Otto de Grecia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2012.) |
Otto de Grecia, ou Otto von Wittelsbach (En grego Όθων, Βασιλεύς της Ελλάδος); nado en Salzburgo o 1 de xuño de 1815 e finado en Bamberg o 26 de xullo de 1867. Foi Príncipe da Baviera e logo o primeiro rei da Grecia moderna en 1832 despois do Tratado de Adrianópolis onde a Grecia se tornou independente so a protección das grandes potencias Reino Unido, Francia e Rusia.
Nome orixinal | (de) Otto von Bayern |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (de) Otto Friedrich Ludwig von Bayern 1 de xuño de 1815 Salzburgo, Austria |
Morte | 26 de xullo de 1867 (52 anos) Bamberg, Alemaña |
Lugar de sepultura | Theatinerkirche |
Rei de Grecia | |
27 de maio de 1832 – 23 de outubro de 1862 – Xurxo I de Grecia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | político, monarca |
Outro | |
Título | Prince of Bavaria (en) |
Familia | Casa de Wittelsbach |
Cónxuxe | Amália de Oldemburgo (1836–valor descoñecido) |
Parella | Jane Digby Fotini Mauromixali |
Pais | Luís I de Baviera e Teresa de Saxe-Hildburghausen |
Irmáns | Matilde Carolina da Baviera Aldegunda da Baviera Hildegarda Luísa da Baviera Alexandra da Baviera Leopoldo, príncipe regente da Baviera Maximiliano II da Baviera Adalberto Guilherme da Baviera |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Оттон I) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Yuzhakov Big Encyclopedia (en) |
Traxectoria
editarNaceu en Salzburgo, Austria, como segundo fillo do rei Lois I de Baviera e Teresa de Saxe-Hildburghausen. Accedeu ao trono grego en 1832, aos 17 anos de idade, cando a conferencia internacional reunida en Londres desde 1827 para lograr acordos sobre Grecia optou por el como monarca. Até 1835 gobernou baixo unha rexencia composta por bávaros, que se virou de contado impopular para os gregos: a "bavarocracia" (Βαυαροκρατία). En marzo de 1844 unha rebelión aberta contra este grupo fixo que o rei prescindise do mesmo definitivamente.
A súa impopularidade medrou por mor do incremento dos impostos e a súa propia relixión (católica). Tamén sumou para a súa mala imaxe o feito de non no ter herdeiros do seu casamento coa duquesa Amelia de Oldemburgo, con quen Otto I casara o 22 de novembro de 1836. A inxerencia nos asuntos gregos das potencias que o coroaran tamén contribuíu a aumentar a xenreira do seu pobo. Desde 1854 e até 1857 os británicos e mailos franceses ocuparon o porto ateniense do Pireo, o que impediu a intervención helénica a favor dos rusos na Guerra de Crimea. A situación do monarca viuse aínda máis comprometida desde 1861, despois de que un estudante tentase asasinar a raíña Amelia.
Exilio e pasamento
editarOtto I abdicou en outubro de 1862, logo de varias tentativas de derrocamento por parte dos seus opositores revolucionarios, e en parte tamén porque as potencias que o sustentaran aconselláranlle renunciar ao poder. El-rei e a raíña refuxiáronse nun barco de guerra británico e regresaron a Baviera, levando canda eles o estandarte real grego que trouxeran en 1832. No seu momento suxeriuse que se Otto e a raíña Amelia tivesen un fillo como posible herdeiro non serían derrocados, pero aínda así, a sucesión real xa estaba establecida na Constitución grega de 1843, e a coroa recaería sobre un dos irmáns máis novos do rei ou os seus descendentes.
Otto morreu no palacio dos antigos bispos de Bamberg, en Baviera, e foi soterrado na igrexa dos teatinos de Múnic. No seu retiro, o ex-monarca de Grecia aínda utilizaba os uniformes tradicionais gregos xurdidos a raíz da revolta cretense (1866-1869). En 1866 Otto fixo importantes doazóns para proporcionarlle armas aos insurxentes de Creta, preocupándose de que esta doazón permanecese en segredo até a súa morte, coa finalidade de evitar causar problemas políticos ao novo rei de Grecia, Xurxo I.
Está xeralmente aceptado pola maior parte dos historiadores que Otto, malia ao seu fracaso na empresa do reinado heleno, amou Grecia como a súa nova patria. O seu fracaso como monarca de Grecia debeuse maiormente a problemas relixiosos e ás intrigas existentes entre os tres grandes poderes. Antes de morrer, Otto fixo constar que querería ser soterrado vestindo o seu propio uniforme grego.