Gauteng é unha das nove provincias que forman a República de Suráfrica. A súa capital é Johannesburgo.

Modelo:Xeografía políticaGauteng
Imaxe
Paisaxe rural fóra de Johannesburgo

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 26°S 28°L / -26, 28Coordenadas: 26°S 28°L / -26, 28
EstadoSuráfrica Editar o valor em Wikidata
CapitalXohanesburgo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación15.099.422 (2022) Editar o valor em Wikidata (830,64 hab./km²)
Lingua usadaLíngua gail (pt) Traducir
lingua inglesa
Língua fanagalo (pt) Traducir
Lingua zulú
Lingua ndebele
Lingua sotho do norte
Lingua sotho
Língua isotsitaal (pt) Traducir
Camtho (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie18.178 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.652 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación27 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGauteng Executive Council (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Premier of Gauteng (en) Traducir Editar o valor em WikidataDavid Makhura (en) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoGauteng Provincial Legislature (en) Traducir , (Escano: 73) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ZA-GP e ZA-GT Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgautengonline.gov.za Editar o valor em Wikidata
Facebook: GautengGov Twitter: gautengprovince Editar o valor em Wikidata

Está situada ao noroeste do país, limitando ao norte con Limpopo, ao leste con Mpumalanga, ao sur co Estado Libre e ao oeste con Noroeste.

Antigamente formaba parte da provincia de Transvaal, até as eleccións multirraciais do 27 de abril de 1994. Ao principio chamouse Pretoria-Witwatersrand-Vereeniging (PWV) pero en decembro dese ano recibiu o nome actual.

Situada no corazón do Highveld (Alto Veld), Gauteng é a provincia máis pequena do país, con só un 1,4 % da súa superficie, pero está altamente urbanizada.

O nome Gauteng provén da lingua sesotho,[1] e significa "Terra do ouro", en referencia á minaría deste metal precioso que se instalou na zona tras o descubrimento de 1886 en Johannesburgo. A frase en sesotho deriva do vocábulo en lingua afrikaans "goud" (ouro) máis o sufixo de lugar "-ng".[2]

Xeografía editar

Situada a unha altitude media de 1 652 msnm, a superficie da provincia é de 18 176 km2.[3]

Segundo o censo de 2011, a súa poboación era de 12 272 263 habitantes.[3][4], polo que a súa densidade de poboción nese ano era de 680 hab./km² (a maior de Suráfrica), estimándose que en 2022 sexa de 16 100 000.

Linguas editar

 
Densidade de poboación

Segundo o censo de 2011, en Gauteng as linguas máis faladas eran:[3]

Grupos étnicos Linguas
Negros 73,8 % Zulú 21,5 %
Brancos 19,9 % Afrikaans 14,4 %
Mestizos 3,8 % Sotho do sur 13,1 %
Asiáticos 2,5 % Inglés 12,5 %

Notas editar

  1. General Overview of Gauteng" (PDF). Makiti Guides and Tours (Pty) Ltd.
  2. About Gauteng". Gauteng Provincial Government.
  3. 3,0 3,1 3,2 Census 2011: Census in brief (PDF). Pretoria: Statistics South Africa. 2012. ISBN 978-0-6214-1388-5.
  4. Mid-year population estimates, 2021 (PDF) (Report). Statistics South Africa. 19 de xullo de 2021, p. 3.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.