Mozambique
Coordenadas: 18°15′S 35°00′L / -18.250, -35.000
Mozambique,[1] oficialmente República de Mozambique (en portugués, República de Moçambique) é un país da costa oriental da África Austral. Limita ao norte con Zambia, Malaui e Tanzania, ao leste coa canle de Mozambique e co océano Índico, ao sur e oeste con Suráfrica e ao oeste con Eswatini e Cimbabue. Máis alá do canal de Mozambique, o país ten ao leste as illas Comores, Madagascar, a posesión francesa de Mayotte e o departamento tamén francés de Reunión e as súas dependencias Juan de Novoa, Basas da Índia e Illa Europa. A súa capital é Maputo.
República de Mozambique | |||
---|---|---|---|
República de Moçambique | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Capital • Poboación | Maputo 1 766 184 | ||
Linguas oficiais | Portugués | ||
Forma de goberno | República unitaria presidencialista | ||
Filipe Nyusi Adriano Maleiane | |||
• Data • Actual const. | 25 de xuño de 1975 30 de novembro de 1990 | ||
Superficie | Posto 35º | ||
• Total | 801. 590 km² | ||
• % auga | 2,2 | ||
Fronteiras | 4 571 km | ||
Costas | 2 470 km | ||
Poboación | Posto 50º | ||
• Total (2011 est.) | 23 929 708 hab. | ||
• Densidade | 28,7 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 115º | ||
• Total (2012) | 14 600 millóns US$ | ||
• per cápita | 650 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 113º | ||
• Total (2012) | 266nbsp;257 millóns US$ | ||
• per cápita | 16 169 US$ | ||
Moeda | Metical (MT, MZN ) | ||
IDH (2013) | 0,393 (178º) – Baixo | ||
Xentilicio | Mozambicano, mozambicana | ||
Fuso horario | UTC +2 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .mz | ||
Prefixo telefónico | +258 | ||
Prefixo radiofónico | C8A-C9Z | ||
Código ISO | 508 / MOZ / MZ | ||
Membro de: ONU, CPLP, UA, OCI, UL, Commonwealth | |||
Historia Editar
A historia de Mozambique atópase documentada, polo menos, dende o século X, cando un estudoso viaxante árabe, Al Masudi describiu unha importante actividade comercial entre as nacións da rexión do Golfo Pérsico e os "Zanx" da "Bilad as Sofala", que abranguía gran parte da costa norte e centro do actual Mozambique.
Porén, varios achados arqueolóxicos permiten caracterizar a prehistoria de Mozambique dende moitos séculos antes da escrita. Probablemente o evento máis importante desa prehistoria foi o asentamento nesta rexión dos pobos Bantú que, non só foron agricultores, senón que tamén introduciron a metalurxia do ferro, entre os séculos I a IV.
A penetración portuguesa en Mozambique, iniciada nos comezos do século XVI, só en 1885 -coa partilla de África polas potencias europeas durante a Conferencia de Berlín- transformouse nunha ocupación militar, ou sexa, na submisión total dos estados alí existentes, que levou, nos comezos do século XX, a unha verdadeira administración colonial.
Despois dunha guerra de liberación que durou preto de 10 anos, Mozambique tornouse independente o 25 de xuño do 1975.
Ademais de membro da Unión Africana, Mozambique é tamén membro fundador da SADC, Comunidade para o Desenvolvemento da África Austral.
Política Editar
- Artigo principal: Política de Mozambique.
A Frelimo foi o movemento que loitou pola liberación desde o comezo da década de 1960. Despois da independencia, a Frelimo tornouse nun partido político e pasou a controlar o poder. Samora Machel ocupou a presidencia do país ata a súa morte no 1986. A Frelimo permaneceu no poder ata hoxe, tendo gañado en tres ocasións as eleccións multi-partidarias realizadas en 1994, 1999 e 2004. A Renamo é o principal partido de oposición.
Subdivisóns Editar
- Artigo principal: Subdivisións de Mozambique.
Mozambique está dividido en 11 provincias: Cabo Delgado, Gaza, Iñambane, Manica, Maputo (cidade), Maputo (provincia), Nampula, Niasa, Sofala, Tete, e Zambézia.
