Pietermaritzburg é unha cidade de Suráfrica, que é a capital e a segunda cidade máis grande da Provincia de KwaZulu-Natal.

Modelo:Xeografía políticaPietermaritzburg
Imaxe

EpónimoPiet Retief (en) Traducir e Gerrit Maritz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 29°36′03″S 30°22′47″L / -29.6009, 30.3796
EstadoSuráfrica
Província da África (pt) TraducirKwaZulu-Natal
Distritos municipais da África (pt) TraduciruMgungundlovu District Municipality (en) Traducir
Municípios locais da África (pt) TraducirMsunduzi Local Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Xeografía
Superficie126 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude596 m Editar o valor en Wikidata
Creación1839 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3201 e 3200 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico033 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmsunduzi.gov.za Editar o valor en Wikidata
Torre do reloxo da Universidade de KwaZulu-Natal
Xardín Botánico de KwaZulu-Natal, en Pietermaritzburg

Xeografía

editar

Situada a unha altitude media de 596 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 126,15 km².[1]

Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 223 448 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 800 hab/km².[1]

Popularmente chamada Maritzburg, e abreviada coa sigla PMB, é a sede do campus da Universidade de KwaZulu-Natal.

É unha cidade industrial que produce aluminio, madeira e derivados, e produtos lácteos.

Historia

editar

A cidade foi fundada en 1838.

Pietermaritzburg é famosa por un incidente dos primeiros anos da vida de Mahatma Gandhi, en que o botaron dun tren por viaxar nun vagón de primeira clase (sendo indio). Este incidente inspirou a Gandhi para iniciar a súa carreira protestando contra as leis discriminatorias contra os indios en Suráfrica. Actualmente, unha estatua de bronce de Gandhi eríxese na rúa Church no centro da cidade.

Outros acontecementos históricos

editar
  • O primeiro xornal de Natal, o Natal Witness (hoxe coñecido como The Witness -A Testemuña-), foi publicado en 1846.
  • Os Xardíns botánicos da cidade, de 46 hectáreas, foron creados en 1872 pola Sociedade Botánica de Natal.
  • A Casa do Concello, que é o edificio de ladrillo vermello máis grande do hemisferio austral, foi destruído por un incendio en 1895, pero foi reconstruído en 1901.
  • Os británicos instalaron un campo de concentración alí durante a Segunda guerra bóer para aloxar mulleres e nenos bóers.
  • En 1962, Nelson Mandela foi detido no pobo próximo de Howick ao norte de Pietermaritzburg. Este arresto marcou o inicio dos 27 anos de prisión de Nelson Mandela. Un pequeno monumento erixiuse no lugar da súa detención.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ingram, J. Forsyth (1898): The story of an African city. Pietermaritzburg: C. Coester.
  • Jenkins, G. (1971): A Century of History: the story of Potchefstroom. 2nd ed. Cape Town: AA Balkema.

Ligazóns externas

editar