Landshut
Landshut | |
---|---|
Escudo | Mapa |
![]() |
![]() |
Situación | |
Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
País | ![]() |
Estado federal | Baviera |
Rexión administrativa | Baixa Baviera |
Comarca (Landkreis) | Landshut |
Xeografía | |
Altitude | 385–505 msnm |
Área | 65,7 km² |
Poboación (ND) | 73 411 hab. (2019) [1] |
Densidade | 1 100 hab./km² |
Política | |
Alcalde (Bürgermeister) | Alexander Putz [2] (FPD) [3] |
Páxina web | Páxina web oficial Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine. |
Landshut é unha cidade do Land alemán de Baviera, situiada nas beiras do río Isar.
É a capital da Baixa Baviera, unha das sete Regierungsbezirk (rexións administrativas) nas que se divide o estado bávaro.
No ano 2019 contaba con 73 411 habitantes, o que facía dela a segunda cidade máis grande do leste de Baviera, despois de Ratisbona.
Debido ao ssu característico escudo de armas, en ocasións esta cidade é chamada "A cidadde dos tres cascos" (en alemán, Dreihelmestadt).
A cidaed ten unha importancia nacional debido á súa arquitectura gótica, como o Castelo de Trausnitz, ou a Igrexa de San Martño, considerada como a que ten a torre de ladrillo máis alta do mundo.
Por outro lado, cada catro anos ten lugar nela a celebración da Landshuter Hochzeit ("A voda de Landshut"), unha festa medieval que conmemora a unión entre Xurxo o Rico, duque de Baviera e Eduviges Xaguellón en 1475.[4]
HistoriaEditar
En 1800, para escapar do dominio francés, o rei Maximiliano I trasladou a Universidade de Ingolstadt a Landshut. Desde 1802 a universidade comezou a levar o nome deste monarca. Finalmente, a institución foi trasladada en 1826 á capital bávara, polo que desde entón coñécese como Universidade de Múnic.[5]
- Batalla de Landshut
A batalla de Landshut tivo lugar o 21 de abril de 1809 en Landshut, Baviera (actualmente Alemaña), e foi librada entre forzas de Francia, Württemberg e Baviera baixo o mando de Napoleón e forzas austríacas baixo o mando do xeneral Johann von Hiller. Pese a ser duplicados en número, os austríacos loitaron ferozmente até a chegada de Napoleón ao campo de batalla, o que levaría a unha clara vitoria da coalición francesa.
PolíticaEditar
Roman Herzog, o político cristiano-demócrata (CDU) nacido nesta cidad foi presidente de Alemaña desde 1994 até 1999.
CulturaEditar
EventosEditar
- A voda de Landshut
Despois de que a voda fora representada por primeira vez por 145 persoas, o desfile creceu até agora como recreación histórica á que se incorpora unha gran parte da cidadanía. Outrora anualmente, hoxe en día escenifícase o laborioso evento cada catro anos. Entre tanto, máis de 2 000 colaboradores toman parte nos máis distintos estados da sociedade con traxes históricos. O apoxeo é o domingo, que atrae polo desfile e a celebración nupciais a través do centro histórico de Landshut. Outros eventos mostran a vida no campo, os torneos de xinetes e cabaleiros ou as mascaradas (en alemán Mummenschanz). As festividades son organizadas até agora pola Asociación rexistrada de Promotores, a cal conta con case 7 000 membros. Ao redor de 2 300 intérpretes son cidadáns de Landshut, aos cales lles causa ledica recrear A Voda con auténticos traxes históricos; por exemplo, forma parte da tradición dos intérpretes masculinos e femininos deixarse crecer o cabelo até o evento como modelo medieval.
Edificios representativosEditar
- Igrexa de San Martiño de Landshut
A igrexa parroquial e colexiata de San Martiño e Cástulo de Landshut (en alemán, Stadtpfarr- Kollegiatstiftskirche St. Martin und Kastulus), coñecida simplemente como igrexa de San Martiño, é unha destacada igrexa medieval alemá. A igrexa de San Martiño, xunto co castelo de Trausnitz e a celebración do festexo histórico da Voda de Landshut, son os principais lugares e eventos históricos de interese de Landshut. Cunha altura de 130,6 m, esta igresxa gótica de ladrillo é a igrexa máis alta de Baviera e é tamén o edificio (e igrexa) de ladrillo sen soportes de aceiro máis alto do mundo, e a segunda estrutura de ladrillo máis alta do mundo (despois da cheminea da fundición Anaconda Smelter Stack, en Montana).
