Alto Palatinado

rexión administrativa do estado de Baviera, Alemaña

Coordenadas: 49°18′N 12°12′L / 49.300, -12.200

A Alto Palatinado (en alemán Oberpfalz) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o Estado federado alemán de Baviera.[2]

Alto Palatinado
Oberpfalz
Regierungsbezirk de Baviera
Flagge Oberpfalz.svg
DEU Oberpfalz COA.svg
Locator map RB Oberpfalz in Bavaria.svg
Situación do Alto Palatinado en Baviera
Localización
PaísAlemaña
EstadoBaviera
División administrativaAlto Palatinado
Xeografía
Superficie9 691,03 km²
Demografía
Poboación1 112 102 hab. (2019)[1]
Densidade110 hab./km²
Outros datos
Páxina web oficial

Encóntrase no leste do Estado federal, e limita ao suroeste coa Alta Baviera, ao sur coa Baixa Baviera, ao oeste cona Franconia Media e ao noroeste coa Alta Franconia. Ademais limita ao leste coa República Checa, cuxa frontera encóntrase aberta desde 2008 grazas ao Acordo de Schengen.

A súa capital administrativa é Ratisbona.

División administrativaEditar

A rexión do Alto Palatinado está composta por tres cidades-distrito (Kreisfreie Städte) e sete distritos rurais (Landkreise):

Cidades-distritoEditar

  1. Amberg
  2. Ratisbona
  3. Weiden in der Oberpfalz

Distritos ruraisEditar

  1. Amberg-Sulzbach
  2. Cham
  3. Neumarkt in der Oberpfalz
  4. Neustadt an der Waldnaab
  5. Regensburg
  6. Schwandorf
  7. Tirschenreuth

XeografíaEditar

 
Reserva natural Doost, entre Floß e Neustadt an der Waldnaab

No Alto Palatinado hai algunhas cordillieras, varios esteiros e lagos. En comparación con outras rexións de Alemaña, o Alto Palatinado ten máis ben unha baixa densidade de poboación. Ss rexións máis importantes son:

HistoriaEditar

Historicamente o Alto Palatinado identíficase co Nordgau de Baviera, que era unha parte do vello ducado de Baviera. O nome está directamente ligado ao Palatino (en latín Palatium, en alemán Pfalz), e ao derivado Kurpfalz.

Desde a morte de Luís II, duque de Baviera en 1294, a casa de Wittelsbach dividiuse en dúas ramas, a maior Palatium e a máis nova Baviera. A rama do Palatium gobernaba unha parte do territorio da Baviera do Norte, que máis tarde pasou a chamarse Alto Palatinado en Baviera.

O Baixo Palatinado (Niederpfalz) ou Palatinado Renano (Rheinpfalz) forma parte do Land alemán de Renania-Palatinado e non ten contacto físico co anterior. Ambos os dous constitúen a rexión histórica denominada Palatinado.

PoboaciónEditar

Evolución da poboación do Alto PalatinadoEditar

1939 694 742
1950 906 822
1961 898 580
1970 963 833
1987 969 868
2002 1 088 929
2019 1 112 102

TransporteEditar

FerrocarrilEditar

A rexión do Alto Palatinado está atravesada polas seguintes liñas ferroviarias:

AutoestradasEditar

  • A 3
  • A 6
  • A 93

AeroportosEditar

Os aeroportos máis achegados son:

Economía e comercioEditar

 
As ruínas do forte Flossenbürg son un grande atractivo turístico

A economía do Alto Palatinado sufriu un gran cambio na década de 1994-2004. A taxa de desemprego, tanto no sector primario (agricultura e acuicultura) como na industria, aumentou considerabelmente. Porén, a taxa de emprego no sector de servizos aumentou nun 18,8 %. Hoxe en día a economía rexurdiu e a taxa de desemprego estabilizaouse nun 4,6 %. Segúndo o seu PIB (119,3), o Alto Palatinado pertence ás rexións más ricas da Unión Europea (EU27: 100, Alemaña: 115,8) (ano 2004).

O comercio na rexión distribúese máis ca nada nas PEMEs, moitas delas pertencen ás líderes da súa rama. O turismo tamén ten un papel destacado na rexión. A pesar de que a agricultura foi moi importante nos anos anteriores, hoxe en día ten unha importancia menor.

O sector industrial concéntrase sobre todo na "Gran Ratisbona":

  • BMW
  • Krones AG
  • Infineon
  • Continental

Ratisbona é tamén a 5ª cidade na produción de Biotecnoloxía de Alemaña.

O distrito rural de Schwandorf recada a maior cantidade de impostos na rexión. Alí hai máis de 300 empresas industriais que empregan a máis de 16 000 persoas:

  • Meiller direct GmbH
  • Benteler Automobiltechnik GmbH
  • Nabaltec AG en Schwandorf
  • Innovationspark Wackersdorf (BMW)
  • Läpple AG, cuya fábrica se encuentra en Teublitz
  • F.EE GmbH in Neunburg v.W.
  • Heidelberg Cement AG en Burglengenfeld

PolíticaEditar

Desde 1999 Rupert Schmid (CSU) é o Presidente do Alto Palatinado. Seus vicepresidentes son Ludwig Spreitzer (CSU) e Norbert Hartl (SPD).

NotasEditar

  1. Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke 1. Vierteljahr 2020.
  2. Berg-Schlosser, Dirk (1993). Political Culture in Germany. ISBN 978-1-3492-2767-9. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bedeutende Oberpfälzer von Sigfried Färber, Verlag Pustet 1981 ISBN 3-7917-0723-X.
  • Ursula Pfistermeister: Himmlische Ansichten. Oberpfalz im Luftbild, Buch & Kundstverlag Oberpfalz, ISBN 3-924350-69-8

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar