Alta Franconia

rexión administrativa do estado de Baviera, Alemaña

Coordenadas: 49°57′00″N 11°35′00″L / 49.95000, -11.58333

A Alta Franconia (en alemán Oberfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.[2]

Alta Franconia
Oberfranken
Regierungsbezirk de Baviera
Flagge Oberfranken.svg
Wappen Bezirk Oberfranken2.svg
Locator map RB Oberfranken in Bavaria.svg
Situación da Alta Franconia en Baviera
Localización
PaísAlemaña
EstadoBaviera
División administrativaAlta Franconia
Xeografía
Superficie7 230,19 km²
Demografía
Poboación1 065 371 hab. (2019)[1]
Densidade150 hab./km²
Outros datos
Páxina web oficial

A súa capital administrativa é a cidade de Bayreuth.[3]

Foi parte da rexión histórica de Franconia, xunto coa Franconia Media e a Baixa Franconia, todas elas hoxe partes do Land de Baviera.

Con máis de 200 cervexeiras independentes que elaboran aproximadamente 1 000 tipos diferentes de cervexa, a Alta Franconia ten a densidade de cervecexeiras per cápita máis alta do mundo.

XeografíaEditar

A rexión administrativa da Alta Franconia limita con Turinxia (Thüringen) ao norte, coa Baixa Franconia (Unterfranken) ao oeste, coa Franconia Media (Mittelfranken) ao suroeste, co Alto Palatinado (Oberpfalz) ao sueste, con Saxonia (Sachsen) ao nordeste e coa República Checa ao leste.

División administrativaEditar

A rexión da Alta Franconia está composta por catro cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e nove distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distritoEditar

  1. Bamberg
  2. Bayreuth
  3. Coburg
  4. Hof

Distritos ruraisEditar

  1. Bamberg
  2. Bayreuth
  3. Coburg
  4. Forchheim
  5. Hof
  6. Kronach
  7. Kulmbach
  8. Wunsiedel

Evolución histórica da poboaciónEditar

Ano Poboación
1900 608 116
1910 661 862
1939 790 151
1950 1 088 721
1961 1 056 087
1970 1 079 131
1987 1 036 576
2002 1 112 655
2005 1 101 390
2006 1 094 525
2008 1 085 770
2010 1 071 984
2015 1 059 358
2019 1 065 371

HistoriaEditar

Despois da fundación do Reino de Baviera, o estado reorganizouse totalmente e, en 1808, dividiuse en 15 rexións gobernamentais administrativas (en alemán Regierungsbezirke, singular Regierungsbezirk), chsamados Kreise (singular Kreis) en Baviera. Estas foron creados segundo o modelo dos departamentos franceses, bastante uniformes en tamaño e poboación, e recibiron o nome dos seus principais ríos.

Nos anos seguientes, debido aos cambios territoriais (por exemplo, a perda do Tirol alemán e a adquisición do Palatinado renano), o número de Kreise reduciuse a 8. Un deles foi o Rezatkreis (distrito de Rezat). En 1837, o rei Luís I de Baviera cambiou o nome dos Kreise aos nomes territoriais históricos. Isto tamén implicou algúns cambios fronteirizos ou intercambios territoriais. Así, o nome do distrito de Mainkreis cambiou a Alta Franconia.

Principais lugares de intereseEditar

Xunto á antiga cidade e sede episcopal de Bamberg, están a capital Bayreuth, a antiga cidade de Coburg e o centro do clasicismo de Hof, así como as cidades de Lichtenfels, Kronach, Gößweinstein e Kulmbach, o Palacio Weißenstein, a Abadía de Banz e a Basílica dos catorce axudantes santos, as atraccións escénicas do río Main e as cadeas montañosas baixas das montañas Fichtel coa cidade de Wunsiedel e o bosque de Franconia, son as principais atraccións turísticas. Tamén hai numerosos balnearios, como Bad Rodach, Bad Steben, Bad Staffelstein, Bad Berneck e Bad Alexandersbad.

EconomíaEditar

O produto interior bruto (PIB) da rexión foi de 40 600 millóns de euros en 2018, o que representa o 1,2 % da produción económica alemá. O PIB per cápita axustado ao poder adquisitivo foi de 34 000 €, o 116 % da media da Unión Europea no mesmo ano. O PIB por empregado foi o 96 % da media da UE.[4]

NotasEditar

  1. Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke 1. Vierteljahr 2020.
  2. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. p. 102. ISBN 978-1-3492-2767-9. 
  3. Páxina web oficial de Bayreuth.
  4. "Regional GDP per capita ranged from 30% to 263% of the EU average in 2018" (PDF). Eurostat. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Georg Dehio (1999): Bayern I: Franken. 2. Aufl. Múnic: Deutscher Kunstverlag. ISBN 978-3-4220-3051-0.
  • Georg Stolz, Michael Jeiter1 (1989: Franken: Die Region 7. Múnic (= Ein DKV-Bildhandbuch). ISBN 3-4220-3012-3.
  • Ralf Nestmeyer (2007): Franken. Ein Reisehandbuch. Michael-Müller-Verlag, Erlangen, 4. Auflage, ISBN 978-3-8995-3278-4.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar