Cantón de Sankt Gallen

cantón suízo

O cantón de Sankt Gallen (en alemán: Sankt Gallen, francés Saint-Gall, italiano San Gallo, romanche: Sogn Gagl) é un cantón suízo. Atópase no nordeste de Suíza, ten unha superficie de 2.026 km.

Cantón de Sankt Gallen
Kanton Sankt Gallen
Bandeira de Glarus
Escudo de Glarus
BandeiraEscudo
Switzerland Locator Map SG.svg
EstadoSuíza Suíza
CapitalSankt Gallen
 • Poboación71.126 (2007)
Lingua oficialAlemán
Forma de gobernoCantón
Ingreso1803
SuperficiePosto 6º
 • Total2.026 km²
 • % augan/d
Costas0 km
PoboaciónPosto 5º
 • Total465.937 hab.
 • Densidade230 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.ch
Código ISOCH-SG

XeografíaEditar

O cantón está situado no nordeste de Suíza, limita ao norte co Lago Constanza (Bodensee). Ao leste áchase o val do Rin. Á beira contrario deste atópanse Austria e Liechtenstein. Ao sur limita cos cantóns de Grisóns, Glaris e Schwyz. Ao oeste áchase o cantón de Zúric e ao norte o cantón de Turgovia.

Os dous cantóns de Appenzell Interior e Appenzell Exterior están rodeados completamente polo territorio do cantón de Sankt Gallen.

HistoriaEditar

O cantón de Sankt Gallen está constituído polos territorios adquiridos pola abadía de Sankt Gallen co pasar dos séculos. Formou parte do cantón de Säntis durante a época da República Helvética. Isto só foi posible logo de haber secularizado a Abadía en 1798. En 1803 a rexión uniuse á Confederación Suíza como cantón de Sankt Gallen. A constitución cantonal foi introducida en 1890.

EconomíaEditar

A actividade agrícola consiste basicamente na cría de gando e a produción de queixos na área da montaña. Na planicie predomina a produción de froitas e viños, aínda que existe tamén a gandería.

A industria cantonal comprende: óptica, pirotécnica, química e farmacéutica. O turismo desempeña un papel importante en moitos lugares de vacacións, como as fontes termais de Bad Ragaz e un gran número de estacións de inverno.

Ingresos (en millóns de CHF): 18 347 fr

DistritosEditar

O cantón estaba subdividido en quince distritos, pero a partir de xaneiro de 2003 repartiuse en oito circunscricións electorais:

  • Rheintal (corresponde á fusión dos distritos de Oberrheintal e Unterrheintal)
  • Rorschach (corresponde ao distrito de Rorschach)
  • distrito de Sankt Gallen (corresponde á fusión dos distritos de Sankt Gallen e Gossau)
  • Sarganserland (corresponde ao distrito de Sargans)
  • See-Gaster (corresponde aos distritos de See e Gaster)
  • Toggenburg (corresponde aos distritos de Untertoggenburg, Alttoggenburg, Obertoggenburg e Neutoggenburg)
  • Werdenberg (corresponde ao distrito de Werdenberg)
  • Wil (corresponde aos distritos de Wil e Untertoggenburg)

CidadesEditar

Cidades do cantón (con máis de 10.000 habitantes):