- Castelo de Trausnitz
Este castelo encóntrase no cumio dun outeiro que domina a cidade de Landshut. Finalizado no século XVI tiña o mesmo nome que a cidade, Burg Landshut, que se traduce como "protector da terra". O castelo cemezou a construíuse iniocialmente en 1204 por orde de Luís I, duque de Baviera, para a protección da cidade e do territorio circundante.[6] A súa construción estaba xa finalizada cando o visitou en 1235 o emperador do Sacro Imperio Frederico II. As dimensións actuais do castelo conservan as orixinais do século XIII.
Durante a primeira metade do século XIII Trausnitz representaba non só o centro da política imperial, senón tamén o centro da cultura dos Staufer. Naquel período visitaron Landshut numerosos famosos trobadores e Minnesänger (trobadores alemáns), entre os que cabe destacar a Walther von der Vogelweide e a Tannhäuser. O mecenado da arte dos duques de Baviera era tan espléndido que pediron a un escultor a Estrasburgo que creara alfaias para unha escultura que se encontra agora na Burgkapelle, a "Capela palatina".
O duque Xurxo o Rico renovou e ampliou os edificios do castelo durante o século XV. O Dürnitz (Sala dos Cabaleiros) construíuse nese período. Tamén erixíronse os muros do anel exterior e aumentáronse as torres defensivas.
En 1516 o duque Luís X de Baviera reestruturou e mandou reconstruír o castelo segundo o estilo renacentista da Alemaña meridional, transformando o interior nun palacio residencial. Aínda hoxe quedan os pórticos do patio, creados entre o 1568 e o 1578 por Friedrich Sustris para o príncipe herdeiro Guillerme V de Baviera. Tamén se adquiriron entón moitos cadros de estilo florentino, aínda que a maior parte destes perdéronse a causa de varios incendios. Máis tarde, o príncipe Fernando María (1675-1679) emprendieu a restauración das pinturas queimadas e arranxou as habitacións con outras obras.[6]
No curso do século XVIII, o castelo utilizouse como cuartel e prisión para os detidos de alto rango. Ao inicio do século XIX utilizouse como hospital.[6]
Entre 1869 e 1873 o rei Luís II de Baviera (creador do castelo de Neuschwanstein en Füssen) encargouse da decoración dun novo e espléndido apartamento privado situado no segundo andar da ala do príncipe.[6]
En 1961 un incendio destruíu gran parte do interior, inclíndo as cámaras do rei, actualmente restauradas.[6]
GaleríaEditar
O río Isar ao seu paso por Landshut.
NotasEditar
- ↑ "Tabellenblatt "Daten 2", Statistischer Bericht A1200C 202041 Einwohnerzahlen der Gemeinden, Kreise und Regierungsbezirke". Bayerisches Landesamt für Statistik und Datenverarbeitung. Xullo de 2020.
- ↑ Politik Arquivado 28 de outubro de 2008 en Wayback Machine. Consultada o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ Uli Karg (28de ouuubro de 2020): Landshut: Wegen Kritik an Corona-Maßnahmen: OB Putz tritt aus FDP aus - Stadt Landshut. En idowa.de. Consultado o 28 de xeneirode 2020.
- ↑ "Retrato da cidade de Landshut". Deutsche Welle (en alemán). 9 de xaneiro de 2004. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2007. Consultado o 28 de decembro de 2021.
- ↑ "Universidade Ludwig Maximilian, um centro de excelência em Munique". Deutsche Welle (en portugués). 13 de decembro de 2006. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Germania", Guida TCI, 1996, páx. 292.
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Landshut |
BibliografíaEditar
- Gerald Huber & Harry Zdera (2009): Landshut. Regensburg: Pustet. ISBN 978-3-7917-2190-3.
- Gerald Huber (2013): Die Reichen Herzöge von Bayern-Landshut. Bayerns goldenes Jahrhundert. Regensburg: Pustet. ISBN 978-3-7917-2483-6.