Coordenadas: 57°28′18″N 4°13′31″O / 57.4717, -4.2254

Inverness ou Inbhir Nis en gaélico escocés é a única cidade da área municipal escocesa das Highlands.

Unha das pontes peonís sobre o Ness, en Inverness
Catedral de Santo André, na ribeira do río Ness

Localización e características editar

A cidade atópase na desembocadura do río Ness no estuario do Moray, e serve de punto de conexión entre diversos medios de transporte. Os primeiros estabelecementos humanos na zona datan do século VI aC, e a primeira carta póboa do século XIII. Preto dela tivo lugar a batalla de Culloden, no século XVIII.

A comezos do século XXI, Inverness ten unha poboación de 55.000 habitantes. Entre os múltiples eventos deportivos e culturais que acolle a cidade, destacan os Highland Games locais, así como os partidos do equipo de fútbol local, o Inverness Caledonian Thistle F.C., que xoga na liga escocesa de fútbol.

Cidades irmandadas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar