Mpumalanga

Mpumalanga é unha provincia de Suráfrica con capital na cidade de Mbombela, formada en 1994 con parte do Transvaal e os antigos bantuntáns de KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana e Lebowa e que ata o 24 de agosto de 1995 tivo como nome Transvaal Oriental. A súa superficie é de 76.495 km² e a poboación de 4.039.939 habitantes (2011) na súa maioría de etnias swazi e zulú.

Situación de Mpumalanga dentro de Suráfrica.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.