Lois I de Baviera

Lois I de Baviera (en alemán Ludwig I. von Bayern), nado en Estrasburgo o 25 de agosto de 1786 e finado en Niza o 29 de febreiro de 1868, foi rei de Baviera de 1825 a 1848 ao suceder ao seu pai, o rei Maximiliano I.

Modelo:BiografíaLois I de Baviera

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Ludwig I. von Bayern
(fr) Louis Ier de Bavière Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ludwig Karl August von Bayern Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1786 Editar o valor en Wikidata
Estrasburgo, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte29 de febreiro de 1868 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Niza, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Boniface’s Abbey (en) Traducir
Altötting (pt) Traducir (corazón) Editar o valor en Wikidata
Lista de reis da Baviera (pt) Traducir
13 de outubro de 1825 – 20 de marzo de 1848 (Abdicación)
← Maximiliano I José da Baviera (pt) TraducirMaximiliano II da Baviera (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Múnic (1799–1868)
Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1806 Editar o valor en Wikidata - 1868 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
ConflitoGuerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Wittelsbach Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeresa de Saxe-Hildburghausen (1810–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
ParellaLola Montez
Jane Digby
Marianna Marquesa Florenzi Editar o valor en Wikidata
FillosMaximiliano II da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Matilde Carolina da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Otto de Grecia
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Theodolinde Princess of Bavaria
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Ludovico Florenzi
 () Marianna Marquesa Florenzi
Leopoldo, príncipe regente da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Aldegunda da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Hildegarda Luísa da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Alexandra da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen
Adalberto Guilherme da Baviera
 () Teresa de Saxe-Hildburghausen Editar o valor en Wikidata
PaisMaximiliano I José da Baviera Editar o valor en Wikidata  e Augusta Guilhermina de Hesse-Darmstadt Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlos Teodoro Maximiliano da Baviera
Isabel Luísa da Baviera
Luísa Guilhermina da Baviera
Sofia da Baviera
Carolina Augusta da Baviera
Maria Ana da Baviera
Amélia Augusta da Baviera
Augusta da Baviera Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wittelsbach-151 Find a Grave: 22704613 Editar o valor en Wikidata
Estatua de Lois I de Baviera fronte á universidade dedicada a el en Múnic.

Traxectoria

editar

Lois era o fillo primoxénito de Maximiliano I de Baviera e da súa primeira esposa, a princesa Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt. Durante a súa xuventude adquiriu o gusto polas artes, efectuando numerosas viaxes a Italia. Tomou parte nas Guerras Napoleónicas, inicialmente coas tropas de Napoleón Bonaparte, para logo cambiar de bando en 1813.

En 1810 casou coa princesa Teresa de Saxonia-Hildburghausen, á que lle sería repetidamente infiel.

Con motivo das celebracións nupciais, realizáronse festas populares que son consideradas como a orixe da Oktoberfest, a Festa da Cervexa de Múnic.

Tras a morte de seu padre en 1825, Lois accedeu ao trono. En 1833 favoreceu a formación da Unión Aduaneira de Alemaña. Adoptou unha política constitucional moderada durante os primeiros anos do seu reinado, pero máis tarde gobernou como un monarca absoluto en resposta ao espírito revolucionario que triunfaba en Europa.

Os políticos católicos dominaron a vida do país na última década do seu mandato, pero non conseguiron que desterrara á súa amante, a bailarina irlandesa Lola Montez.

Abdicou en favor de seu fillo Maximiliano II de Baviera durante a Revolución de 1848, que se estendeu desde Francia a outras partes de Europa. Posteriormente trasladouse a Francia, onde pasou case todo o resto da súa vida, morrendo en Niza en 1868.

Descendencia

editar

Lois I contraeu matrimonio en Múnic o 12 de outubro de 1810,ref>Ficha xenealóxica de Lois I de Baviera.</ref> coa princesa Teresa de Saxonia-Altenburgo.

A parella tivo en total nove fillos:


Predecesor:
Maximilano I
Rei de Baviera
1825-1848
 
Sucesor:
Maximiliano II

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar