A Unión Africana (UA), foi creada en 2002 como sucesora da Organización para a Unidade Africana (OUA).

Bandeira da Unión Africana
Bandeira
Escudo da Unión Africana
Escudo
Lema: "A United and Strong Africa"
Himno: Himno da Unión Africana
 
Situación de Unión Africana
Situación de Unión Africana
 
Sede Adís Abeba
Xohanesburgo
Forma de goberno
Félix Tshisekedi
Nkosazana Dlamini-Zuma
Roger Nkodo Dang
Superficie
 • Total

29 865 860 km²
Poboación
 • Total
 • Densidade

1 053 136 000 (2013)
40,9 hab/km²
Xentilicio Africano, africana
Sitio web au.int

Baseada no modelo da Unión Europea (pero actualmente con poderes máis próximos ó da Commonwealth británica), axuda a promoción da democracia, dereitos humanos e desenvolvemento de África, especialmente o aumento dos investimentos estranxeiros no programa New Partnership for Africa's Development (NEPAD). O primeiro presidente da UA foi o surafricano Thabo Mbeki.

Obxectivos Editar

Os obxectivos da Unión Africana son:

  1. Acadar unha maior unidade e solidariedade entre os países de África e os africanos.
  2. Defender a soberanía, a integridade territorial e a independecia dos seus estados membros.
  3. Acelerar a integración política e socioeconómica do continente.
  4. Promover e defender os intereses comúns africanos en materias importantes para o continente e os seus pobos.
  5. Favorecer a cooperación internacional, tendo debidamente en conta a Carta das Nacións Unidas e a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  6. Promover a paz, a seguridade e a estabilidade do continente.
  7. Promover principios e institucións democráticos, a participación popular e o bo goberno.
  8. Promover e protexer os dereitos humanos de acordo coa Carta Africana de Dereitos Humanos e dos Pobos e outros instrumentos a favor dos dereitos humanos.
  9. Estabelecer as condicións necesarias para posibilitar ao continente xogar o papel que lle corresponde na economía global e nas negociacións internacionais.
  10. Promover o desenvolvemento sostible a nivel económico, cultural e social, así como a integración das economías africanas.
  11. Promover a cooperación en tódolos ámbitos da actividade humana para aumentar o nivel de vida dos africanos.
  12. Coordinar e harmonizar as políticas entre as Comunidades Económicas Rexionais existentes e futuras para a consecución gradual dos obxectivos da Unión.
  13. Avanzar no desenvolvemento do continente promovendo a investigación en tódolos ámbitos, particularmente en ciencia e tecnoloxía.
  14. Traballar con aliados internacionais na erradicación de enfermidades que se poden previr e na promoción da saúde no continente.

Estados membros Editar

Tódolos países africanos das Nacións Unidas son ou foron membros da Unión Africana, ao igual que a República Árabe Saharauí Democrática, cuxo recoñecemento internacional aínda está en disputa. Marrocos decidiu saír da Unión Africana de xeito unilateral, mentres que a República Centroafricana está actualmente suspendida. España, que no continente africano mantén a soberanía sobre Ceuta e Melilla, así como as Illas Canarias, é un país acreditado na Unión Africana.[1]

Membros suspendidos Editar

 
Rexións da Unión Africana
 Norte   Sur   Leste   Oeste   Centro 

Países observadores Editar

Antigos membros Editar

Presidentes Editar

 
Muammar al-Gaddafi saudando ao presidente de Tanzania Jakaya Kikwete despois de asumir a presidencia.
Presidentes da Unión Africana
Nome Dende Até País
Thabo Mbeki 9 de xullo de 2002 10 de xullo de 2003   Suráfrica
Joaquim Chissano 10 de xullo de 2003 6 de xullo de 2004   Mozambique
Olusegun Obasanjo 6 de xullo de 2004 24 de xaneiro de 2006   Nixeria
Denis Sassou Nguesso 24 de xaneiro de 2006 24 de xaneiro de 2007   República do Congo
John Kufuor 30 de xaneiro de 2007 31 de xaneiro de 2008   Ghana
Jakaya Kikwete 31 de xaneiro de 2008 2 de febreiro de 2009   Tanzania
Muammar al-Gaddafi 2 de febreiro de 2009 31 de xaneiro de 2010   Libia
Bingu wa Mutharika[15][16] 31 de xaneiro de 2010 31 de xaneiro de 2011   Malaui
Teodoro Obiang Nguema[17] 31 de xaneiro de 2011 29 de xaneiro de 2012   Guinea Ecuatorial
Thomas Yayi Boni 29 de xaneiro de 2012 27 de xaneiro de 2013   Benín
Hailemariam Desalegn 27 de xaneiro de 2013 30 de xaneiro de 2014   Etiopía
Mohamed Ould Abdel Aziz 30 de xaneiro de 2014 30 de xaneiro de 2015   Mauritania
Robert Mugabe 30 de xaneiro de 2015 30 de xaneiro de 2016   Cimbabue
Idriss Déby 30 de xaneiro de 2016 30 de xaneiro de 2017   Chad
Alpha Condé 30 de xaneiro de 2017 28 de xaneiro de 2018   Guinea
Paul Kagame 28 de xaneiro de 2018 10 de febreiro de 2019   Ruanda
Abdelfatah Al-Sisi 10 de febreiro de 2019 10 de febreiro de 2020   Exipto
Cyril Ramaphosa 10 de febreiro de 2020 6 de febreiro de 2021   Suráfrica
Félix Tshisekedi 6 de febreiro de 2021 Presente

Notas Editar

  1. http://au.int/en/partnerships/others
  2. Dixon, Robyn (25 de marzo de 2013). "African Union suspends Central African Republic after coup". Los Angeles Times. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  3. Haitilibre.com (ed.). "Haiti – Diplomacy: Haiti becomes a member of the African Union – HaitiLibre.com, Haiti News, The haitian people's voice". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  4. Ministerio de Asuntos Exteriores da República de Casaquistán (ed.). "Kazakhstan was granted an observer status in the African Union". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2013. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  5. Ministerio de Asuntos Exteriores da República de Letonia (ed.). "Latvia becomes observer to African Union". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  6. Comisión da Unión Africana (ed.). "Non-African States and Organisations accredited to the AU". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2015. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  7. Fathya el-Dakhakhni. Egypt Independent, ed. "AU grants Palestine observer status". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  8. B92 (ed.). "Mrkić na samitu u Adis Abebi". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  9. B92 (ed.). "Serbian FM urges African Union support". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  10. Embaixada de Serbia en Etiopía (ed.). "Bilateral relations". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  11. Ministerio de Asuntos Exteriores de Turquía (ed.). "Press Release Regarding The Participation of H.e. Mr. Bekir Bozdağ, Deputy Prime Minister of the Republic of Turkey, In The 18th Ordinary Session of the Assembly of the African Union". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  12. "OAU considers Morocco readmission". BBC News. 8 de xullo de 2001. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  13. "South African paper says Morocco should be one of the AU and NEPAD leaders". Arabic News. 9 de xullo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2006. Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  14. "Zaire: A Country Study - Relations with North Africa". Consultado o 7 de marzo de 2016. 
  15. Gaddafi fails in bid to remain African Union chair, Reuters, 31 de xaneiro de 2010 Arquivado 15 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
  16. Malawi president takes over as AU president Arquivado 30 de decembro de 2011 en Wayback Machine., AFP, 31 de xaneiro de 2010
  17. According to the AU Arquivado 06 de outubro de 2011 en Wayback Machine., his official style is Son Excellence Obiang Nguema Mbasogo, Président de la République, Chef de l'État et Président Fondateur du Parti Démocratique de Guinée Equatoriale.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar