Illa Juan de Nova
Juan de Nova é unha pequena illa, de 4,4 km²,(sobre 6 km de longo e 1,6 de ancho) pertencente a Reunión que leva o nome do navegante galego Joan de Novoa, onde este pasou o inverno de 1505 tras ser repelido o seu barco por unha treboada no Cabo de Boa Esperanza.
Illa Juan de Nova | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Localización | |||||
![]() Localización das Illas dispersas do Océano Índico: • 1 : Atol Bassas da India • 2 : Illa Europa • 3 : Illas Glorioso • 4 : Juan de Nova • 5 : Illa Tromelin (KM : Comoro, MG : Madagascar, MU : Mauritius, MZ : Mozambique, RE : Reunión, YT : Mayotte) | |||||
Datos | |||||
Capital | |||||
País | Francia | ||||
Linguas | |||||
Poboación (2007) | Deshabitada | ||||
Superficie | 4,4 km² | ||||
Densidade | |||||
Coordenadas | 17°03′16″S 42°43′30″L / -17.05444, -42.72500 | ||||
Maior Altura |
Sitúase na canle de Mozambique, entre Madagascar e Mozambique, e é unha posesión francesa dende 1897. Na segunda guerra mundial foi abandonada e recibiu a visita de submarinos alemáns. A partir de 1968 comezaron a explotarse os depósitos de guano (fosfatos).
Na actualidade é unha reserva natural que está deshabitada, e nela só existe un pequeno aeródromo (cunha pista de 1,2 km) e unha base meteorolóxica do exército francés cunha pequena gornición de 14 homes. É administrada polo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF) e a República de Madagascar reclama a súa soberanía.