Madagascar

illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África

A República de Madagascar, ou Madagascar, é unha illa e nación no océano Índico, afastada da costa sueste da África, separada pola canle de Mozambique. A illa principal, tamén chamada Madagascar, é a cuarta maior illa do mundo, e a maior de África. No pasado, a illa estaba unida ao continente africano, do cal se separou, por iso é lar do 5 % das plantas e animais do mundo, 80 % deles endémicos. De entre os principais exemplos de biodiversidade está o lémure, da familia dos primates, tres especies de paxaros endémicas e as súas árbores de baobab. O adxectivo derivado de Madagascar é "malgaxe". A principal lingua falada no país é o malgaxe.

Modelo:Xeografía políticaMadagascar
Repoblikan'i Madagaskar (mg)
République de Madagascar (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoRy Tanindrazanay malala ô! (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Fitiavana, Tanindrazana, Fandrosoana»
«Amour, Patrie, Progrès»
«Love, Land of Our Ancestors, Progress»
«Любов, Отечество, прогрес» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 20°S 47°L / -20, 47Coordenadas: 20°S 47°L / -20, 47
CapitalAntananarivo Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación25.570.895 (2017) Editar o valor em Wikidata (43,54 hab./km²)
Lingua oficialLingua malgaxe
lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie587.295 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMaromokotro (2.876 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1960 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata
• President of Madagascar (en) Traducir Editar o valor em WikidataAndry Rajoelina (2019–) Editar o valor em Wikidata
• Prime Minister of Madagascar (en) Traducir Editar o valor em WikidataChristian Ntsay (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Madagascar (pt) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal14.554.754.115 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedaariary malgaxe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mg Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+261 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia117 (pt) Traducir, 118 e 124 Editar o valor em Wikidata
Código de paísMG Editar o valor em Wikidata

Os veciños máis próximos de Madagascar son a posesión francesa de Mayotte, no noroeste; a posesión francesa da Reunión, no leste; as illas dispersas do Océano Índico, Illas Gloriosas (noroeste), Juan de Novoa (oeste), Bassas da India, Illa Europa (suroeste) e Tromelin (leste); as Comores no noroeste; e as Seychelles no norte. A súa capital é a cidade de Antananarivo.

Historia editar

Os primeiros habitantes de Madagascar chegaron de Asia entre os anos 100 e 500 da Era Cristiá. Os comerciantes árabes chegaron no século VII.

Os primeiros europeos que chegaron á illa foron os portugueses, mandados polo navegante Diogo Dias, o 10 de agosto de 1500.

Durante os dous séculos seguintes, Portugal, España, Gran Bretaña e Francia intentaron instalarse na costa, pero foron expulsados pola resistencia dos nativos, que no final do século XVII se unificaron baixo o reino Merina, con sede na meseta central. Finalmente, os franceses conseguiron a súa intención de construír bases comerciais nas costas malgaxes, algunhas veces pola forza e doutras diplomaticamente, no final do século XVIII.

Durante as Guerras Napoleónicas, o rei Radama I de Imerina púxose do lado dos británicos, que aumentaron a súa influencia dentro da illa á custa dos franceses e adestraron os nativos no uso de armas modernas. Porén, logo da morte de Radama I en 1828 perseguíronse os británicos, incluíndo os misioneiros. Durante o reinado de Radama II (18611863) introducíronse unha serie reformas modernas e Madagascar abriuse ao contacto con franceses e británicos, o que causou que os sectores máis tradicionais matasen o rei e desen marcha atrás aos cambios. Francia anexou a illa por completo en 1895 logo de derrotar a raíña Ranavalona III. Esta exiliouse un ano despois, á vez que se instituía un mandato militar francés e Madagascar era proclamada colonia francesa.

Xa en 1916, os franceses tiveron problemas coas organizacións secretas nacionalistas, pero lograron manter a orde. Francia só perdeu o control da illa durante 1942, cando os británicos a ocuparon por medo a que o Xapón se fixese con Madagascar. En 1943 foi entregada á Francia Libre e en 1946 deixou de ser colonia e converteuse en territorio de ultramar francés. Isto non impediu que o ano seguinte estalase unha revolta que forzou a Francia a convocar eleccións na illa, que gañaron os independentistas moderados. En 1960 Madagascar independizouse totalmente de Francia e instituíuse unha república baixo o goberno de Philibert Tsiranana, líder do Partido Socialdemócrata.

En 1975 houbo un golpe de estado militar que puxo o goberno nas mans do capitán de fragata Didier Ratsiraka, que gobernou con puño de ferro ata que en 1992 as presións populares o obrigaron a designar un goberno de transición á democracia. Ratsiraka foi derrotado nas eleccións presidenciais de 1993 por Albert Zafy, pero gañou as lexislativas que se celebraron simultaneamente.

