Abrir o menú principal

José Sócrates Carvalho Pinto de Sousa, nado en Vilar de Maçada (Alijó) o 6 de setembro de 1957, é un político portugués, secretario xeral do Partido Socialista e primeiro ministro de Portugal dende o 12 de marzo do 2005, cando herdou o cargo de Pedro Santana Lopes ata o marzo/xuño de 2011, cando foi substituído por Pedro Passos Coelho. José Sócrates é membro do Partido Socialista dende 1981 e membro da Asemblea da República dende 1987. En 1995, formou parte do primeiro goberno de António Guterres como secretario de estado do ambiente e dous anos despois, Sócrates foi nomeado ministro de xuventude e deportes, sendo así un dos organizadores da Eurocopa 2004 en Portugal. Entre 1999 e 2001 foi ministro de ambiente do goberno de Guterres. Trala dimisión de Ferro Rodrigues como líder do partido no 2004, Sócrates gañou as eleccións cun 80% do apoio do partido.

José Sócrates
Josesocrates2006.jpg
Datos persoais
Nacemento6 de setembro de 1957
 Vilar de Maçada
OrganizaciónPartido Socialista
Alma máterInstituto Superior de Engenharia de Coimbra, Instituto de Estudos Políticos de París, Universidade de Lisboa e Universidade Técnica de Lisboa
ProfesiónEnxeñeiro civil
Jose Socrates signature.svg
editar datos en Wikidata ]

En 2009 conseguiu unha vitoria nas eleccións lexislativas, se ben perdeu unha parte importante de votos e de escanos.

O 23 de marzo de 2011 presentou a súa dimisión, logo de que o seu plan económico fose rexeitado por todos os demais partidos do Parlamento portugués, onde o PS non tiña a maioría absoluta.


Predecesor:
Pedro Santana Lopes
 Flag of the Prime Minister of Portugal.svg
Primeiro Ministro de Portugal
 
2005 - 2011
Sucesor:
Pedro Passos Coelho