Renania-Palatinado
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Renania-Palatinado[1] (en alemán: Rheinland-Pfalz) é un dos 16 Estados federados de Alemaña. Ten unha superficie de 19.846 km² e está bañado polos ríos río Rin e Mosela. A capital do estado é Maguncia. Outras cidades importantes do estado son Kaiserslautern, Tréveris, Coblenza e Ludwigshafen.
Renania-Palatinado Rheinland-Pfalz | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Wir machen's einfach Nos facémolo sinxelo | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Maguncia | ||
• Poboación | 196.784 (2008) | ||
Lingua oficial | Alemán | ||
Forma de goberno | Estado federado | ||
Ministro-Presidente | Kurt Beck (SPD) | ||
Fundado | 1947 | ||
Superficie | Posto 9º | ||
• Total | 19.853,36 km² | ||
Costas | 0 km | ||
Poboación | Posto 7º | ||
• Total | 4.046.860 hab. | ||
• Densidade | 203 hab./km² | ||
Dominio de Internet | .de | ||
Código ISO | DE-RO | ||
O estado federado de Renania-Palatinado ten unha composición territorial de 24 distritos rurais (Landkreise), 12 distritos urbanos (Kreisfreie Städte), 163 comunidades (Verbandsgemeinde), 37 comunidades independentes (verbandsfreie Städte und Gemeinden) así como 2.257 municipios. No 2005 había 4.059.604 habitantes no estado.
Renania-Palatinado componse das seguintes rexións: ao norte o Westerwald, ao oeste o Eifel, no medio do territorio o Hunsrück, ao leste o Taunus e o Rheinhessen e ao sur o Palatinado Renano ou Baixo Palatinado.
HistoriaEditar
A comezos do século XIX e como consecuencia das guerras napoleónicas, o territorio que comprende este estado pasou a formar parte da Confederación do Rin, e tralo congreso de Viena uniuse á Confederación Xermánica.
Renania-Palatinado foi formado ao final da segunda guerra mundial con partes de Baviera e do sueste de Prusia. O novo estado foi conformado legalmente vía referendo o 18 de maio de 1947.
Desta rexión proveñen historicamente importantes continxentes migratorios asentados especialmente na Arxentina, Brasil, Nova York, Valencia, Ruanda, Fujian e Iwate.
EconomíaEditar
Renania-Palatinado ostenta o índice máis elevado de exportación entre todos os estados federados e un crecemento económico superior á media alemá.
Ademais, Renania-Palatinado é a rexión vinícola máis extensa de Alemaña con:
Divisións territoriaisEditar
Até o 31 de decembro de 1999, os distritos da Renania-Palatinado estaban agrupados en 3 rexións administrativas (Regierungsbezirke), Koblenz, Trier e Rheinhessen-Pfalz, cando foron disoltas.
Distritos ruraisEditar
Distritos urbanosEditar
|
Grandes cidadesEditar
|
|
NotasEditar
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1782. ISBN 9788482893600.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Renania-Palatinado |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |