estados Unidos na Guerra de Iraq e propuxo reformas para face-la industria alemá máis competitiva.
Xefa do Goberno
editarEn 2005, foi escollida candidata polo seu partido e gañou as eleccións alemás por unha estreita marxe de votos. Isto provocou que tivese que facer unha coalición co partido de esquerdas SPD, a raíz da cal converteuse na chanceleresa ou xefa de goberno de Alemaña.
Predecesor: Gerhard Schröder |
Chanceler da República Federal Alemá 2005 - 2021 |
Sucesor: Olaf Scholz |
Notas
editar- ↑ "Tese Doutoral de Angela Merkel ; PDF". Scribd (en alemán). Consultado o 2022-04-08.
- ↑ Daxton, Cole (2019-04-13). "Angela Merkel Biography Facts Untold Biography". Childhood Biography -. Consultado o 2022-04-09.[Ligazón morta]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Angela Merkel |