Terras Austrais e Antárticas Francesas
Coordenadas: 49°15′00″S 69°10′01″L / -49.250, 69.167
Os Territorios Austrais Franceses[1] (francés: Terres australes et antarctiques françaises, TAAF) son un conxunto de dependencias de ultramar pertencentes a Francia. A denominación francesa oficial (Terres austrais et antarctiques françaises) implica a reivindicación de territorios antárticos, non recoñecida internacionalmente. Consisten en:
- Illas Kerguelen ( Archipel des Kerguelen), un grupo de illas volcánicas no sur do Océano Índico, ao sueste de África, aproximadamente equidistante entre África, Antártida e Australia;
- Saint-Paul e as illas Amsterdam, un grupo ao norte das Kerguelen;
- Illas Crozet ( Îles Crozet), un grupo no sur do Océano Índico, ao sur de Madagascar;
- Terra Adelia ( Terre Adélie), a demanda francesa no continente da Antártida;
- As Illas dispersas do Océano Índico (Îles Éparses), un grupo disperso de illas ao redor da costa de Madagascar.
Terres australes et antarctiques françaises Terras Austrais e Antárticas Francesas | |||
---|---|---|---|
| |||
Capital • Poboación | Port-aux-Français¹ ~100 | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Colectividade de ultramar de Francia | ||
Cécile Pozzo di Borgo | |||
Dependencia | De Francia | ||
Superficie | Posto 170º | ||
• Total | 7.829 km² | ||
• % auga | Desprezable | ||
Fronteiras | 0 km km | ||
Costas | 1.232 km km | ||
• Total | ~100 hab. | ||
• Densidade | 0.01 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
Moeda | n/d | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Dos Territorios Austrais Franceses | ||
Fuso horario | UTC +4 Illas Crozet UTC +5 Kerguelen e as illas Saint Paul e Amsterdam | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .tf | ||
Prefixo telefónico | n/d | ||
Prefixo radiofónico | non ten | ||
Código ISO | 260 / ATF / TF | ||
¹ Localízase en Kerguelen. | |||
Ás veces o territorio denomínase Territorios Austrais Franceses (francés: Terres australes françaises) ou territorios meridionais franceses, normalmente para resaltar o non recoñecemento da soberanía francesa sobre a Terra Adelia como parte do sistema do Tratado Antártico.
Aproximadamente de 150 (no inverno) a 310 (no verán) persoas viven nas terras meridionais e antárticas francesas pero só son militares, funcionarios, investigadores científicos e persoal de apoio. O territorio non ten legalmente poboación civil permanente.[2]
O 5 de xullo de 2019, as terras e mares austrais franceses foron inscritos como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]
XeografíaEditar
O territorio comprende o arquipélago de Kerguelen, o de Crozet e as Illas Saint-Paul e Amsterdam. En total o territorio posúe unha superficie de 7.829 km² (sen incluír as terras antárticas), cunha poboación variable que non supera os 200 habitantes na súa ocupación álxida. As terras antárticas que Francia reivindica é a denominada Terra Adelia (Terre Adélie), onde se sitúa a estación permanente Dumont D'Urville; en total, uns 432.000 km².
Os territorios adminístranse desde Saint-Denis, capital do departamento da illa Reunión.
Flora e faunaEditar
As comunidades terrestres das illas do sur son relativamente pobres e degradadas, pero o seu endemismo é alto: o 90% dos invertebrados de Crozet só viven nas illas subantárticas do Océano Índico e o 55% están presentes no arquipélago. Estes actúan como sentinelas en termos de cambio climático e o impacto na capa de ozono.
Desde outubro de 2006, foi creada unha reserva natural . Inclúe todas as terras mergulladas (7.000 km²) e os espazos marítimos circundantes (15.700 km²).
Terras e mares austrais franceses | |
---|---|
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Localización | Océano Índico |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 2019 (43º sesión) |
Rexión da UNESCO | África/Europa e América do Norte |
Identificador | 1603 |
AdministraciónEditar
Terras Austrais e Antárticas Francesas forman un territorio de ultramar de Francia desde 1955. Anteriormente, eran administrados por París por un administrador superior asistido por un secretario xeral, desde decembro de 2004, o seu administrador é un prefecto, actualmente Rollon Mouchel-Blaisot, con sede en Saint-Pierre na Illa da Reunión.
O territorio está dividido en cinco distritos:
Distrito | Capital | Poboación invernal |
Poboación veraniega |
Área (km²) |
ZEE (km²) |
---|---|---|---|---|---|
Illa Saint Paul e Amsterdam | Martin-de-Viviès | 25 | 45 | 61 | 502533 |
Arquipélago Crozet | Alfred Faure | 25 | 45 | 352 | 567.475 |
Arquipélago das Kerguelen | Port-aux-Français | 70 | 110 | 7.215 | 563.869 |
Terra Adelia | Dumont d'Urville Station | 30 | 110 | 432.000 | - |
Illas dispersas(1) | Saint-Pierre(2) | 56 | 56 | 38´6 | 593.276 |
TAAF | Saint-Pierre(3) | 150 | 310 | 439.781 | 2274277 |
(1) Segundo a lei 2007-224 de 21 de febreiro de 2007 illas dispersas constitúen o 5º distrito das TAAF. O sitio web da TAAF non mencionan a súa poboación. Os datos non se inclúen nos totais.
(2) A principal estación das illas dispersas está en Tromelin. A sede do xefe de distrito, San Pedro, que é tamén a capital da Reunión, atópase fóra da TAAF.
(3) A estación principal do territorio é Martin-de-Viviès en Amsterdam. A capital e sede da administradora do territorio, San Pedro, que é tamén a capital da Reunión, atópase fóra da TAAF.
NotasEditar
- ↑ "List of countries, territories and currencies". Interinstitutional style guide. Publications Office. 2008-06-12. Consultado o 2008-06-29.
- ↑ "The TAAF do not have any permanent population." "The French Southern and Antarctic Lands". French Southern and Antarctic Lands administration. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2017. Consultado o 31 de maio de 2016.
- ↑ "Five sites inscribed on UNESCO’s World Heritage List". UNESCO. 5 de xullo de 2019.