Xeografía Editar
- Artigo principal: Xeografía de Mozambique.
O país localízase na costa leste de África, na maior chaira costeira do continente (a metade do territorio do país encóntrase a 230 m sobre o nivel do mar). A cadea montañosa coñecida como Inyanga atópase ao oeste do país, alcanzando o seu máximo pico 2500 m. As maiores elevacións montañosas están a carón de Zimbabwe, Zambia e Malawi.
As costas son moi irregulares, estando cubertas por grandes pantanos. As praias son turísticas, con area fina branca e augas cristalinas.
O país está dividido polo río Zambeze.
Mozambique ten unha estación cálida e chuviosa dende novembro a marzo, e unha fresca con ventos secos dende xullo a setembro.
Economía Editar
- Artigo principal: Economía de Mozambique.
En 1975, ano da súa independencia, Mozambique era un dos países máis pobres do mundo, máis os problemas de xestión da economía socialista e unha guerra civil entre o 1977 e o 1992 empeoraron a situación.[2]
O 1987 o goberno comezou unha serie de reformas macroeconómicas con fins de estabilizar a economía, coñecidas como Programa de Rehabilitación Económica e Social, malia isto, a agricultura de subsistencia segue sendo a principal fonte de renda da maioría da poboación.
Demografía Editar
Linguas Editar
O portugués é a lingua oficial e a máis falada do país, (70% como segunda lingua e 30% como primeira lingua). En Mozambique o portugués está menos estendido que en Angola, onde si é falado como primeira lingua pola maioría da poboación.
En Mozambique fálanse diversas linguas nativas, todas da gran familia de linguas bantús, as principais das cales son o macua, falada polo 26,3% da poboación, o tsonga (11,4%) e o elomwe (7,9%), outras linguas bantús son shona, ronga, echuwabo, chichewa, chope, bitonga, sena, ñungwe, ekoti, yao, maconde e mwani. Tamén ao norte do país se fala o suajili.[3]
Cultura Editar
Literatura Editar
Dende comezos do século XX, escritores e periodistas africanos publicaron o seu propio xornal na capital, O Africano (logo rebautizado baixo o nome de O Brado Africano), o cal subministrou un espazo de discusión para os intelectuais durante décadas.
O poeta José Craveirinha, autor de Chigubo e de Karingana ua karingana (Era unha vez), foi galardoado co Premio Camões en 1991.[4] Outros autores relevantes son Mia Couto e Paulina Chiziane.
Belas artes Editar
O pintor Malangatana Valente Ngwenya, coñecido como Malangatana, é un artista de renome internacional, sendo nombrado Artista da Unesco para a Paz. O escultor Alberto Chissano foi un pionero da escultura moderna en madeira en Mozambique, é considerado, xunto con Malangatana e o muralista Mankew Valente Muhumana, un dos artistas máis importantes e influentes de Mozambique.[5]
Festividades Editar
Data | Nome en portugués | Observacións |
---|---|---|
1 de xaneiro | Día da Fraternidade universal | |
3 de febreiro | Dia dos Heróis Moçambicanos | En homenaxe a Eduardo Mondlane |
7 de abril | Dia da Mulher Moçambicana | En homenaxe a Xosina Machel |
1 de maio | Día Internacional dos Trabalhadores | |
25 de xuño | Dia da Independência Nacional | |
25 de setembro | Dia das Forças Armadas de Libertação Nacional | En homenaxe ao inicio da Loita Armada de Liberación Nacional |
4 de outubro | Dia da Paz e da Reconciliação | En homenaxe ao Acordo Xeral de Paz |
25 de decembro | Día da Familia |
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mozambicano.
- ↑ "The World Factbook". cia.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020.
- ↑ Bento Sitoe e Armando Ngunga (ed.). Relatório do II Seminário sobre a Padronização da Ortografia de Línguas Moçambicanas realizado na Matola (Maputo), de 8 a 12 de março de 1999. (2000) Centro de Estudos das Línguas Moçambicanas, Maputo.
- ↑ "Prêmio Camões de Literatura". bn.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016.
- ↑ "Daily life and social customs". Enciclopedia Británica (en inglés).
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mozambique |