Ratisbona
Ratisbona[1] (en alemán: Regensburg, en bávaro Rengschburg) é unha cidade alemá, situada no Land de Baviera. A cidade está na confluencia entre os ríos Danubio e Regen e é a capital tanto do distrito do Alto Palatinado (Oberpfalz en alemán) como do Landkreis de Regensburg.
Ratisbona | |||
---|---|---|---|
Regensburg | |||
| |||
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | Baviera | ||
Rexión | Alto Palatinado | ||
Xeografía | |||
Altitude | 326 msnm | ||
Superficie | 80´76 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 150.894 hab. (31 de decembro de 2017) | ||
Densidade | 1.900 | ||
Outros datos | |||
Código postal | 93047, 93049, 93051, 93053, 93055 e 93057 | ||
Alcalde | Hans Schaidinger (CSU) | ||
www.regensburg.de |
A cidade, con 143.400 habitantes (dec. 2006) é, despois de Múnic, Nuremberg e Augsbourg, a cuarta maior cidade de Baviera. Desde o 13 de xullo de 2006, a cidade vella de Ratisbona forma parte da Patrimonio da Humanidade da UNESCO. É sede dun bispado católico. Ratisbona está situada a 88 km de Nuremberg e a 103 km de Múnic.
Clima Editar
Ratisbona ten clima continental. Os meses máis cálidos son xuño e agosto con medias de temperaturas que oscilan de 16,2 °C a 18 °C. Os meses máis fríos corresponden a decembro e febreiro con -0,9 °C e -2,7 °C como medias respectivas. Aos meses de xuño e agosto corresponden as precipitacións máis baixas con 74 e 93 mm; marzo e novembro son os meses máis chuviosos, con 33 e 39 mm.
Historia Editar
Centro histórico de Ratisbona e Stadtamhof | |
---|---|
Ratisbona: Ponte sobre o Danubio e catedral ao fondo | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Alemaña |
Localización | 49°01′00″N 12°05′00″L / 49.01667, -12.08333 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, IV |
Inscrición | 2006 (30ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1155 |
Sobre un asentamento céltico (Ratisbona), os romanos fundaron no 179 d.C. un campamento nas beiras do río Regen, ao que denominaron Castro Regina (é dicir, castro sobre o río Regen). As fontes francas confirman a asistencia de bispos de Galiza ao sínodo de Ratisbona no ano 782. Durante a época merovinxia, a cidade foi residencia dos duques de Baviera. Acadaría o seu cénit político e económico nos séculos XII e XIII, por atoparse nunha encrucillada de camiños centroeuropeos importantes. Dese período datan os grande monumentos da cidade, como a Steinerne Brücke (unha ponte de pedra de 310 m de longo, sobre o Danubio, erguido entre 1135 e 1146), a catedral gótica (consagrada en 1276), a Altes Rathaus (Antiga Casa do Concello).
En 1245 o emperador Frederico II concedeu a Ratisbona o rango de Cidade Libre Imperial ("Freie Reichsstadt"), o que lle confería certa autonomía política. Nos séculos seguintes, a importancia da cidade revélase no feito de ter sido numerosas veces, sede das reunións da Dieta imperial (Reichstage). Así na celebrada en 1541, tentouse buscar un acordo entre reformados e católicos; a ela asistiran Felipe Melanchton e Bucero. No ano seguinte, Ratisbona uniuse oficialmente á Igrexa reformada, aínda que subsistiu o bispado católico. En 1663 converteuse na sede permanente da Dieta.
O feito de non estar apenas industrializada durante a segunda guerra mundial, librouna de grandes bombardeos aliados que si afectaron a outras cidades aínda que si que foi bombardeada en dúas ocasións, conservando case intacta a zona antiga medieval. A maior perda destes bombardeos foi a igrexa románica de Obermünster que nunca foi reconstruída. Ademais a recuperación económica non foi visible ata finais dos 60 e daquela escolleuse preservar os edificios antigo e non construír novos no seu lugar.
Cidades irmandadas Editar
- Aberdeen (1955)
- Bressanone (1969)
- Clermont-Ferrand (1969)
- Odesa (1980)
- Plzeň (1993)
- Tempe (1981)
Notas Editar
- ↑ Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1752. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Website da cidade (en alemán)