Selo de Madagascar

O selo de Madagascar é un dos símbolos nacionais do país e inclúe un pequeno mapa da illa no centro (xunto con dúas pequenas illas ó seu carón, que son as illas Gloriosas e a illa Tromelin). Na parte inferior atópase representada a cabeza dun cebú. As cores empregadas son o vermello, o verde, o amarelo, o negro e o branco. Os raios verdes e vermellos saen dende o mapa do estado, facendo que se asemelle ó sol.

Selo de Madagascar
Seal of Madagascar.svg
Detalles
ArmigerMadagascar
Adoptado1998
DivisaTanindrazana, Fahafahana, Fandrosoana
("Patria, Liberdade, Desenvolvemento")

Nas beiras do selo lense as palabras en lingua malgaxe REPOBLIKAN'I MADAGASIKARA que significan "República de Madagascar", e na base TANINDRAZANA - FAHAFAHANA - FANDROSOANA que significan "Patria - Liberdade - Desenvolvemento". Varias versións do artigo 4 da Constitución de Madagascar empregaron outros lemas.

Escudos históricosEditar