KwaZulu-Natal
Superficie 92.100 km² (7,5% do total do país)
Poboación
 Total (2001)
 - Densidade demográfica
 
9 426 000 (21,6% do total)
102/km²
Linguas isiZulu (80,59%), Inglés (13.6%), Xosa (2.3%), Afrikaans (1.5%)
Capital Pietermaritzburg
Outros centros importantes Durban, Empangeni, Kokstad, Ladysmith, Newcastle, Port Shepstone, Richards Bay, KwaDukuza, Tongaat, Ulundi, Vryheid

KwaZulu-Natal (tamén coñecida como KZN; e anteriormente chamada Natal) é unha provincia de Suráfrica localizada na súa costa oriental, tendo como fronteiras: ó norte, Mozambique, Eswatini e a provincia de Mpumalanga; ó oeste, o Lesoto e a provincia do Estado Libre; e, ó sur, a provincia do Cabo Oriental. Ten unha área de 86.967 km2 e unha poboación de 8 713 000 habitantes (estimativa de 1995).

Como capital histórica tivo a Ulundi, corte real dos zulús, antiga capital do bantustán de Kwazulu; mais actualmente a capital administrativa da provincia é Pietermaritzburg. En Durban habita a maior parte da xente, polo que se considera a capital económica.

A cidade de Durban é unha área con gran crecemento, con máis de tres millóns de habitantes, sendo a segunda maior cidade do estado. Posúe o maior porto de África, e un dos maiores do Índico, comunicada por ferrocarril ao resto do territorio. A principal industria é e do refinado do azucre. Tamén posúen gado ovino, vacún, leite, cítricos, maínzo, sorgo, algodón e plátanos. Nos arrabaldes de Durban prodúcese téxtil, caucho, fertilizantes, papel, procesado de alimentos e refinarías de petróleo.

Áchanse plantas de procesado de aluminio en Richards Bay, na costa central. Ademais posúe importantes depósitos de carbón e madeira.

Durante o apartheid, a poboación negra viuse obrigada a vivir nunha economía gandeira de subsistencia.

O turismo representa un importante sector da economía de KZN, especialmente o turismo costeiro estival.

Segundo un censo do 2001, o 23% da poboación de 20 anos ou máis non recibira ningún tipo de educación escolar, cun 5% de universitarios. Existe a Universidade de KwaZulu-Natal


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.