Abrir o menú principal

Augsburgo

cidade de Alemaña

Coordenadas: 48°22′N 10°54′L / 48.367, -10.900

Augsburgo
Augsburg
Augsburg wappen.png
Augsburg Perlach Rathaus Moritzkirche.jpg
Vista da casa do concello e dos edificios históricos da cidade
Localización
Augsburgo en Alemaña
Augsburgo
Augsburgo
PaísAlemaña Alemaña
EstadoBaviera
RegierungsbezirkSuabia
DistritoDistrito urbano
Xeografía
Altitude495 msnm
Superficie146,93 km²
Demografía
Poboación272.699 hab. (2012)
Densidade1.900 hab/km²
Outros datos
Código postal86150–86199
AlcaldeKurt Gribl (USCB)
Páxina oficial de Augsburgo

Augsburgo[1][2] (en alemán: Augsburg; en latín: Augusta Vindelicorum) é unha cidade no sur do estado alemán da Baviera, Alemaña situada na confluencia dos ríos Wertach e Lech e capital e sede de administración da Suabia. Ten 276.193 habitantes (2004) dese modo é a terceira maior cidade da Baviera, despois de Múnic e Nuremberg.

Augsburgo é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).

HistoriaEditar

 
Basílica St. Ulrich und Afra

A cidade foi fundada en 15 a.C. no reinado do emperador romano Augusto, como colonia co nome de Augusta Vindelicorum. Foi tomada polos hunos o século V, por Carlos Magno o século VIII, e por Welf de Baviera o século XI. No ano 1276 converteuse en Cidade Libre do Sacro Imperio Romano-Xermánico e foi a base dende a que operaba a familia de banqueiros Fugger. Carlos V xuntou nela varias dietas, a máis famosa delas, a Dieta de 1530 na que os protestantes presentaron a Confesión de Augsburgo. Medrou sempre en importancia e prosperidade, excepto durante a Guerra dos Trinta Anos e durante a Segunda Guerra Mundial. Foi tamén o berce dun dos primeiros xornais impresos, o "Relation oder Zeitung", en 1609 o mesmo ano, foi creado o xornal "Ordinarii Avisa" en Estrasburgo.

En 1686 a cidade foi a sede da Liga de Augsburgo, coalición de boa parte dos estados de Europa contra Luís XIV de Francia. En 1805, Augsburgo perdeu a súa independencia, pasando a formar parte do reino de Baviera. Na Segunda Guerra Mundial a cidade foi moi danada polos bombardeos dos norteamericanos. Foi escenario das probas de canoa dos Xogos Olímpicos de 1972.

NotasEditar

  1. Ver entradas «Ruswick, paz de» e «Reforma». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). pp. 1770 e 1846. ISBN 9788482893600. 
  2. Outros exemplos de uso en: Max Weber (2006). USC, ed. A ética protestante e o "espírito" do capitalismo. Clásicos do pensamento universal 9. Traducido por Xosé Manuel García. ISBN 9788497506137. ; Xosé Carlos Caneiro (1997). Xerais de Galicia, ed. Un xogo de apócrifos. ISBN 9788483021293. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.