Confederación do Rin
A Confederación do Rin (en alemán Rheinbund) foi o nome que recibiu a asociación de estados alemáns establecida en 1806 por Napoleón I de Francia tras conquistar este a case totalidade de Renania no marco das denominadas Guerras Napoleónicas.
Rheinbund (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Cidade Livre de Frankfurt (pt) Frankfurt | ||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua alemá | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1806 | ||||
Disolución | 9 de setembro de 1813 | ||||
Sucedido por | Confederación Xermánica | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Confederación | ||||
Órgano lexislativo | dieta (pt) , | ||||
Formación
editarCon anterioridade ao rei de Baviera impuxéraselle como xenro ao fillastro de Napoleón e as casas de Württemberg e Baden recibiron tamén familiares do emperador. Estes tres antigos estados transformáronse en reinos absolutistas, a pesar de que o código Napoleónico se implantou en tódolos Estados creados polo Emperador, abolíronse o feudalismo e a servidume e estabeleceuse a liberdade de culto. Foille outorgada a cada Estado unha constitución na que se concedía o sufraxio universal masculino e unha declaración de dereitos e a creación dun parlamento; foi instaurado o sistema administrativo e xudicial francés; as escolas quedaron supeditadas a unha administración centralizada e ampliouse o sistema educativo libre. Cada Estado dispuña dunha academia ou instituto destinado á promoción das artes e as ciencias, á vez que se financiaba o traballo dos investigadores.
Napoleón outorgouse a si mesmo o título de Protector da Confederación do Rin co que tivo á súa disposición un exército adicional de 60 000 soldados. A capital da Confederación estableceuse en Frankfurt am Main.
A finais de 1806 e despois da derrota de Prusia a mans de Napoleón, este creou o Reino de Westfalia, co que levou a fronteira occidental do Imperio Francés até o río Elba. Consecuencia da derrota Prusiana foi tamén a creación do Gran Ducado de Varsovia.
No seu período de máxima extensión (1808-1809), a confederación comprendía 38 estados, 360 000 km² e 15 millóns de habitantes. Ben acollida polo pobo nun principio e interpretada como un paso cara á unificación, a súa popularidade diminuíu a medida que a integración no Sistema Continental se traduciu na implantación de duras medidas económicas.
Disolución
editarA Confederación disolveuse despois da derrota de Napoleón na Batalla de Leipzig en 1813; cada un dos estados alemáns asinou a paz e apoiou a Alianza entre Prusia, Rusia, Austria e Gran Bretaña. O Congreso de Viena (1814-1815) acordou a creación da Confederación Xermánica, que substituíu a do Rin.
Membros da Confederación
editarAs seguintes táboas amosan os membros da confederación, coa súa data de ingreso e o número de tropas achegadas listadas entre parénteses.
Reinos
editarBandeira | Nome | Data de ingreso | Notas |
---|---|---|---|
Baviera | 1806, 12 de xullo | Cofundador; antigo ducado (30.000) | |
Saxonia | 1806, 11 de decembro | Antigo ducado (20.000) | |
Westfalia | 1807, 15 de novembro | Creación Napoleónica (25.000) | |
Württemberg | 1806, 12 de xullo | Cofundador; antigo ducado (12.000) |
Principados
editarBandeira | Nome | Data de ingreso | Notas |
---|---|---|---|
Hohenzollern-Hechingen | 1806, 12 de xullo | Cofundador (4.000) | |
Hohenzollern-Sigmaringen | 1806, 12 de xullo | Cofundador (4.000) | |
Isenburg | 1806, 12 de xullo | Cofundador (4.000) | |
Leyen | 1806, 12 de xullo | Cofundador; antigo condado ou grave (4.000) | |
Liechtenstein | 1806, 12 de xullo | Cofundador (4.000) | |
Lippe-Detmold | 1807, 11 de abril | (650) | |
Reuss-Ebersdorf | 1807, 11 de abril | (400) | |
Reuss-Greiz | 1807, 11 de abril | (400) | |
Reuss-Lobenstein | 1807, 11 de abril | (400) | |
Reuss-Schleiz | 1807, 11 de abril | (400) | |
Salm | 1806, 25 de xullo | Cofundador (4.000) | |
Schaumburg-Lippe | 1807, 11 de abril | (650) | |
Schwarzburg-Rudolstadt | 1807, 11 de abril | (650) | |
Schwarzburg-Sondershausen | 1807, 11 de abril | (650) | |
Waldeck | 1807, 11 de abril | (400) |
Ducados
editarBandeira | Nome | Data de ingreso | Notas |
---|---|---|---|
Anhalt-Bernburg | 1807, 11 de abril | (700) | |
Anhalt-Dessau | 1807, 11 de abril | (700) | |
Anhalt-Köthen | 1807, 11 de abril | (700) | |
Arenberg | 1806, 12 de xullo | Cofundador (4.000) | |
Baden | 1806, 12 de xullo | Cofundador; antigo margrave (8.000) | |
Berg | 1806, 12 de xullo | Cofundador; (2.000) | |
Hesse-Darmstadt | 1806, 12 de xullo | Cofundador; antigo landgrave (4.000) | |
Frankfurt | 1806, 12 de xullo | Cofundador; até 1810 Arcebispado de Maguncia | |
Mecklemburgo-Schwerin | 1808, 22 de marzo | (1900) | |
Mecklemburgo-Strelitz | 1808, 18 de febreiro | (400) | |
Nassau | 1806, 12 de xullo | Nassau-Usingen e Nassau-Weilburg; co-fundadores (8.000) | |
Oldenburgo | 1808, 14 de outubro | (800) | |
Saxonia-Coburgo | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
Saxonia-Gotha | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
Saxonia-Hildburghausen | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
Saxonia-Meiningen | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
Saxonia-Weimar | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
Würzburg | 1806, 23 de setembro | Creación Napoleónica (2.000) |