Coordenadas: 36°40′N 116°59′L / 36.667, -116.983

Jinan (en chinés: 济南市) é unha importante cidade do leste da China, capital da provincia de Shandong. Situada na ribeira do río Amarelo no seu curso inferior, ascenden ao sur da urbe as estfibacións do sagrado Monte Tai. Conta cunha poboación de 6 814 000 habitantes (2010 censo prov.) para unha área municipal de 8177 km².

Jinan montage.png

Na actualidade un centro industrial e de transportes, ten unha longa historia que afunde as súas orixes nalgunha das culturas que conformaron a civilización chinesa (a neolítica cultura de Longshan). Coñecida dende o século VIII aC como Li-hsia, importante vila do estado de Chi, foi un senlleiro centro relixioso budista entre os séculos IV e VII da nosa era, mantendo despois (dinastías Sui, Tang, Song e Ming) un constante crecemento coma destacada capital comercial e administrativa.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.