Baviera[1] (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte de Alemaña. A súa capital é Múnic.

Modelo:Xeografía políticaBaviera
Freistaat Bayern (de) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoBayernhymne Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aBávaros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 49°04′43″N 11°23′08″L / 49.0786, 11.3856Coordenadas: 49°04′43″N 11°23′08″L / 49.0786, 11.3856
EstadoAlemaña Editar o valor em Wikidata
CapitalMúnic Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.124.737 (2019) Editar o valor em Wikidata (186,03 hab./km²)
Lingua oficialHochdeutsch (pt) Traducir
Lingua bavaresa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie70.551 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2 % Editar o valor em Wikidata
Altitude503 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoZugspitze (2.962,06 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoKahl am Main (pt) Traducir (110 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de xaneiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Santo padrónSanta María Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoGovernment of Bavaria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Minister-President of Bavaria (en) Traducir Editar o valor em WikidataMarkus Söder (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoLandtag of Bavaria (en) Traducir , (Escano: 205) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialBavarian Constitutional Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Orzamento71.424.666.800 € (2023) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bayern (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2DE-BY Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDE2 Editar o valor em Wikidata
Clave de rexión en Alemaña09 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webbayern.de Editar o valor em Wikidata
Facebook: bayern Instagram: bayern.de LinkedIn: bayernde Youtube: UCfdT0WlvDerbcQ5E0CjJAZA Editar o valor em Wikidata
Bandeira civil de Baviera

Ata a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión prealpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no primeiro centro da tecnoloxía avanzada en Alemaña. Cómpre salienta-la tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co cume máis alto de Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e mailo Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald etc.

Existe gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salienta-los erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.

O traxe típico, o Jäger, vístese na actualidade durante a celebración das festividades populares, como a festa anual da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.

A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes bibliotecas de Europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A antiga división de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.

Xeografía editar

A Baviera partilla fronteira coa Austria (Estados da Alta Austria, Salzburgo, Tirol e Vorarlberg) no sueste, coa Chequia ao oeste e o Lago de Constanza a suroeste. No marco de Alemaña, rodéana os estados de Baden-Württemberg (ao oeste), Hessen (ao noroeste), Turinxia (ao norte), e Saxonia (ao nordés).

Atravésaa o Danubio (Donau en alemán) e mailo Main.

As outras grandes cidades bávaras son Nuremberg (491 000 habitantes), Augsburg (258 000), Würzburg (130 000), Regensburg (127 000), Ingolstadt (117 000), Fürth (111 000) e Erlangen (102 000) ou Bayreuth.

Administración política editar

A Baviera dispón actualmente dun parlamento unicameral (der Landtag), elixido por sufraxio universal. Ata decembro de 1999, existía tamén un senado (der Senat), formado por membros escollidos polos grupos socio-económicos da Baviera; porén esta institución foi abolida logo dun referendo que se realizou en 1998.

O goberno bávaro, coma os dos demais länder de Alemaña, é dirixido por un Ministro-Presidente (Ministerpräsident). Actualmente o Ministro-Presidente da Baviera é Günther Beckstein (elixido polos socialcristiáns da CSU), que foi o substituto de Edmund Stoiber, quen ocupou o cargo ata que se decidiu retirar. Dende 1962 a CSU (o partido-irmán da CDU na Baviera) goberna o estado con sucesivas maiorías absolutas.

División administrativa editar

A Baviera está dividida en 71 distritos (Kreis no singular, Kreise no plural) e 25 cidades independentes.

 
Mapa da Baviera mostrando os distritos e cidades independentes.

Distritos da Baviera:

  1. Aichach-Friedberg
  2. Altötting
  3. Amberg-Sulzbach
  4. Ansbach
  5. Aschaffenburg
  6. Augsburgo (Augsburg)
  7. Bad Kissingen
  8. Bad Tölz-Wolfratshausen
  9. Bamberg
  10. Bayreuth
  11. Berchtesgadener Land
  12. Chan
  13. Coburg
  14. Dachau
  15. Deggendorf
  16. Dillingen
  17. Dingolfing-Landau
  18. Donau-Ries
  19. Ebersberg
  20. Eichstätt
  21. Erding
  22. Erlangen-Höchstadt
  23. Forchheín
  24. Freising
  1. Freyung-Grafenau
  2. Fürstenfeldbruck
  3. Fürth
  4. Garmisch-Partenkirchen
  5. Günzburg
  6. Haßberge
  7. Hof
  8. Kelleim
  9. Kitcingen
  10. Kronach
  11. Kulmbach
  12. Landsberg
  13. Landshut
  14. Lauf an der Pegnitz
  15. Lichtenfels
  16. Lindau
  17. Main-Spessart
  18. Miesbach
  19. Miltenberg
  20. Mühldorf
  21. Múnic (München)
  22. Neuburg-Schrobeñausen
  23. Neumarkt
  24. Neustadt (Aisch)-Bad Windsheim
  25. Neustadt (Waldnaab)
  1. Neu-Uln
  2. Nürnberger Land
  3. Oberallgäu
  4. Ostallgäu
  5. Passau
  6. Pfaffenhofen
  7. Regen
  8. Ratisbona (Regensburg)
  9. Rhön-Grabfeld
  10. Rosenheim
  11. Roth
  12. Rottal-Inn
  13. Schwandorf
  14. Schweinfurt
  15. Starnberg
  16. Straubing-Bogen
  17. Tirschenreuth
  18. Traunstein
  19. Unterallgäu
  20. Weilheim-Schongau
  21. Weißenburg-Guncenhausen
  22. Wunsiedel
  23. Würzburg

Cidades independentes (Stadkreise), non pertencentes a distrito ningún:

  1. Amberg
  2. Ansbach
  3. Aschaffenburg
  4. Augsburgo (Augsburg)
  5. Bamberg
  6. Bayreuth
  7. Coburg
  8. Erlangen
  9. Fürth
  1. Hof
  2. Ingolstadt
  3. Kaufbeuren
  4. Kempten
  5. Landshut
  6. Memmingen
  7. Múnic (München)
  8. Nuremberg (Nürnberg)
  9. Passau
  1. Regensburg
  2. Rosenheim
  3. Schwabach
  4. Schweinfurt
  5. Straubing
  6. Weiden
  7. Würzburgo (Würzburg)

Os distritos mentados arriba agrúpanse en sete gobernos de distrito (Regierungsbezirke):

Historia editar

 
Wies

Artigo principal: Historia de Baviera

A familia Wittelsbach gobernou a Baviera ininterrompidamente, dende 1180 ata 1918. En 1806, o duque da Baviera foi feito rei, e en 1815, despois da desagregación do Imperio Napoleónico, o Palatinado do Rhin tornou parte do Reino da Baviera. Lois II de Baviera (1845 - 1886), que reinou de 1864 ata ao seu suicidio en 1886, é probablemente o máis coñecido monarca bávaro, sendo responsáble da construción de verdadeiros castelos de contos de fadas, destacando o coñecido castelo de Neuschwanstein.

Nos comezos do século XIX e por mor das Guerras Napoleónicas, Baviera uniuse á Confederación do Rin. Baviera foi aliada de Francia neste período e malia ter que cede-las súas posesións máis occidentais do río Rin, Napoleón Bonaparte procuroulle compensacións que acrecentaron considerablemente o seu territorio. En 1805 créase o reino de Baviera. Tralos desastres militares do emperador francés en 1813, Baviera torna as súas armas contra Francia. Despois da caída do Primeiro Imperio Francés, Baviera uniuse á Confederación Xermánica.

Aínda que favoreceu a creación da Unión Alfandegueira de Alemaña (Zollverein), Baviera resistiu as tentativas doutros estados alemáns para unha unificación nun único Imperio ata 1871, cando tivo que recuar ante Prusia, que resultara trunfante na guerra contra Francia do ano anterior. Deste xeito, o Reino de Baviera converteuse nun dos 25 estados do Imperio Alemán. Aínda así a Constitución de 1871 asegúralle en troques maior independencia có resto dos estados constituíntes. A monarquía foi abolida en 1918 tralo final da primeira guerra mundial. Despois da Revolución de Novembro de 1918, Baviera conformará a República Soviética de Baviera, que desaparecerá o 3 de maio de 1919.

Cando o NSDAP accede ao Goberno alemán en 1933, constrúen o seu primeiro campo de concentración en Baviera. Ademais, o país perde a súa independencia como estado. É en Múnic onde xorde o grupo Die Weiße Rose ('A Rosa Branca'), formado por estudantes universitarios e mailo seu profesor de filosofía, que ata 1943 en que son axustizados, desenvolveran unha campaña panfletaria contra o nazismo.

Na cidade bávara de Nüremberg tiveron lugar os xuízos de guerra posteriores á segunda guerra mundial. Co final da guerra o movemento nacionalista tentou conseguir o apoio dos Estados Unidos para un estado bávaro independente, mais finalmente obtiveron unha autonomía diferenciada coa constitución de Alemaña Occidental que neste "land" foi no único onde non foi aprobada.

Industria editar

A BMW (Bayerische Motoren-Werke, ou "Fábrica Bávara de Motores") e a Audi son empresas fundadas na Baviera e que a partir de aí controlan dous grandes emporios do mundo automobilístico.

Cultura editar

 
Castelo Schleissheim

Tódolos anos ten lugar o festival Oktoberfest, a maior festa da cervexa no mundo, celebrada dende 1811 que dura 16 días e comeza máis ou menos na metade de setembro e termina sempre no primeiro domingo de outubro.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bavarés.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar