Palatinado renano
O Palatinado Renano (en alemán Rheinpfalz[1], ás veces chamado "Baixo Palatinado" ou Niederpfalz, en contraposición co "Alto Palatinado" ou Oberpfalz) era unha área xeográfica que abarcaba historicamente todo o territorio ao oeste do río Rin.
Epónimo | Eleitorado do Palatinato (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baden-Württemberg | ||||
Historia
editarO nome de Palatinado procede de Conde Palatino, un cargo do Sacro Imperio Romano Xermánico que tiña ao seu cargo varios castelos onde o Emperador do Sacro Imperio aloxábase nas súas viaxes.
O Baixo Palatinado foi gobernado polos condes da dinastía Wittelsbach desde 1214 até 1803, cando foi repartido entre o Electorado de Baviera e o Electorado de Baden.
Esta zona foi devastada durante a Guerra dos Trinta Anos, e pola invasión Francesa en 1689.
En 1815 gran parte do Baixo Palatinado foi anexionado a Prusia, formando parte da provincia Gran Ducado do Baixo Rin.
O Alto Palatinado e o Baixo Palatinado
editarO Alto Palatinado, de maior tamaño, está situado en Baviera, a 300 km do anterior, ao norte do río Danubio, e é un distrito do Land de Baviera, sen ter contacto co anterior. Nel están as cidades de Ratisbona e Amberg (capital administrativa da Franconia Media).
O Baixo Palatinado na actualidade forma parte, desde 1946, do Land alemán de Renania-Palatinado e nel encóntranse as cidades de Ludwigshafen, Kaiserslautern, Neustadt an der Weinstraße, Pirmasens, Rodalben, Zweibrücken, Landau in der Pfalz e Espira.
Notas
editar- ↑ "Rhenish Palatinate - Encyclopedia Volume - Catholic Encyclopedia - Catholic Online". Catholic Online. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palatinado renano |