Changsha
Coordenadas: 28°11′46″N 112°58′20″L / 28.19611, -112.97222
Changsha (en chinés simplificado: 长沙; pinyin: Chángshā; Tradución: “Longo areal”) é a capital e cidade máis poboada da provincia de Hunan, no centro sur de China. Está situada na beira leste do río Xiang, afluente do Yangzé, que flúe cen quilómetros ao norte. A municipalidade conta con 8 154 700 habitantes (2018) e unha superficie de 11.819 km2.

Antiga capital fortificada do estado de Chu, un dos Reinos combatentes (481-221 a.C.). Foi un importante centro comercial entre 750-1100 cando a súa poboación decuplicóuse. Cidade da primeira etapa na carreira de Mao Zedong, é hoxe un porto fluvial concorrido e nó de comunicacións así como centro industrial e cultural da rica rexión agrícola circundante.
Ligazóns externas Editar
- Páxina web oficial da cidade Arquivado 08 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en chinés)