A situación de tensión entre os partidarios de Ratsiraka e o goberno de Zafy levou á destitución deste último polo parlamento en 1996, sendo substituído por Norbert Ratsirahonana. Este era un colaborador de Zafy que gobernou coa súa axuda até as eleccións de 1997, nas que Ratsiraka se fixo novamente co poder. Didier Ratsiraka conservaría o poder até as eleccións presidenciais de decembro de 2001, cando tras uns resultados controvertidos, o seu rival, o até entón alcalde de Antananarivo, Marc Ravalomanana se declarou gañador por maioría absoluta da primeira volta das eleccións, acusando de fraude ao goberno, que publicara uns resultados que facían necesaria unha segunda volta.

A crispación da primeira metade do ano 2002 chegou a ameazar coa posibilidade dunha guerra civil. A sociedade e o propio exército malgaxes dividíronse en dous, coa capital Antananarivo convertida en bastión de Ravalomanana, mentres Ratsiraka dirixía un goberno na cidade costeira de Toamasina. A comunidade internacional fixo diversos chamamento ao diálogo e á paz. Ravalomanana conseguiu consolidar o seu poder, mentres Ratsiraka ía perdendo apoios. En xuño de 2002, algúns países como os Estados Unidos, Suíza e Noruega recoñecían o goberno de Ravalomanana. Outros países europeos agardaron a decisión final de Francia que, a principios de xullo, se dirixía publicamente a Ravalomanana como «presidente de Madagascar». O recoñecemento internacional confirmou o poder de Ravalomanana, e Ratsiraka fuxiu finalmente do país, refuxiándose en Francia.

Dende a consolidación do poder por parte de Marc Ravalomanana, o país conseguiu alcanzar unhas cotas moi altas de crecemento económico, apoiado por cuantiosas axudas de institucións internacionais como o Banco Mundial.

En xaneiro de 2009 comezaron unhas protestas contra o goberno. A violencia enfrontou a Marc Ravalomanana contra Andy Rajoelina, alcalde da capital, Antananarivo. Máis de 170 persoas perderon a vida. Rajoelina pediu aos seus seguidores que saísen as rúas contra Ravalomanana, en contra do seu modo de vida "autocrático" e a súa política económica.

O día 16 de marzo de 2009 militares da oposición ao goberno de Marc Ravalomanana tomaron distintos edificios estatais como o Banco Central. O día seguinte o presidente da república dimitiu, e cedeu o control ao almirante Hyppolite Ramaroson, mais a maior parte da cúpula militar apoiou a Andry Rajoelina, polo que este último se proclamou a si mesmo presidente, dicindo que organizaría eleccións presidenciais dous anos despois.

Aínda que os gobernos estranxeiros evitaron lexitimar este cambio de poder, a Corte Constitucional recoñeceu a orde de traspaso de poderes do directorio militar. A Corte declarou que Andry Rajoelina exercía as atribucións do presidente da República enunciadas polas disposicións da Constitución.

Política editar

  • Tipo de goberno: república.
  • Constitución: 19 de agosto de 1992, por referendo nacional.
  • Sistema legal: baseado no dereito civil francés e o dereito consuetudinario malgaxe. Madagascar non recoñece a competencia obrigatoria da Corte Internacional de Xustiza.
  • Sufraxio: universal (a partir dos 18 anos).
  • Poder executivo:
  • Poder lexislativo: parlamento bicameral.
    • Asemblea Nacional: 160 escanos; os membros son elixidos por voto popular directo para un mandato de catro anos.
    • Senado: dous terzos dos senadores son elixidos polas asembleas rexionais e os seus membros son elixidos por sufraxio universal. O terzo restante é nomeado polo presidente. Tódolos senadores exercen un mandato de catro anos.
  • Poder xudicial: Corte Suprema, Alta Corte Constitucional.
  • Partidos políticos: Association pour la Renaissance de Madagascar (AREMA), Libéralisme Économique et Action Démocratique pour la Reconstruction Nationale (LEADER/Fanilo), J'aime Madagascar (TIM), Union Nationale (FP), Renouveau du Partí Social Démocrate (RPSD).
  • Grupos de presión: Mouvement Fédéraliste, Conseil National, Conseil des Églises Chrétiennes de Madagascar (FFKM).
  • Participación en organizacións internacionais: ONU, UA, FMI, Banco Mundial, OIT, UNESCO, UPU, OMC, ONUDI, OMS, FAO, ISO.

Subdivisións editar

 
Mapa das provincias de Madagascar

Madagascar está dividido en seis provincias ou 22 rexións:

  1. Provincia de Antananarivo.
  2. Provincia de Antsiranana.
  3. Provincia de Fianarantsoa.
  4. Provincia de Mahajanga.
  5. Provincia de Toamasina.
  6. Provincia de Toliara.

Xeografía editar

 
Madagascar

Madagascar é unha illa (a máis grande de África e a cuarta máis grande do mundo) que se atopa rodeada integramente polo océano Índico. Está separada do resto do continente pola canle de Mozambique. Hai que destacar que hai moitos anos Madagascar se atopaba unida ao continente, do cal se separou, o que fixo que o illamento orixinado a raíz desta separación sexa o artífice da conservación no territorio malgaxe de multitude de especies únicas no mundo: lémures como o Daubentonia madagascariensis ou peixes como o Teramulus kieneri.

Economía editar

Véxase tamén: Economía de Madagascar.

A agricultura, a pesca e a silvicultura son os alicerces da economía, explicando o 34 % do PIB e contribuíndo en máis do 70 % aos ingresos coas exportacións. A industria presenta a fabricación de tecidos e o procesamento de produtos agrícolas. O crecemento da produción entre 1992 e 1997 foi menor que a taxa de crecemento da poboación. O crecemento foi contido por folgas contra o goberno e manifestacións, unha decadencia na demanda mundial de café e o pouco compromiso do goberno coa reforma económica. Hai poderosos obstáculos que impiden o desenvolvemento do potencial de crecemento de Madagascar; o grao de reformas do goberno, sen axuda financeira e investimento estranxeiro, serán determinantes.

Demografía editar

A poboación malgaxe é predominantemente unha mestura de orixe polinesia e africana. Investigacións recentes suxiren que a illa estivo deshabitada ata a chegada de navegantes polinesios, aproximadamente no século I, a través do sur da India e do leste de África. Migracións posteriores, tanto do Pacífico como de África, consolidaron esta orixinal mestura, e xurdiron 18 grupos tribais distintos. Os trazos polinesios son máis predominantes nas persoas que habitan na parte central da illa, os Merina (tres millóns de persoas) e os Betsileo (dous millóns). Os habitantes das costas son de orixe africana, e os grupos costeiros máis grandes son os Betsimisaraka (1,5 millóns) e os Tsimihety e Sakalava (700.000 persoas cada un).

O idioma é de orixe malaio-polinesia e fálase en toda a illa. O francés, antigo idioma colonial, está tamén moi estendido.

A maior parte da poboación segue prácticas relixiosas tradicionais, as cales enfatizan os vínculos entre a vida e a morte, na crenza de que a morte une os seus devanceiros no rango da divindade e que os devanceiros están moi interesados no destino dos seus descendentes vivos.

Cerca do 45 % da poboación consta de cristiáns, divididos en forma igual entre católicos romanos e protestantes.

Cultura editar

Os dous idiomas oficiais de Madagascar son o malgaxe, un idioma de orixe malaio-polinesia, e o francés. Aproximadamente o 41 % da poboación total practica o cristianismo, ao redor de 52 % mantén crenzas tradicionais e o 7 % segue o islamismo.

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Aninovo Taom-baovao O primeiro día do ano é festivo en Madagascar.
Segunda feira de Pascua Alatsinain'ny Paska A Pascua é o primeiro domingo despois da primeira lúa chea de primavera.
29 de marzo Conmemoración dos mártires da sublevación de 1947. Martioran'ny tolona tamin'ny 1947 Conmemoración dos mártires da sublevación que sucedeu o 17 de marzo de 1947.
1 de maio Día do Traballo Fetin'ny asa Tradicionalmente o día de moitos acontecementos políticos e sindicais en Madagascar.
25 de maio Día de África Andron'i Afrika Conmemoración da creación da antiga Organización para a Unidade Africana (OUA) o 25 de maio de 1963, que foi substituída pola Unión Africana (UA) o 9 de xullo de 2002.
A quinta feira seguinte aos corenta días da Pascua Ascensión Andro niakarana Ascensión de Xesucristo aos ceos.
Segunda feira seguinte ao sétimo domingo despois de Pascua Luns de Pentecoste Alatsinain'ny Pentekosta Descenso do Espírito Santo entre os apóstolos.
26 de xuño Día da independencia Fetim-pirenena Conmemoración da independencia da illa da colonización francesa, o 26 de xuño de 1960.
15 de agosto Asunción Asompsiona Asunción da Virxe María.
1 de novembro Día de Todos os Santos Fetin'ny olo-masina
25 de decembro Nadal Krismasy O nacemento de Xesucristo.

Notas editar