Mannheim
Mannheim é unha cidade de Alemaña. Con 305.780 habitantes é a segunda cidade máis grande no Estado de Baden-Württemberg despois da capital Stuttgart. Atópase na confluencia dos ríos Rin e Neckar, ao nordeste de Baden-Württemberg. O Rin separa Mannheim da vila adxacente de Lugwigshafen en Renania-Palatinado. Tamén se atopa ao norte da cidade a fronteira co estado de Hessen. Mannheim é a cidade máis grande da área do Rin-Neckar, unha área metropolitana con 2.4 millóns de habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Karlsruhe | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Feudenheim (en) Friedrichsfeld (en) Innenstadt/Jungbusch (en) Käfertal (en) Lindenhof (en) Neckarau (en) Neckarstadt-Ost (en) Neckarstadt-West (en) Neuostheim/Neuhermsheim (en) Rheinau Sandhofen Schwetzingerstadt/Oststadt (en) Schönau (en) Seckenheim (en) Vogelstang (en) Waldhof (en) Wallstadt (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 316.877 (2023) (2.185,81 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 144,97 km² | ||||
Bañado por | Río Rin e Río Neckar | ||||
Altitude | 97 m-104 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Lord mayor of Mannheim (en) | Christian Specht (2023–) | ||||
Membro de | International Association for Sports and Leisure Facilities (en) Kommunalverband für Jugend und Soziales Baden-Württemberg (en) Alcaldes pola Paz (1990–) Aliança Climática (pt) (2011–) Rede de cidades creativas (2014–) Kommunale Informationsverarbeitung Baden-Franken (en) (–2018) Zweckverband 4IT (en) (2018–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 68159, 68161, 68163, 68165, 68167, 68169, 68199, 68219, 68229, 68239, 68259, 68305, 68307 e 68309 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0621 | ||||
Código NUTS | DE126 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 082220000000 | ||||
Número de municipio alemán | 08222000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | mannheim.de | ||||
Mannheim é inusitada entre as cidades da área central alemá, xa que está urbanizada en cuadrícula, ao igual que moitas das cidade de América do Norte. A principal vía a través das mazás urbanas conduce a un enorme pazo do século XVIII. Esta antiga residencia dos Electores do Palatinado acolle a día de hoxe a Universidade de Mannheim.
O símbolo da cidade é a Wasserturm (a Torre da Auga), localizada preto da zona centro da cidade, cara ao leste desta. Mannheim é o comezo e o final da Bertha Benz Memorial Route[1].
Historia
editarA vila de Mannheim (casa do Home) noméase por primeira vez en 766 no mosteiro Lorsch. Durante séculos foi unha vila de pescadores sen gran relevancia. En 1284 foi adxudicada aos condes de Palatinado da casa dos Wittelsbach. De importancia local era o castelo aduaneiro construído en 1349 na zona hoxe denominada "Lindenhof" que gravaba impostos sobre a navegación en augas do Rin. En 1415, alí pasou o período de cativerio o papa destronado Xoán XXIII, por orde do emperador Sexismundo. Anos despois, en 1462, a raíz da vitoria na batalla de Seckenberg sobre os exércitos unidos dos condes de Württemberg, o conde de Baden e o bispo de Metz, o príncipe elector (Kurfürst) Friedrich von der Pfalz, estabelecen as bases para a hexemonía da súa casa na parte media do alto Rin.
En 1566, Mannheim conta xa con aproximadamente 700 habitantes e é un dos meirandes asentamentos da rexión. En 1606, Friedrich IV von der Pfalz inaugura as obras para a fortaleza de Friedrichsburg. A planificación dunha rede de rúas en cuadrícula para a cidade de Mannheim unida á fortaleza conservouse até hoxe en día e é a base das mazás rectangulares do casco antigo, aínda que inseridas nunha antiga fortificación que ten forma de ferradura, co que sería máis frecuente atopar nunha cidade con plano radioconcéntrico. Constitúe talvez o único exemplo de plano urbano ortogonal de Alemaña e asemade un dos primeiros deseños dunha cidade planificada no país, gañando ano seguinte a condición de cidade.
Entre 1618 e 1648, Mannheim é varias veces ocupada e devastada durante a guerra dos Trinta Anos. Despois da guerra en 1652 Karl Ludwig von der Pfalz amplía os privilexios da cidade a fin de favorecer a súa reconstrución. Non obstante, xa en 1689, durante as guerras da sucesión polo trono da "Pfalz", as tropas francesas destrúen a cidade novamente. En 1692, algúns cidadáns, ao seu regreso, fundan na parte dereita do Neckar "Neu-Mannheim" (Novo Mannheim) que é destruído en gran parte durante un incendio en 1697. O príncipe Johann Wilhelm afouta á reconstrución ampliando de novo os privilexios da cidade para atraer a novos cidadáns.
En 1709, únense a fortaleza Friedrichsburg e a cidade de Mannheim, e en 1720 Karl Philipp traslada a súa corte de Heidelberg a Mannheim e comeza a construción do palacio (terminado en 1760). Así, Mannheim muda nunha cidade residencial da corte. Comeza a curta época dourada da nova cidade. A corte favorece a arte, a música, a ciencia e o comercio. Desde toda Europa veñen talentos pasar estadías na corte. No cadrado N1 no "Paradeplatz" (praza do desfile) comézase coa construción duns grandes almacéns segundo os planos do arquitecto italiano Alessandro Galli da Bibiena, que rematan en 1747. Ademais, colócase a primeira pedra para a igrexa dos Xesuítas (a maior igrexa barroca do alto Rin), e en 1763 o príncipe Karl Theodor funda a Academia das Ciencias.
En 1774 Christian Mayer ocupa o novo observatorio. Johann Wolfgang von Goethe, Friedrich Schiller, Wolfgang Amadeus Mozart e Gotthold Ephraim Lessing pasan un tempo en Mannheim que por entón tiña 25.000 habitantes. En 1778, para poder conseguir unha herdanza en Baviera, Karl Theodor ten que mudar a súa residencia a Múnic. Para compensar a perda da corte mantense o teatro nacional en Mannheim. Con todo, comeza entón o declive cultural e científico.
Entre 1790 e 1794, regúlase e rectifícase o Neckar. En 1795, é ocupada de novo polas tropas francesas durante as guerras da coalición. Na reconquista por parte de tropas austríacas prodúcense graves danos causado polo lume dos disparos da artillaría. A partir de 1799 e até 1821 desmóntanse as instalacións da fortaleza. En 1803, durante unha reestruturación do territorio, adxudícase Mannheim a Baden.
En 1817, Karl Drais construíu en Mannheim a primeira bicicleta do mundo (aínda sen pedais). En 1828 ábrense as instalacións portuarias do porto franco e a partir de 1831 Mannheim é o punto final para o tráfico de barcos pesados no Rin. Con isto principia de novo un auxe económico da cidade que é unida en 1840 con Heidelberg coa primeira liña de ferrocarril da rexión, sendo en 1848 un dos centros da revolución alemá (Märzrevolution, revolución de marzo). O 27 de febreiro ten lugar en Mannheim a primeira asemblea popular de Baden. Tras a derrota da revolución en 1849 moitos dos revolucionarios son executados.
En 1861 a sede da Comisión Central para a Navegación do Rin trasládase a Mannheim e sete anos despois asínase a acta que leva o nome desta cidade e que contén os principios vixentes até hoxe. En 1865, fúndase en Mannheim a empresa "Badische Anilin und Soda Fabriken" máis coñecida coas súas iniciais "BASF" que se converteu até hoxe nunha das maiores empresas químicas do mundo En 1878 inaugúrase o antecesor do tranvía actual, o tranvía de cabalos (Pferdeeisenbahn).
En1886, Carl Benz patenta o seu "Vehículo propulsado por motor de gas" e realiza a primeira proba o 3 de xullo. O 5 de agosto a súa muller Bertha Benz fai o primeiro percorrido interurbano en coche cara a Pforzheim[1]. En 1895, a cidade compra a "Friesenheimer Insel", unha illa fluvial para construír alí o seu porto industrial. A cidade excede o limiar dos 100.000 habitantes. En 1900, inaugúrase a primeira parte do tranvía electrificado.
En 1918, tras o final da primeira guerra mundial e debido á ocupación francesa das zonas na beira esquerda do Rin, Mannheim convértese en cidade fronteiriza. Na cidade seguen a producirse importantes achados no sector do automobilismo e en 1921, a empresa "Heinrich Lanz AG." presenta o primeiro tractor con motor de petróleo. En 1925 o centro artístico organiza unha exposición "Neue Sachlichkeit" que dá nome a este estilo artístico dos anos 1920.
