O Sudán do Sur (en inglés: South Sudan), oficialmente República do Sudán do Sur (en inglés: Republic of South Sudan) é un país independente do centro de África, antiga rexión autónoma do Sudán, con capital en Juba. Fai fronteira con Etiopía ao leste, Kenya, Uganda e a República Democrática do Congo ao sur, e a República Centroafricana ao oeste.

Modelo:Xeografía políticaSudán do Sur
Republic of South Sudan (en)
جمهورية جنوب السودان (ar)
South Sudan (en)
جنوب السودان (ar) Editar o valor en Wikidata

HimnoSouth Sudan Oyee! Editar o valor en Wikidata

Lema«Justice, Liberty, Prosperity»
«Справедливост, свобода, просперитет»
«Justiça, Liberdade, Prosperidade»
«Cyfiawnder, Rhyddid, Ffyniant» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°N 30°L / 7, 30
CapitalJuba Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Abyei (pt) Traducir (2011–)
Alto Nilo (2011–2015)
Amadi State (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata../... 29+
Escindido deSudán Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.575.714 (2017) Editar o valor en Wikidata (19,52 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie644.329 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Kinyeti (3.187 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoNilo Branco (350 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación9 de xullo de 2011 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública federal Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataSalva Kiir Mayardit (2011–) Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataSalva Kiir Mayardit Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoNational Legislature of South Sudan (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaLibra sursudanesa Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ss (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+211 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísSS Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5276597

En setembro de 1983, o entón presidente do Sudán, Yaafar Mohammed Numeiri, creou un estado federal que incluía tres estados federais no Sudán do Sur, pero máis tarde disolveunos, o que provocou o inicio da segunda guerra civil. O goberno sudanés permitiu a autonomía da rexión polo Amplo Acordo de Paz asinado o 9 de xaneiro de 2005 en Naivasha, Kenya, co Movemento de Liberación do Pobo Sudanés (Sudan People's Liberation Army/Movement, SPLA/M), tentativamente dando un fin á segunda guerra civil sudanesa.

A Constitución interina do Sudán do Sur foi aprobada o 5 de decembro de 2005[1][2] e un proceso de referendo para a independencia da rexión comezou o 9 de xaneiro de 2011. Nos primeiros resultados provisionais do referendo, escrutado o 100% das provincias do norte e o 98,7% das provincias do sur, os resultados achegaban un 98,8% de votos a favor do dereito de autodeterminación. Así, por mor dos resultados, o Sudán do Sur foi proclamado estado independente o 9 de xullo de 2011.

Historia

editar
 
Transporte no río Nilo, na súa parte chamada Nilo Branco.

Hai pouca documentación da historia do actual territorio do Sudán do Sur ata o comezo do dominio exipcio no norte na década de 1820 e a posterior ampliación de capturas de escravos no sur. A información antes desa época baséase en gran medida na historia oral. Segundo estas tradicións, pobos nilóticos como os dinkas, nuer, shilluk e outros, entraron por primeira vez ao Sudán do Sur nalgún momento antes do século X. Durante o período comprendido entre o século XV ata o século XIX, as migracións tribais, en gran parte da zona de Bahr al Ghazal (Río da Gacela), reuniron a estes pobos na súa localización actual. O pobo azande (non nilótico) entrou no Sudán do Sur durante o século XVI, habitando no estado máis grande da rexión. No século XVIII, o pobo avungara entrou e rapidamente impuxo a súa autoridade sobre os azande.

Durante séculos, as barreiras xeográficas impediron o avance do islam cara ao sur do Sudán, mantendo o dominio avungara e o patrimonio social e cultural das diversas etnias que habitaron o actual Sudán do Sur. Intentos de colonización por parte de franceses e belgas foron repelidos por guerrillas avungara e azandes. Recentemente a fins do século XIX, a chegada de británicos e exipcios rompería esta independencia das tribos sursudanesas.

Exipto, nese entón un estado vasalo do Imperio Otomán, dominaba o territorio do actual Sudán desde 1821 e realizou o seu primeiro intento expansionista ao sur cando na década de 1870, o khedive Ismail Paxá crea a provincia de Ecuatoria. O primeiro gobernador nomeado por parte de Exipto foi o británico Samuel Baker en 1869, seguido por Charles George Gordon en 1874 e de Emin Paxá en 1878. A rebelión dos anos 1880 en Exipto contra a forte influencia europea, desestabilizou a provincia nacente e Ecuatoria deixou de existir como un posto de avanzada de Exipto en 1889. Desa época, algúns asentamentos permaneceron, como Lado, Gondokoro, Dufile e Wadelai.

 
Mulleres dunha tribo nilótica no Sudán Anglo-Exipcio.

A rebelión mahdista de Muhammad Ahmad estendeu a súa influencia desde o Sudán ao sur, pero tras a morte de devandito líder, non puideron manterse cohesionadas e foron derrotadas polas forzas anglo-exipcias, quen finalmente estableceron o seu dominio formando o condominio do Sudán Anglo-Exipcio en 1899, incorporando a antiga Ecuatoria. En 1894, en tanto, colonizadores belgas formaran o Territorio de Lado, un enclave do Estado Libre do Congo. Á morte do rei Leopoldo II de Bélxica, o territorio pasou a mans británicas que o incorporaron ao Sudán, pero dous anos despois cederon o seu parte meridional a Uganda.

A pesar de formar unha única entidade, o Sudán Anglo-Exipcio foi administrado como dous territorios diferentes: mentres o sector norte era predominantemente musulmán e falante do árabe, no sur animista fomentábase o uso do inglés. Tras a independencia exipcia, os reis de Exipto esixiron a incorporación do Sudán na súa totalidade baixo o seu dominio, o cal foi rexeitado polo Reino Unido. A incapacidade dos exipcios de recuperar o Sudán espertou tanto os sentimentos revolucionarios en Exipto como os independentistas no Sudán. Ante a inminencia de cambios, o Reino Unido decidiu modificar o status do Sudán, para o que convocou unha Conferencia en Juba en 1948. Aínda que a idea orixinal dos europeos era incorporar o sur do Sudán ao seu protectorado en Uganda, finalmente decidiuse acabar co réxime diferenciado e ter unha colonia unificada, a pesar das protestas dos sectores do sur. En 1953, finalmente, británicos e exipcios aceptaron dar a independencia ao territorio conxunto e formar en 1956 unha República do Sudán con capital en Khartún e de carácter unitario.

 
John Garang foi o líder do ELPS durante a guerra civil e primeiro presidente do Goberno do Sudán do Sur trala restauración da autonomía en 2005. Faleceu en accidente aéreo ese mesmo ano.

As tensións entre ambos os grupos étnicos baixo un único goberno non tardaron en aflorar e en 1955, soldados do sur protagonizaron motíns que derivarían na primeira guerra civil sudanesa. O conflito, que enfrontou ao goberno central co Movemento de Liberación do Sur do Sudán, só terminou en 1972 coa firma dun protocolo de paz en Adís Abeba que permitiría a creación dun goberno autónomo no Sudán do Sur. O acordo significou unha década de paz, ata que o presidente sudanés Yaffar al-Numeiry anunciase o establecemento dun estado islámico e a aplicación da xaria en todo o país, o que provocaría o estalido da segunda guerra civil sudanesa.

Tras anos de enfrontamento, o conflito terminou oficialmente coa firma dun acordo de paz en xaneiro de 2005 entre o goberno do Sudán e o Exército de Liberación do Pobo do Sudán (ELPS). O acordo restableceu o goberno autónomo sursudanés ata por seis anos, tras o cal realizaríase un referendo sobre unha posible secesión. Este referendo realizouse en xaneiro de 2011 que outorgou unha maioría dun 98,83% á opción independentista. Tras eses resultados, o goberno sudanés de Omar al-Bashir aceptou a división do país, que levou a cabo o 9 de xullo de 2011 cando se proclamou oficialmente a República do Sudán do Sur.

Organización territorial

editar

O Sudán do Sur divídese en 10 estados federais, subdivididos á súa vez en 86 condados. Estes dez estados corresponden a tres das antigas rexións en que se dividía o Sudán: Bahr el Ghazal, Grande Alto Nilo e Ecuatoria.

 
Estados do Sudán do Sur
Nome Área (km²) Poboación
est. 2007
Capital
Alto Nilo 77.773 620.000 Malakal
Bahr el Ghazal Occidental 93.900 220.000 Wau
Bahr el Ghazal do Norte 33.558 1.200.000 Uwail
Ecuatoria Central 22.956 560.000 Juba
Ecuatoria Occidental 79.319 740.000 Yambio
Ecuatoria Oriental 82.542 730.000 Torit
Junqali 122.479 1.230.000 Bur
Lagos 40.235 880.000 Rumbek
Unidad 35.956 660.000 Bentiu
Warab 31.027 1.700.000 Kuajok
Total 619.745 8.540.000 Juba

Demografía

editar
 
Vista aérea da capital, Juba.

O Sudán do Sur ten unha poboación de ao redor de 9 millóns de habitantes (estimación de 2008). Trátase principalmente de persoas que se dedican á vida rural e están dedicadas a unha economía de subsistencia.

Este territorio foi duramente golpeado polas continuas guerras civís. Isto trouxo como resultado unha falta de desenvolvemento das infraestruturas, a destrución e o desprazamento: máis de 2 millóns de persoas morreron e máis de 4 millóns foron desprazados ou son refuxiadas pola guerra civil e as súas consecuencias.

Os dinkas, cuxa poboación estímase nuns tres millóns de persoas, constitúen a comunidade máis numerosa do Sudán do Sur.

Linguas

editar

O Sudán do Sur ten moitos máis grupos tribais e linguas que o seu veciño do norte. A lingua da educación e os asuntos de goberno é o inglés, que foi aprobado como lingua oficial para o sur do Sudán en 1928 e recoñecido como lingua principal no entón sur do Sudán a finais de 1980. A actual Constitución de 2011,[3] aínda que recoñece a todas as linguas nativas do país co carácter de linguas nacionais, establece ao inglés como lingua de traballo do goberno e de instrución en todos os niveis educativos.

O distintivo árabe Yuba, un pidgin desenvolvido no século XIX entre os descendentes dos soldados sudaneses, orixinarios principalmente da tribo bari, é unha ampla lingua franca utilizada no Sudán do Sur xunto co inglés. Outras linguas faladas son linguas africanas como o dinka (3.000.000 falantes) e o nuer (1.400.000 falantes).

Relixión

editar

Os sursudaneses practicaban a relixión tradicional predominantemente e o cristianismo era nese entón unha relixión moi minoritaria no país; con todo, no censo de 2011 e moitos estudos sobre a relixión no país, actualmente sostense que a maioría da poboación profesa o cristianismo, cunha porcentaxe do 70%. Dos cristiáns, os evanxélicos e pentecostais son o grupo de máis rápido crecemento e abarcan o 60% da poboación sursudanesa. Outro 10% constitúeo o catolicismo, anglicanismo e outras denominacións protestantes, nas que destacan a Igrexa Episcopal do Sudán e a Igrexa Católica. O restante 20% da poboación practica as relixións tradicionais e crenzas animistas entre outras.

A Constitución Transitoria garante a separación entre a igrexa e o estado, a liberdade de relixión, e a igualdade entre todas as crenzas.

Economía

editar
 
Gando nas rúas de Juba.
Artigo principal: Economía do Sudán do Sur.

O Sudán do Sur é un dos países máis pobres do mundo[Cómpre referencia]. Logo da guerra, a pobreza e a fame estendéronse entre a poboación. A agricultura e sobre todo a gandería víronse seriamente afectadas, dependendo da oferta de axuda dos países veciños e doutras partes do país. No entanto, os refuxiados que regresaron convertéronse nun problema.

A pesar da súa pobreza, o país ten importantes recursos minerais, especialmente petróleo, e como consecuencia do resultado do acordo de paz de 2005 tamén participa nos beneficios dos mesmos. Segundo un estudo do Banco Mundial, cos ingresos do petróleo que se acumulan no goberno autónomo sería suficiente para reducir a pobreza e mellorar as condicións de vida da poboación do Sudán meridional. O goberno anunciou que en uso da súa autonomía quere utilizar os ingresos principalmente para o desenvolvemento da agricultura e as infraestruturas.

  1. "O 98,8% dos sudaneses do sur votan a favor da autodeterminación". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 
  2. "Sudán do Sur é xa república independente". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 09 de xullo de 2011. 
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar