Economía de Mozambique

O 1975, ano da súa independencia, Mozambique era un dos países máis pobres do mundo. Problemas de xestión dunha economía socialista e unha guerra civil entre o 1977 e o 1992 empeoraron a situación[1].

Economía de Mozambique
Moeda metical
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana, SADC
Datos estatísticos[1]
PIB 26,22 mil millóns (2012)
Posición do PIB 120ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,5% (2012)
PIB per cápita $ 1 200 (2012)
PIB por sector agricultura 31,8%, industria 24,6%, comercio e servizos 43,6% (2012)
Inflación 3,5% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 10.100.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 81%, industria 6%, comercio e servizos 13% (1997)
Desemprego 17% (2007)
Industrias aluminio, produtos de petróleo, produtos químicos (fertilizantes, xabón, tinta), téxtiles, cemento, vidro, amianto, tabaco, alimentos, bebidas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 3 516 millóns (2012)
Produtos de exportación aluminio, camarón, castaña de anacardo, algodón, azucre, cítricos, madeira, electricidade
Principais mercados Suráfrica 28,9%, Bélxica 15,1%, Italia 11,8%, España 8,5%, República Popular da China 6,6% (2011)
Importacións 5 373 millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, vehículos, combustibles, produtos químicos, produtos de metal, alimentos, téxtiles
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4,88 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Barco pesqueiro tradicional de Mozambique.

O 1987 o goberno comezou unha serie de reformas macroeconómicas con fins de estabilizar a economía, coñecidas como o Programa de Rehabilitación Económica e Social, e cuxo obxectivo era introducir a economía de mercado no país. Estas reformas, adoptadas con axuda internacional e combinadas con eleccións libres o 1994, resultaron na mellora das taxas de crecemento. As reformas monetarias reduciron a inflación e as reformas fiscais conduciron a unha mellora da recadación[1]. O goberno tamén buscou reestruturar o sector empresarial estatal, coa privatización de varias empresas.

A agricultura de subsistencia segue sendo a principal fonte de renda da maioría da poboación[1]. Accións de ampliación rural, para a mellora de técnicas de conservación após a colleita e o aumento do período de seguranza alimentaria doméstica son medidas primarias para o desenvolvemento do mercado rural de Mozambique. A expansión da estrutura está facilitando o comercio de cereais e outras culturas aos mercados consumidores.

As áreas de comunicacións e transportes tamén están recibindo investimentos do goberno, coa execución de programas de recuperación de estradas para conectar as diferentes rexións. No sector industrial hai o desenvolvemento nas áreas de procesamento de produtos agrícolas, visando a substitución de importacións, e colocando a produción no mercado externo. Para iso, o goberno está reactivando o Fondo de Apoio á Rehabilitación da Economía (FARE), condicionando apoio á creación do empresariado nacional. A concesión de créditos en boas condicións aos pequenos empresarios da agricultura, pesca e pequena industria e o financiamento das cantinas rurais están entre as medidas tomadas polo Estado.

A débeda externa aínda é un gran problema para Mozambique, que encontra dificultades para saldar os compromisos cos acredores. Con esta situación, hai contactos coa comunidade internacional para que a débeda sexa reducida e as condizcións de pagamento sexan máis favorábeis. O país segue dependendo da asistencia internacional para case a metade do seu orzamento anual, e a maioría da poboación segue baixo o limiar da pobreza[1].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 31/08/2020. Consultado o 6/5/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).