En 1933, os Nazis ocupan a administración da cidade aínda que quedaron en minoría co 35,5 % dos votos nas últimas eleccións celebradas, polo que en 1940, 2.000 xudeus de Mannheim son deportados ao campo de concentración de Gurs (Francia). Moitos deles serán transportados máis tarde aos campos do leste para seren asasinados alí. En 1945, tras a fin da segunda guerra mundial, Mannheim quedou destruído case por completo como consecuencia dos bombardeos dos aliados. O 28 de marzo prodúcese a primeira capitulación telefónica tras unha chamada das tropas americanas ao centro da cidade. Esta é tomada polas tropas aliadas o 29 de marzo. En 1967, Mannheim convértese en cidade universitaria.
Xeografía
editarMannheim atópase na parte norte do alto Rin, na desembocadura do río Neckar. O centro da cidade, en forma de ferradura, atópase preto da confluencia de ámbolos dous ríos.
Ao suroeste da vila áchase o palacio e, dende alí, a "Breite Strasse" ("Rúa Ancha") que atravesa a cidade para levar ao "Paradeplatz" (A Praza dos Desfiles). En paralelo a esta rúa principal hai outras serie de rúas que separan a cidade en mazás comunmente denominados "Cadrados" ("Quadrate"). A maior parte das rúas no centro da cidade non se identifica por nomes senón por unha combinación de letras e cifras. (Tódalas rúas teñen nomes pero adoitan ser descoñecidos até polos seus propios habitantes).
A denominación dos 144 cadrados segue o seguinte esquema:
- Partindo do palacio ás rúas á esquerda da "Breite Strasse" atribúenselles as letras A - K, e á dereita as letras L - U.
- Os números refírense á distancia cara á "Breite Strasse". Por tanto o cadrado G1 (a Praza do Mercado) atópase na sétima fila á beira da "Breite Strasse".
- A numeración das casas empeza na esquina máis próxima ao palacio nas letras A - K no sentido das agullas de reloxo e nas letras L-O en sentido contrario.
Aparentemente ao deseñar o sistema os arquitectos baseáronse na imaxe dunha fonte co palacio como fonte da auga subindo pola "Breite Strasse" e baixando en círculos por ambos os lados.
A cidade está dividida en 17 barrios, 6 centrais e 11 periféricos.
Economía
editarA cidade pertence á rexión Rin-Neckar-Selva de Oden e linda coa comarca de "Bergstrasse" (pertencendo a Hesse) ademais das cidades de Ludwigshafen do Rin e Frankenthal (ambos os pertencentes a Renania-Palatinado) dos que é soamente separado polo río Rin. Conxuntamente coas comunidades veciñas forma o espazo económico coñecido como o triángulo Rin-Neckar.
Mannheim é unha sede importante para a industria e conta cunha universidade. é cruzamento importante do tráfico cunha das maiores estacións e un grande porto interior de Europa (o segundo maior en 1980).
EvoBus, a división de autobuses e autocares de Daimler, ten a súa planta de produción principal de vehículos da marca Mercedes-Benz nesta cidade.
Demografía
editarEn 2001 contáronse as seguintes minorías importantes de estranxeiros:
Lugares de interese
editar- Nationaltheater (Teatro Nacional) para ópera, teatro e ballet.
- Reiss-Engelhorn-Museo da cidade de Mannheim.
- Museo arqueolóxico, para a conservación dos monumentos, as culturas non europeas e ciencias naturais.
- Museo municipal, da arte, da historia da arte e do música.
- Centro para a historia da arte e a cultura internacional.
- Antiga Casa do Concello.
- Centro Collini.
- Casa Dalberg.
- Palacio do principado.
- Torre de auga ("Wasserturm").
- Praza do mercado.
- Praza do desfile ("Paradeplatz").
- Luisenpark ("Parque de Luise").
Sociedade
editarMannheim é o centro e a antiga sede residencial da "Kurpfalz" (Electorado de Palatinado).
Na historia máis recente a perda de postos de traballo na industria caracteriza a cidade de Mannheim que tenta aliviar a situación coa construción de novos parques industriais, de comercio e de administración.
Nos últimos anos Mannheim coñécese pola súa importancia na produción musical e entre os seus habitantes hai diversos músicos que subiron nos charts alemáns.
Acontecementos
editar- Febreiro: Procesión de Entroido.
- Abril: Time Warp.
- Abril/maio: Feira de maio e festa de maio.
- Xullo: Festa da noite de verán no Luisenpark e festas municipais.
- Setembro/outubro: Festa de outubro.
- Novembro/decembro: Dous mercados do Nadal.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mannheim |
Ligazóns externas
editar- Páxina Web Oficial (en alemán)