Organización para a Unidade Africana
A Organización para a Unidade Africana foi unha organización internacional que pretendía agrupar os países de África, estableceuse o 25 de maio de 1963 en Adís Abeba (Etiopía) e desapareu o 9 de xullo de 2002 substituída pola Unión Africana. Tiña como obxectivo promover a unidade e a solidariedade entre os estados africanos, defender a soberanía e integridade dos estados africanos, coordinar e harmonizar as políticas nacionais, e actuar como voz colectiva do continente, ademais dedicábase tamén á erradicación do colonialismo, mesmo establecendo un comité de liberación por mor de axudar os movementos independentistas contra os gobernos europeos.
Organización para a Unidade Africana | |||||
---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||
Tipo | organización internacional e organización intergobernamental ![]() | ||||
Personalidades | |||||
Cargo dirixente | presidente da Organización para a Unidade Africana ![]() | ||||
Entidades | |||||
En sociedade con | Asian–African Legal Consultative Organization (en) ![]() ![]() | ||||
Sucedido por | Unión Africana ![]() | ||||
Data | |||||
Fundación | 1963 ![]() | ||||
Disolución | 2002 ![]() | ||||
Cronoloxía | |||||
Localización | |||||
| |||||
Sede | Adís Abeba ![]() | ||||
[ Wikidata ] |

Secretarios Xerais da OUA (1963-2002)
editar- Kifle Wodajo (Etiopía) maio de 1963
- Diallo Telli (Guinea) xullo de 1964
- Nzo Ekangaki (Camerún) xuño de 1972
- William Eteki (Camerún) xuño de 1974
- Edem Kodjo (Togo) xullo de 1978
- Peter Onu (Nixeria) interino xuño de 1983
- Ide Oumarou (Níxer) xullo de 1985
- Salim Ahmed Salim (Tanzania) setembro de 1989
- Amara Essy (Costa do Marfil) setembro de 2001
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |