Abrir o menú principal

Carlomagno

foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e tamén o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano
(Redirixido desde "Carlos Magno")

Carlomagno, ou Carlos, o Grande, ou mesmo Carlos I nas listaxes reais de Francia e Alemaña, nado o 2 de abril do 747[1] e finado o 28 de xaneiro do ano 814, foi sucesivamente rei dos francos (de 771 a 814), rei dos longobardos (a partir de 774), e tamén o primeiro emperador do Sacro Imperio Romano (coroado o 25 de decembro do ano 800), restaurando así o antigo Imperio Romano de Occidente.

Carlomagno
Rei dos francos e dos lombardos
Emperador de Occidente
Louis-Félix Amiel - Charlemagne empereur d'Occident (742-814).jpg
Charlemagne empereur d'Occident, por Louis-Félix Amiel (1839). Museo da Historia de Francia.
Emperador de Occidente
25 de decembro de 800
28 de xaneiro de 814
Rei dos francos
9 de outubro de 768-28 de xaneiro de 814
PredecesorPipino III
SucesorLudovico Pío

Coroación25 de decembro do 800 polo papa León III en Roma
Nacemento2 de abril de 747 [1]
¿Herstal?
Falecemento28 de xaneiro de 814 67 anos
Aquisgrán
SepulturaCatedral de Aquisgrán
PredecesorPipino III
SucesorLudovico Pío
DescendenciaVéxase Descendentes
ProxenitoresPipino III
Bertrada de Laon

Karldergrossesignatur.svg

TraxectoriaEditar

Orixe e liñaxeEditar

 
Carlomagno

Carlomagno foi o fillo máis vello de Pipino o Breve, que foi o primeiro rei carolinxio dos francos, e de Berta de Laon. Foi irmán de Lady Berta, mai de Rolando, marqués da Bretaña.

Pipino o Breve apoderouse do monopolio da cuñaxe da moeda, decidindo sobre a actividade das casas de cuñaxe, o peso das moedas, o seu valor e os caracteres representados. A cuñaxe de moeda na Europa foi, pois, reiniciada con Pipino, o Breve, que recuperou o sistema utilizado polos antigos gregos e romanos e mantido no Imperio Romano de Occidente (1 libra = 20 solidi = 240 denarii). Coa morte de Pipino, o reino foi dividido entre Carlomagno e o seu irmán Carlomán (que gobernou a Austrasia).

Morte do irmán e conquista de SaxoniaEditar

Carlomán morreu o 5 de decembro de 771, deixando a Carlomagno como líder dun reino franco reunificado. Carlomagno estivo envolvido constantemente en batallas durante o seu reinado.

Conquistou a Saxonia no século VIII, un obxectivo que foi o soño inalcanzábel de Augusto. Foron necesarios máis de dezaoito batallas para que Carlomagno conseguise esta vitoria definitiva. A primeira foi a toma de Eresburgo, á que seguiu a corta da árbore sacra dos saxóns (Irminsul) Procedeu á conversión forzada ao catolicismo dos pobos conquistados, masacrando os que se recusaban a converterse. No 782 perpetrouse a matanza de Verden der Aller, unha execución en masa de campesiños saxóns rebeldes. A creación das dioceses de Maguncia e Colonia supón un pulo organizado á cristianización dos xermanos, a través dunha rede de bispados sufragáneos. Mediante a Lex saxonum busca unha síntese entre os dereito franco e os costumes saxóns.

Conquista do reino longobardoEditar

Dinastía Carolinxia
Pipínidas
Arnúlfidas
Carolinxios
Despois do Tratado de Verdún (843)

O rei Desiderio buscou neutralizar a influencia franca en Italia casando á súa filla con Carlomagno. Pero este non deixou por iso de acudir á petición de protección do Papa Hadrián I. Iniciou unha campaña no norte de Italia que culminou coa toma de Pavía. Desiderio renunciou ao seu trono que foi incorporado ao reino franco (774). Carlomagno proclámase rei dos francos e longobardos e asume a defensa dos nacentes estados pontificios.

Guerras contra os eslavosEditar

No leste, sucesivas vitorias fan tributarios a pobos eslavos como os wilzos, sorabos e checos. Así mesmo, suprime o ducado hereditario de Baviera. Tras os ataques dos avaros, emprende contra eles sucesivas campañas que supoñen a destrucción das súas fortalezas e o seu sometemento definitivo. A través do arcebispado de Salzburgo, procédese á evanxelización destes pobos.

A marca hispánicaEditar

Carlomagno realizou unha importante campaña alén dos Pireneos que supuxo a toma de Pamplona e o sitio de Zaragoza. Consolidou unha fronteira fronte aos árabes españois que sería a orixe do Condado de Barcelona e o Reino de Navarra en territorio vascón latinizado. Ao regreso, os vascos infrinxiron unha derrota ao exército franco na batalla de Roncesvales. Esta deu orixe á Chanson de Rolando. Esta expansión pola Península Ibérica tivo o seu eco no recoñecemento por parte do Occidente cristián do illado reino galaico-astur de Afonso II o Casto.

Coroado emperadorEditar

En 800, durante a misa de Nadal en Roma, o Papa León III coroou a Carlos Magno como emperador, título en desuso no occidente desde a abdicación de Rómulo Augústulo en 476 (aproveitando o feito de entón reinar no Oriente unha muller, a emperatriz Irene, o que era considerado un baleiro de poder significativo). Aínda que o título o axudase a afirmar a súa independencia en relación a Constantinopla, Carlomagno apenas o usou bastante máis tarde, xa que receaba ficar dependente, por outro lado, do poder papal.

Mediante o Tratado de Aquisgrán entre Carlomagno e o emperador de Bizancio Miguel I, aquel foi recoñecido como emperador a cambio de recoñecer o poder bizantino sobre Venecia e Dalmacia.

Sistema monetarioEditar

Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no soldo de ouro -procedemento seguido tamén polo rei Offa de Mercia-. Instituíu un novo patrón monetario a partir de unidades de medida como a libra e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o denier se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a libra inglesa (pound) valía 20 xelins (analogamente aos soldos de Carlomagno) ou 240 pence (de forma semellante aos deniers instituídos por este emperador).

Carlomagno aplicou este sistema a unha grande parte do continente europeo, mentres que o patrón de Offa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio inglés.

Organización do ImperioEditar

Organízase a corte imperial, o tribunal palatino e a chancelería. Consolídase a administración condal e as súas asembleas de homes libres baixo a supervisión dos Missi Domici ou enviados do emperador. Dirixe a casa real o camarlengo. O emperador ten plena potestade para chamar ás armas e impartir xustiza e presidir sínodos eclesiásticos e nomea bispos e abades. Funda a Schola Palatina a onde trae sabios de toda Europa. Pon ao fronte da mesma ao eclesiástico Alcuino de York que da pulos a un renacemento cultural. O emperador impulsa tamén o labor formativo e caritativo dos mosteiros.

Manifestación da nova orde imperial é a arte carolinxia inspirada na arte bizantina Italiana (capela palatina de Aquisgrán).

Políticas e logrosEditar

Carlomagno ampliou os reinos francos para convertelos no imperio franco que incluíu gran parte de Europa occidental e central. Durante o seu mandato, conquistou Italia e foi coroado Imperator Augustus por León III o 25 de decembro de 800, feito que o converteu temporalmente en rival directo do emperador bizantino en Constantinopla.

O seu goberno asóciase co Rexurdimento carolinxio, un rexurdimento das artes, o sentimento relixioso, e a cultura grazas ao traballo da igrexa católica[Cómpre referencia].

Por medio das súas conquistas exteriores e as reformas internas, contribuíu a definir o que logo sería a Europa occidental.

DescendentesEditar

 
Carlos Martel, sarcófago
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Ansegisel
 
 
 
 
 
 
 
8. Pipino de Herstal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Bega
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos Martel
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Alpaida
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Rotrude
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Caribert de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
13. Bertrada de Prüm
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Até mediados do século, considerábase que Carlomagno nacera o 2 de abril do 742, mais varias razóns levaron a reconsiderar a veracidade da data tradicional. En primeiro lugar, o ano de 742 foi calculado a partir da idade que lle era atribuída na altura da súa morte, e non a partir directamente de documentos históricos. En segundo lugar, 742 precede o casamento dos seus pais (en 744) – e non hai ningunha referencia a que Carlomagno fose fillo ilexítimo, o que, ademais, imposibilitaría que este fose designado o seu herdeiro. Nos Annales Petarienses indícase que o seu nacemento tería ocorrido o 2 de abril de 747 – día de Pascua, nese ano. Como o nacemento dun emperador, na Pascua, provocaría, sen dúbida, comentarios dos cronistas da época – e como eses comentarios non existen en lado ningún, sospéitase que a atribución sexa unha ficción piadosa, coa única intención de honrar o emperador. Outros historiadores, ponderando as fontes históricas, suxiren que o seu nacemento teña ocorrido un ano máis tarde, en 748. Actualmente non é posíbel, por tanto, indicar con precisión a data de nacemento de Carlomagno. Os mellores historiadores inclúen, certamente, o 2 de abril de 747, despois, o 15 de abril de 747 ou, talvez, o 2 de abril de 748.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Sigurd Abel, Bernhard Simson: Jahrbücher des Fränkischen Reiches unter Karl dem Großen. Bd. 1. Leipzig 1888 (2. Auflage, bearbeitet von Simson), Bd. 2. Leipzig 1883; ND Berlin 1969.
  • Matthias Becher et al.: Das Reich Karls des Großen. Theiss, Stuttgart 2011, ISBN 978-3-8062-2507-5.
  • Jörg W. Busch: Die Herrschaften der Karolinger 714–911. Oldenbourg, München 2011, ISBN 978-3-486-55779-4.
  • Johannes Fried: Der Weg in die Geschichte. Die Ursprünge Deutschlands bis 1024 (= Propyläen Geschichte Deutschlands. Bd. 1). Propyläen, Berlin 1994, ISBN 3-549-05811-X (originelle, teilweise von der Forschungsmeinung abweichende Darstellung).
  • Rosamond McKitterick (ed.): The New Cambridge Medieval History. Volume 2, c. 700–c. 900. Cambridge University Press, Cambridge 1995, ISBN 0-521-36292-X.
  • Pierre Riché: Die Karolinger. Eine Familie formt Europa. Reclam, Stuttgart 1999, ISBN 3-15-010463-7.
  • Rudolf Schieffer: Die Karolinger. 5., aktualisierte Auflage. Kohlhammer, Stuttgart 2014, ISBN 978-3-17-023383-6 (Standardwerk zur Geschichte der Karolinger).
  • Rudolf Schieffer: Die Zeit des karolingischen Großreichs (714–887) (= Handbuch der deutschen Geschichte. Bd. 2). 10., völlig neu bearbeitete Auflage. Klett-Cotta, Stuttgart 2005, ISBN 3-608-60002-7.
  • Rudolf Schieffer: Christianisierung und Reichsbildung. Europa 700–1200. C.H. Beck, München 2013, ISBN 978-3-406-65375-9.
  • Alessandro Barbero: Karl der Große. Vater Europas. Klett-Cotta, Stuttgart 2007, ISBN 978-3-608-94030-5
  • Matthias Becher: Karl der Große. 6., durchgesehene und aktualisierte Auflage, Beck, München 2014, ISBN 978-3-406-43320-7.
  • Roger Collins: Charlemagne. University of Toronto Press, Toronto 1998; Macmillan, Basingstoke 1998, ISBN 0-333-65054-9.
  • Jean Favier: Charlemagne. Fayard, Paris 1999, ISBN 2-213-60404-5.
  • Johannes Fried: Karl der Große. Gewalt und Glaube. Eine Biographie. 4. Auflage, Beck, München 2014, ISBN 978-3-406-65289-9.
  • Dieter Hägermann: Karl der Große. Herrscher des Abendlandes. Econ, Berlin 2000, ISBN 3-549-05826-8 (Recensións).
  • Wilfried Hartmann: Karl der Große. Kohlhammer, Stuttgart 2010, ISBN 978-3-17-018068-0 (Recensión).
  • Michael Imhof, Christoph Winterer: Karl der Große. Leben und Wirkung, Kunst und Architektur. Imhof, Petersberg 2013, ISBN 978-3-932526-61-9.
  • Rosamond McKitterick: Karl der Große (= Gestalten des Mittelalters und der Renaissance). Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt 2008 (englische Originalausgabe: Charlemagne. The Formation of a European Identity. Cambridge University Press, Cambridge/New York 2008); Rezension bei H-Soz-u-Kult sowie kritische Rezension in Concilium medii aevi 11 (2008))
  • Stefan Weinfurter: Karl der Große. Der heilige Barbar. 2. Auflage. Piper, München/Zürich 2013, ISBN 978-3-492-05582-6.
  • Deutsches Historisches Museum (ed.): Kaiser und Kalifen. Karl der Große und die Welt des Mittelmeers. Zabern, Darmstadt 2014, ISBN 978-3-8053-4774-7.
  • Matthias Becher: Das Kaisertum Karls des Großen zwischen Rückbesinnung und Neuerung. In: Hartmut Leppin, Bernd Schneidmüller, Stefan Weinfurter (ed.): Kaisertum im ersten Jahrtausend. Schnell & Steiner, Regensburg 2012, S. 251–270.
  • Peter Classen: Karl der Große, das Papsttum und Byzanz. Die Begründung des karolingischen Kaisertums. Herausgegeben von Horst Fuhrmann und Claudia Märtl (= Beiträge zur Geschichte und Quellenkunde des Mittelalters. Bd. 9). 2. Auflage. Thorbecke, Sigmaringen 1988, ISBN 3-7995-5709-1.
  • Rudolf Schieffer: Neues von der Kaiserkrönung Karls des Großen (Sitzungsbericht der bayerischen Akademie der Wissenschaften. Philologisch-historische Klasse 2004, 2). Verlag der Bayerischen Akademie der Wissenschaften, München 2004, ISBN 3-7696-1626-X.
  • Frank Pohle et al. (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Drei Bände im Schuber. Sandstein Verlag, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-094-9.
    • Peter van den Brink, Sarvenaz Ayooghi (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Karls Kunst. Katalog der Sonderausstellung Karls Kunst vom 20. Juni bis 21. September 2014 im Centre Charlemagne, Aachen. Sandstein, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-093-2.
    • Frank Pohle (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Orte der Macht. Katalog. Katalog der Sonderausstellung Orte der Macht vom 20. Juni bis 21. September 2014 im Krönungssaal des Aachener Rathauses. Sandstein, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-091-8.
    • Frank Pohle (ed.): Karl der Große – Charlemagne. Orte der Macht. Essays. Essayband zur Sonderausstellung Orte der Macht vom 20. Juni bis 21. September 2014 im Krönungssaal des Aachener Rathauses. Sandstein, Dresden 2014, ISBN 978-3-95498-092-5.
  • Wolfgang Braunfels et al. (ed.): Karl der Große. Lebenswerk und Nachleben. 4 Bände und Registerband. Düsseldorf 1965–1968.
  • Paul L. Butzer et al. (ed.): Karl der Große und sein Nachwirken. 1200 Jahre Kultur und Wissenschaft in Europa. 2 Bände. Brepols, Turnhout 1997, ISBN 2-503-50673-9.
  • Franz-Reiner Erkens (ed.): Karl der Große und das Erbe der Kulturen. Akten des 8. Symposiums des Mediävistenverbandes Leipzig 15.–18. März 1999. Akademie Verlag, Berlin 2001, ISBN 3-05-003581-1.
  • Johannes Fried et al. (ed.): 794 – Karl der Große in Frankfurt. Ein König bei der Arbeit. Ausstellung zum 1200-Jahre-Jubiläum der Stadt Frankfurt am Main. Thorbecke, Sigmaringen 1994, ISBN 3-7995-1204-7.
  • Peter Godman, Jörg Jarnut, Peter Johanek (ed.): Am Vorabend der Kaiserkrönung. Das Epos „Karolus Magnus et Leo Papa“ und der Papstbesuch von 799. Akademie Verlag, Berlin 2002, ISBN 3-05-003497-1.
  • Rolf Große, Michel Sot (ed.): Charlemagne. Les temps, les espaces, les hommes. Construction et déconstruction d'un règne. Brepols, Turnhout 2018, ISBN 2-503-57797-0.
  • August Heuser, Matthias Theodor Kloft (ed.): Karlsverehrung in Frankfurt am Main. Eine Ausstellung des Dommuseums Frankfurt und des Historischen Museums Frankfurt. Frankfurt 2000, ISBN 3-921606-41-1.
  • Christoph Stiegemann, Matthias Wemhoff (ed.): 799. Kunst und Kultur der Karolingerzeit. Karl der Große und Papst Leo III. in Paderborn. Katalog der Ausstellung in Paderborn 1999. 3 Bände. Philipp von Zabern, Mainz 1999, ISBN 3-8053-2456-1.
  • Joanna Story (ed.): Charlemagne. Empire and Society. Manchester University Press, Manchester 2005, ISBN 0-7190-7088-0.
  • Bernd Bastert (ed.): Karl der Große in den europäischen Literaturen des Mittelalters. Konstruktion eines Mythos. Niemeyer, Tübingen 2004, ISBN 3-484-64025-1.
  • Michael Borgolte: Carlo Magno e la sua collocazione nella storia globale. In: Quellen und Forschungen aus italienischen Archiven und Bibliotheken 93, 2013, S. 1–26 (online).
  • Wolfgang Braunfels et al. (ed.): Karl der Große. Lebenswerk und Nachleben, Bd. 4 Nachleben. Schwann, Düsseldorf 1967.
  • Franz-Reiner Erkens (ed.): Karl der Große in Renaissance und Moderne. Zur Rezeptionsgeschichte und Instrumentalisierung eines Herrscherbildes (Das Mittelalter. Perspektiven mediävistischer Forschung. Zeitschrift des Mediävistenverbandes 4, 1999, Heft 2). Akademie Verlag, Berlin 1999.
  • Franz Fuchs, Dorothea Klein (ed.): Karlsbilder in Kunst, Literatur und Wissenschaft. Akten eines interdisziplinären Symposions anläßlich des 1200. Todestages Karls des Großen (= Rezeptionskulturen in Literatur- und Mediengeschichte. Bd. 1). Königshausen & Neumann, Würzburg 2015, ISBN 3-8260-5558-6.
  • Thomas Kraus, Klaus Pabst (ed.): Karl der Große und sein Nachleben in Geschichte, Kunst und Literatur (= Rezeptionskulturen in Literatur und Mediengeschichte. Band 1). Königshausen & Neumann, Würzburg 2014.
  • Lieselotte-E. Saurma-Jeltsch: Karl der Große als vielberufener Vorfahr. Sein Bild in der Kunst der Fürsten, Kirchen und Städte (= Schriften des Historischen Museums. Bd. 19). Thorbecke, Sigmaringen 1994, ISBN 3-7995-1205-5.
  • Bernd Schneidmüller: Sehnsucht nach Karl dem Großen. Vom Nutzen eines toten Kaisers für die Nachgeborenen. Die politische Instrumentalisierung Karls des Großen im 19. und 20. Jahrhundert. In: Geschichte in Wissenschaft und Unterricht 51, 2000, S. 284–301.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar