Peñón de Vélez da Gomera
Coordenadas: 35°10′20″N 4°17′59″O / 35.17222, -4.29972
O Peñón de Vélez da Gomera (en castelán: Peñón de Vélez de la Gomera) é unha península e praza de soberanía española, orixinalmente illa rochosa ata o terremoto de 1930, situada no norte de África, a 126 km ao oeste de Melilla e a 117 km ao sueste de Ceuta, unida ao continente por unha estreita franxa de area.
Peñón de Vélez da Gomera | |
---|---|
![]() Localización de Vélez da Gomera | |
![]() Vista do Peñón de Vélez da Gomera, desde a costa marroquí | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Mediterráneo |
Xeografía | |
Superficie | 0,019 km² |
Punto máis alto | 87 m |
Distancia a terra | 4 km (da costa de Marrocos) |
Demografía | |
Poboación | Non permanente |
Ten unha extensión de 19.000 m² aproximadamente e unha altitude máxima de 87 m sobre o nivel do mar. O límite que separa España de Marrocos por Vélez da Gomera constitúe a fronteira máis pequena do mundo, con apenas 85 metros de lonxitude. Actualmente e de forma permanente está habitado con efectivos de varias unidades do Exército de Terra de España.
LocalizaciónEditar
Esta illa é un dos enclaves militares de España no norte de África, na costa que se estende entre Ceuta e Melilla, cuxa posesión retivo España logo da independencia do Protectorado Español de Marrocos, debido ao feito de que a súa posesión databa de datas anteriores á propia existencia do reino marroquí e non estaba xa que logo suxeita ao protectorado.
HistoriaEditar
O territorio ocupárono os españois por primeira vez o 23 de xullo de 1508, cando unha escuadra española mandada por Pedro Navarro aniquilou ao poderoso núcleo de piratas que o defendían. En 1522 Muley Mohamed, señor do territorio no que se atopaba o Peñón conseguiu apoderarse do mesmo. Finalmente, o 6 de setembro de 1564, García Álvarez de Toledo y Osorio, marqués de Villafranca e Vicerrei de Cataluña, recupera o Peñón para España por orde de Filipe II. O Peñón de Vélez da Gomera mantívose ininterrompidamente baixo soberanía española desde ese momento. En 1921, no contexto da Guerra de Marrocos, decídese reforzar a presenza española no mesmo.
En 1930 o antigo illote rochoso quedou unido a terra firme polos efectos dun terremoto.