Baixa Franconia
A Baixa Franconia (en alemán Unterfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Capital | Würzburg | ||||
Contén a división administrativa | Aschaffenburg Aschaffenburg (pt) Bad Kissingen (pt) Haßberge (pt) Kitzingen (pt) Main-Spessart (pt) Miltenberg (pt) Rhön-Grabfeld (pt) Schweinfurt (pt) Schweinfurt, Alemaña Würzburg Würzburgo (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.298.849 (2014) (152,25 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 8.530,99 km² | ||||
Altitude | 289 m | ||||
Punto máis alto | Dammersfeldkuppe (en) (927,9 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Eugen Ehmann (en) (2019–) | ||||
Membro de | |||||
Código NUTS | DE26 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 096 | ||||
Páxina web | unterfranken.de |
A súa capital administrativa é a cidade de Würzburg.[2]
A Baixa Franconia encóntrase ao noroeste do estado federado e limita ao sur con Baden-Württemberg, ao oeste con Hesse, ao leste coa Franconia Media e ao norte con Turinxia e a Alta Franconia.
As augas do río Main atravesan a Baixa Franconia, polo que a rexión recibe en ocasións o nome de Mainfranken (Franconia del Main).
Foi parte da rexión histórica de Franconia, xunto coa Franconia Media e a Alta Franconia, todas elas hoxe partes do Land de Baviera.
División administrativa
editarA rexión da Baixa Franconia está dividida en tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e nove distritos rurais (Landkreise):
Cidades-distrito
editarDistritos rurales
editarDivisión administrativa antes da reforma dos distritos
editarDesde finais da segunda guerra mundial até 1972 a organización territorial da rexión foi a seguinte:
Cidades-distrito
editarDistritos rurais
editar
|
|
Superficie e poboación das cidades e distritos
editarCidade ou Distrito | Poboación (2013) | Superficie (km2) | Comuniades | |||
---|---|---|---|---|---|---|
Aschaffenburg | 67 748 | 5,22 % | 62 | 0,7% | 1 | 0,3% |
Schweinfurt | 51 918 | 4,00 % | 36 | 0,4 % | 1 | 0,3 % |
Würzburg | 124 154 | 9,57 % | 88 | 1,0 % | 1 | 0,3 % |
Aschaffenburg (distrito) | 172 521 | 13,30 % | 699 | 8,2 % | 32 | 10,4 % |
Bad Kissingen (distrito) | 103 003 | 7,94 % | 1 137 | 13,3 % | 26 | 8,4 % |
Haßberge (distrito) | 84 136 | 6,49 % | 956 | 11,2 % | 26 | 8,4 % |
Kitzingen (distrito) | 88 025 | 6,79 % | 684 | 8,0 % | 31 | 10,1 % |
Main-Spessart | 126 458 | 9,75 % | 1 322 | 15,5 % | 40 | 13,0% |
Miltenberg (distrito) | 127 980 | 9,87 % | 716 | 8,4 % | 32 | 10,4 % |
Rhön-Grabfeld | 80 065 | 6,17 % | 1 022 | 12,0 % | 37 | 12,0 % |
Schweinfurt (distrito) | 112 916 | 8,71 % | 842 | 9,9 % | 29 | 9,4 % |
Würzburg (distrito) | 158 132 | 12,19 % | 968 | 11,3 % | 52 | 16,9 % |
Total | 1 297 056 | 100,0 % | 8 531 | 100,0 % | 308 | 100,0 % |
Evolución da poboación | |
---|---|
1910 | 710 943 |
1939 | 844 732 |
1950 | 1 038 930 |
1961 | 1 089 983 |
1970 | 1 181 309 |
1987 | 1 202 711 |
2002 | 1 344 300 |
2005 | 1 341 481 |
2010 | 1 318 695 |
2015 | 1 306 048 |
2019 | 1 317 619 |
Historia
editarDespois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), chsamados Kreise (singular Kreis) en Baviera. Estas foron creados segundo o modelo dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.
Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Lois I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome de Untermainkreis cambiou a 'Baixa Franconia e Aschaffenburg, pero o nome da cidade pronto decaeu, deixando o nom só en Baixa Franconia.
Cambio de nome na época nazi
editarDesde 1933, o Gauleiter nazi rexional,[3] Otto Hellmuth (que rebautizara seu territorio como Gau Mainfranken, insistiu en cambiar o nome do distrito gobernamental como Mainfranken. Encontrou resistencia nas autoridades estatais de Baviera, pero finalmente logrou que se cambiara o nome do distrito a partir do 1 de xunño de 1933.[4] Despois de 1945 o nome Unterfranken foi restaurado.
Economía
editarO produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 53 700 millóns de euros en 2018, o que supuxo o 1,6 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 37 500 €, o 124 % da media da UE-27 no mesmo ano. O PIB por empregado foi do 102 % da media da UE.[5]
Principais lugares de interese
editarXunto ás antigas residencias episcopais de Würzburg (con Veitshöchheim) e Aschaffenburg, as cidades de Miltenberg, Amorbach e Werneck, as atraccións escénicas do río Main, incluíndo o Mainschleife en Volkach e as cordilleiras baixas do Rhön coa cidade balneario Bad Kissingen e o Spessart co castelo de Mespelbrunn son as principais atraccións turísticas da Baixa Franconia.
Notas
editar- ↑ Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. ISBN 978-1-3492-2767-9.
- ↑ Páxina wen oficial de Würzburg (en alemán).
- ↑ Gauleiter foi o termo en alemán utilizado polo Partido Nazi para os "líderes de Zona" (Gau), que era a forma organizativa máis grande do partido a nivel nacional.
- ↑ "Mainfranken – Historisches Lexikon Bayerns". www.historisches-lexikon-bayerns.de (en alemán).
- ↑ "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa Franconia |
Bibliografía
editar- Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
- Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
- Ralf Nestmeyer (2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.